xoves, 22 de xaneiro de 2015

Eupatorio / Canabina - Eupatorium cannabinum


O eupatorio ou canabina  é unha herba robusta e luxuriosa que medra preto dos cursos de auga. Ten follas compostas, palmadas, con 3 ou 5 folíolos de forma lanceolada e marxe dentada, variables, que recordan a popular folla do cánabo. Pero o eupatorio non está relacionado co cánabo, senón que, a pesar de que non o pareza á primeira vista, pertence á familia compostas. No verán o eupatorio produce grandes inflorescencias en corimbo que conteñen capítulos pequenos de poucas flores tubulosas. Estas flores son brancas e púrpuras, cos pedúnculos e os talos do mesmo ton púrpura contrastado co verde das follas. 
O eupatorio é unha planta amplamente distribuída por case toda Europa.

Etimoloxía.   Eupatorium: nome xenérico que vén do grego e significa "de pai nobre". Cuxo nome se refire a Mitrídates o Grande, que era o rei do Ponto no século I a.C e a quen se lle atribúe o primeiro uso da medicina. De feito, as especies deste xénero, ao longo do tempo, tomaron diversas denominacións vulgares referidas sobre todo á medicina popular, isto serve para resaltar as propiedades de Eupatoria, aínda que actualmente este uso se reduciu algo debido a algunhas substancias hepatotóxicas presentes nestas plantas.
cannabinum: epíteto latino que significa "como o cánabo"

Ningún comentario:

Publicar un comentario