Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- CEP Campolongo
- Campolongo
- Catálogos
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Documentais
- Documentos
- Dípticos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas aromáticas
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Musica
- Muíños
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
- Árbores
- Árbores Senlleiras
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
Amosando publicacións coa etiqueta Cogomelos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cogomelos b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 19 de novembro de 2020
venres, 13 de novembro de 2020
xoves, 5 de novembro de 2020
sábado, 24 de outubro de 2020
Algúns dos cogomelos dos nosos montes cos nomes populares
Ver en PDF
Imaxes sacadas do semanario de Sermos (Xornal Nós )
A maioría dos nomes populares foron sacados do PDF na rede "Os nomes galegos dos cogomelos"
venres, 23 de outubro de 2020
Hifoloma de lamelas verdes (Hypholoma fascicular)
Adoita aparecer en feixes ou grandes grupos, dende a primavera até o inverno, principalmente sobre tocos de coníferas. É un fungo velenoso e moi tóxico, mais doado de identificar. A carne é amarelenta, de cheiro a iodo e sabor amargo. Máis na wikipedia
mércores, 16 de novembro de 2016
venres, 6 de novembro de 2015
Lepiota brunneoincarnata, a pequena dama da morte
Un dos cogomelos máis velenosos e tóxicos son os pequenos choupíns pequenos "Lepiotas brunneoincarnata". Deles xa di o refrán:
"Choupín pequeno, fol de veleno"
Non todos os choupíns son malos. Ler máis sobre o choupín
Ver en Fichas Micolóxicas - Artigo con vídeo en Francés
"Choupín pequeno, fol de veleno"
Non todos os choupíns son malos. Ler máis sobre o choupín
Ver en Fichas Micolóxicas - Artigo con vídeo en Francés
domingo, 1 de marzo de 2015
xoves, 18 de decembro de 2014
Armillaria mellea
Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.
Curiosidades: Algunhas das especies de armillaria (fungos do mel) son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi
domingo, 7 de decembro de 2014
Ramaria Cerdedensis, un novo cogomelo dentro da micoloxía
O experto pontevedrés en micoloxía, Jaime Blanco Dios, anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo.
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur). O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



