Amosando publicacións coa etiqueta Exótica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exótica. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de agosto de 2015

Capuchina - Tropaeolum majus

A planta Tropaeolum (cuxo nome vulgar é capuchina) é un xénero dunhas 80 especies de plantas herbáceas, anual e perenne con flores, é unha dos tres xéneros da familia Tropaeolaceae. Este xénero natural de Suramérica e América Central.
Etimoloxía. Tropaeolum: nome xenérico coñecido como a capuchina de xardineiros, aínda que non dos botánicos, e nomeado por Linneo, que deriva do grego tropaion e do latín tropaeum de "trofeo", polo xeito en que crece a planta, sobre un soporte. recordando un trofeo clásico con escudos e cascos de ouro como as que colgaban como un signo da vitoria nun campo de batalla.

Xenxibre hawaiano



O xenxibre hawaianao ou kahili (Hedychium gardnerianum), é unha especie da Himalaia. Alcanza 2,4 m de alto, con longas follas dun verde vivo que envolven os altos talos. Moi cultivado

Prefire un clima cálido, aínda que pode medrar no exterior en rexións mornas que teñan xeadas lixeiras e ocasionais. As fragrantes flores, vermellas e amarelo claro, que xermolan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. É coñecida como 'wild kahili ginger' e listada como planta invasora en Nova Zelandia e Hawái.1 Está incluída na lista100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Ver fotos

martes, 27 de xaneiro de 2015

Campaíña morada - Ipomonea purpurea // Índica

C: Ipomoea purpurea, gloria de la mañana, manto de María, don Diego de día, campanilla morada, quiebra platos, 
I:  Purple, Tall, Common Morning Glory

É orixinaria de Centroamérica e Améroca tropical, pero xa é unha especie invasora introducida en diferentes lugares do mundo, incluíndo Australia e a Europa Mediterránea. Foi introducida como especie ornamental e soe cultivarse en xardíns polas súas grandes  flores azuis e a súa capacidade de tapizar rápidamente.