venres, 27 de novembro de 2015

Ou segredos dunha presa de terra

O alumnado de 5º da nosa escola, CEP Campolongo,  exercen estes días de pequenos investigadores tratando de descubrir a que tipo de chans e ecosistemas pertencen as mostras de materiais recollidos para a investigación: terra, area, follas, bichería e incluso residuos inorgánicos- recollidas polo profesor Amancio Castro, de Vaipolorío, en sotos, praias e ríos.

Protexidos con luvas, os escolares, divididos en equipos, clasifican as mostras, aparentemente sen moita dificultade, a pesar das trampas que lle pon o profesor Castro para facerlles pensar. Os ourizos das castañas non deixan lugar a dúbidas. Proceden dun soto de castiñeiros. Pero que fai entón no medio unha folla de carballo, si non hai landras entre os restos. A conclusión á que chegan é que o vento puxo arrastrala desde unha carballeira próxima.

Outro equipo trata de identificar polo cheiro unha folla de loureiro. «Cheira a marisco», din. Efectivamente, as súas nais utilízano para cocelo e hoxe aprenderon que esta especie autóctona se dá na ribeiras dos ríos. Neste caso pertence ao ecosistema do Gafos, igual que outras follas de amieiros, vidueiros ou salgueiros que teñen sobre a mesa.

A area de praia tampouco deixa lugar a dúbidas sobre o ecosistema litoral do que procede , pero vén mesturada con outros restos que permiten intuír que hai piñeirais e eucaliptales próximos.

Con esta actividade, titulada "Os segredos dunha presa de terra", participa Vaipolorío no programa Voz Natura de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, neste ano 2015  dedicado ó solo.

Ver máis fotos

Ver nova na prensa

sábado, 7 de novembro de 2015

Outono no Parque de Campolongo

1- Chopo 2- Alciprés dos pantanos (Alciprés calvo) 3- Freixo 4- Palmeira 5- Camelio 6- Salgueiro 7- Liquidambar 8- Alciprés de Portugal 9- Piñeiro de Oregón 10- Xinkgo Bilova 11- Pradairos 12- Moreira 13-        14- Loureiro  15- Carballo Americano  16- Pradairo vermello ou americano 17- Tulipa 18- Alfaneiro chines  19- Bidueiro 20- Carballo do país 21- Abeto  22- Cedro 23- Azar de China (Pitosporo) 24- Cedro  25- Tuias 26- Abeleiras 27- Ailanto (árbore dos deuses) 28- Catalpa

Ver en imaxes

martes, 6 de outubro de 2015

A Gran carrasca

A  Gran carrrasca. El Pedregal. Guadalajara

FICHA TÉCNICA

Quercus Ilex.
“La Gran Carrasca”, Carrasca del “Pozo el Rullo”.
Perímetro a 1,30: 4.70 m.
Altura: 13m
Proxección de la copa: 235 m2
Maderia: 22m3.
Latitude: 40.802997 Longitud: -1.566071
Altura: 1280 m.

Foto: Uge Fuertes

Candidato ó Árbore Europeo 2016

Ver todos os candidatos

Piñeiro - Carballo da Canicosa


FICHA TÉCNICA

PIÑEIRO

Especie: Pinus sylvestris

Circunferencia: 2 m (a 2,9 de altura)

Altura: 15 mts

Idade: 130 años

CARBALLO

Especie: Quercus pyrenaica

Altura: 12,5 metros

Circunferencia: 3,4 m (a 2,9 de altura)

Idade: 250 años


Candidato ó Árbore Europeo 2016

Ver todos os candidatos

Ulmeiros do Parque dos Príncipes

 En Sax - Alicante

FICHA TÉCNICA

Especie: Ulmus minor

Denominación popular: Ulmeiros  do Parque dos Príncipes

Localización: Parque Urbano. Coordenadas UTM (ETRS 89, USO 30): 689823,42 m; 4267122,04 m.

Idade :  más de 250 años.

Altura: todos los ejemplares más de 15 metros.

Perímetro de tronco a 1,30 m. de la base:

Olmo nº1: 3,032 m.
nº2: 3,014 m.
nº3: 4,001 m.
nº4: 3,038 m.
nº5: 2,049 m.
nº6: 3,075 m

Diámetro maior da copa, medido na  proxección do plano horizontal: 17 metros.


Candidatos ó Árbore Europeo 2016

Ver todos os canditados

Teixo de Bermiego

FICHA TÉCNICA

ESPECIE: Tezo (Taxus baccata)

NOME POPULAR: Teixo de Bermiego (No pobo tamén se lle coñece como "Teixo l’iglesia", ao estar situado á beira da igrexa parroquial)

LOCALIZACIÓN: Bermiego. Concello de Quirós. Principado de Asturias.

PERÍMETRO NORMAL : 7,00 m.

ALTURA: 11,00 m.

DIÁMETRO DE COPA: 12,70 m.

IDADE ESTIMADA: 1000 anos

PROPIEDADE: Pública

ALTITUDE: 746 m.

FIGURA DE PROTECCIÓN: Monumento Natural (Decreto 71/95, de 27 de abril, da Consellería de Urbanismo e Medio Ambiente, da CC.AA. do Principado de Asturias)
Foto carlos G.H.

Candidato ó Árbore Europeo 2016

Ver todos os candidatos

Freixo "O avó da Dehesa"

Freixo . "O Avó da Dehesa Vella". Moralzarzal.
Especie: Fraxinus angustifolia L.

Denominación popular: Freixo común

Descrición: Freixo monumental, con forma de copa produto do trasmochado tradicional. Cunha idade estimada de entre 120 e 130 anos, con oquedades en tronco e copa. Esta condición de árbore madura con ocos internos permite a existencia de hábitats para especies con requirimentos específicos, (fungos, insectos xilófagos, micromamíferos, aves, quirópteros, etc.), algunhas de interese para a conservación. 
Dimensións 
Perímetro do tronco a 1,5 metros: 3,95 metros
Altura total: trasmochado 2,4 metros; non trasmochado 9 metros
Localización: Moralzarzal, Comunidad de Madrid
Latitude: 40º 40' 54.29'' N
Lonxitude: 3º 57' 40.15'' W
Contorna: O avó da Dehesa Vella é probablemente o fresno máis vello da antiga dehesa boyal de Moralzarzal, tamén chamada Dehesa de Abaixo. Este monte está catalogado como monte de utilidade pública, e incluído no Catálogo de Montes de Utilidade Pública da Comunidad de Madrid co número 20-22. 
Singularidades da árbore: Ademais dos seus valores ornamentais e ambientais, este freixo forma parte doutros 400 freixos que conforman a Dehesa Vella de Moralzarzal, espazo que actualmente recolle de maneira pacífica a maioría de intereses e valores da sociedade na que se insere, permitindo o uso gandeiro dos pastos, a leña (tras o trasmochado) e o recreo dos habitantes da contorna. A gandería foi o principal elemento modulador desta árbore e da paisaxe que o conforma, polo que os seus valores históricos e culturais está relacionados intimamente coa pervivencia da gandería extensiva en Moralzarza.

Candidato ó Árbore Europeo 2016

Ulmeiro de Guadarrama

Ulmeiro de Guadarrama. Guadarrama Madrid

FICHA TÉCNICA 

Nome: Ulmeiro  de Guadarrama
Especie: Ulmus minor
Paraxe: Praza Maior
Coordenadas: Lat.: 40º40?33??N, Long.: 04º05?21??Ou
Altitude (m): 970
Perímetro normal (m): 4,45
Altura (m): 21,00
D. de copa (m): N-S: 22,00; E-Ou: 21,50
Idade: 134 anos
Singularidade: Dimensións
Forma acceso: A pé, en coche, en bicicleta

Candidato ó Árbore Europeo 2016.

Ver todos os  seis candidatos do ano 2016

Metasequoia

Metasequoia.
Arboreto do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Pontevedra

FICHA TÉCNICA

ESPECIE: Metasequoia glyptostroboides H.H.Hu & Cheng

DIMENSIÓNS

Altura : 35 m

Diámetro normal a 1.30 m  ..... 83 cm

Circunferencia: 260 cm

Trazos anatómicos: O exemplar de Lourizán presenta a morfoloxía tipo da especie. A copa é cónica e estreita e destaca o porte esvelto caracterizado polas variacións cromáticas propias da estación


Curiosidades: Esta árbore, a máis grande de Europa da súa especie, ten desde a súa orixe unha bonita historia tras el xa que foi obtido dunha das primeiras sementes colleitadas en Mo-tao-chi (provincia Chinesa de Hubei), no ano 1948. Alí, en 1943, localizouse un exemplar vivo desta

especie cando se consideraba unha especie fósil xa extinguida.


Candidato  ó Árbore Europeo do 2016



Ver todos os candidatos

Ver nova no Faro de Vigo

Candidatos ó Árbore Europea 2016





1-Ficha da Metasequoia
2-Ficha da Gran Carrasca
3-Ficha do Piñeiro-Carballo
4-Ulmeiros Parque dos Príncipes
5-Freixo "O avó da Devesa"
6-Ulmeiro do Guadarrama
7-Teixo de Bermiego

Para poder votar ten que ser no FACEBOOK, dándolle a gústame  na foto que cliques

Ver nova no Faro de Vigo

luns, 5 de outubro de 2015

Análise fitopatolóxico dos ameneiros do "Ghafos"

Nota de Vaipolorío:  "Recentemente enviáronse mostras de terra, casca, raíces e ramas caídas de ameneiros secos das ribeiras do río Gafos a Estación fitopatolóxica do Areeiro, a quen damos as grazas pola atención e o servizo prestado a Vaipolorio. 
Non se trata de ameneiros vellos nin demasiado novos.
Observamos que os fungos analizados non coinciden en especie cos de P.alni e Armillaria mellea, que de xeito tan abrasivo están devastando as poboacións de ameneiro noutros puntos de Galicia.
A zona donde se observan ameneiros secos é preto do Nudo do Pino.
Non haberá que baixar a garda e controlar si se produce o avance deste mal."

Dous chopos e un liquidambar menos en Campolongo




Este domingo pasado, 4 de outubro de 2015, levantámonos vendo dous chopos que chegaron ó seu fin. O chopo é unha árbore que lle podrece facilmente a raiz e cando hai fortes temporais algún que outro deixa imaxes como estas. O liquidambar foi tronzado pola metade, este poderá  recuperar se non o cortan de todo.