venres, 19 de febreiro de 2016

As árbores salvan vidas


"Constituíndo un estudo sen precedentes, científicos do Servizo Forestal de Estados Unidos mediron a magnitude dos efectos dos bosques sobre a calidade do aire e a saúde humana. Segundo os seus cálculos, as árbores ao redor do país salvan a vida de máis de 850 persoas cada ano e preveñen ao redor de 670,000 casos de síntomas respiratorios agudos. 
Desde hai tempo sábese que as árbores filtran a contaminación do aire, xa que a súa superficie intercepta as partículas nocivas. Ademais de absorber dióxido de carbono e emitir osíxeno, tamén eliminan outros gases tóxicos ó  absorbelos mediante os estomas das follas, é dicir, os pequenos poros que atravesan a epidermis das plantas. Con todo, ata agora descoñecíase o valor dos efectos da vexetación no aire. 

Os investigadores Dave Nowak e Eric Greenfield, xunto cos seus colegas, utilizaron simulacións computarizadas e datos ambientais locais para descubrir que as árbores e bosques en Estados Unidos foron responsables de eliminar 17.4 millóns de toneladas de contaminantes do aire en 2010. O estudo baseouse en catro contaminantes: dióxido de nitróxeno, ozono, dióxido de xofre e partículas aerodinámicas menores a 2.5 micras de diámetro. 

A contaminación do aire ten graves efectos sobre a saúde, incluíndo problemas no sistemas vascular, cardíaco, respiratorio e neurolóxico. Tamén se ligou cun maior risco de padecer autismo e cancro. Debido ó perigo que representa, a OMS declarou a contaminación do aire o "risco ambiental para a saúde máis grande do mundo".

Dados os resultados, os investigadores conclúen que é de suma importancia incrementar o número de árbores nas zonas urbanas.canto máis densos sexan os bosques, maior será a cantidade de contaminantes eliminados do aire e máis notorios os beneficios á saúde".   (Muy Interesante)

luns, 15 de febreiro de 2016

Eucalipto do Pazo de Rubiáns


Un piñeiro e un carballo convivindo xuntos






En  "Canicosa de La Sierra" (Burgos) pódese atopar esta curiosa obra da natureza, un piñeiro dentro dun carballo como se fora un canguro co seu fillo na bolsa. Esta "dobre árbore" foi unha das competiron coa Metasequoia de Lourizán.
En Campolongo tivemos tamén algo semellante, estes estaban pegados e por iso lle chamábamos a "Árbore dos namorados"

domingo, 7 de febreiro de 2016

Magnolios coa flor no Castelo de Soutomaior


Máis sobre Magnolias

Na segunda foto vese o Castelo de Soutomaior  con "Plátanos" xigantes sen folla en pleno inverno e con algunhas camelias que están no seu tempo

sábado, 6 de febreiro de 2016

Amarelles ou Narcisos

Os amarelles ou narcisos son plantas bulbosas anuais pertencentes ao xénero Narcissus, da familia das amarilidáceas,
O seu nome científico é o “Narcissus cyclamineus” .
O amarelle que temos no "Ghafos" é  un endemismo galaico-portugués.  Máis ben da metade da metade da zona occidental. Esta especie considérase vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


Flora do Río dos Gafos

Amancio Castro é co-autor, xunto con Francisco Javier Silva-Pando, doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e xefe do departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dun interesante libro que se presentou a finais de xaneiro: FLORA DO RÍO DOS GAFOS, editado pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Aves do Río Gafos

Ramón Sineiro, fai un traballo de catalogación das aves do río Gafos, por encarga de Vaipolorío.

No libro fai unha reseña de tódolas aves que habitan no río Gafos, un río que comenza chamandose Cocho e na madurez noméase Gafos. O río Gafos que ten un recorrido de 11 kms. desemboca na cidade de Pontevedra.

Este libro permitiume ampliar a miña lista de aves e completar con detalles outras fichas.

Merece a pena o libro.

O libro está editado polo Servicio de Publicacións da Excma. Diputación de Pontevedra, no ano 2005.

Unidade Didáctica sobre o Río "Ghafos"


Outros estudos