Amosando publicacións coa etiqueta Campolongo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campolongo. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Consecuencias do temporal "Ana" ?

 Non sabemos ben se se aproveitou o momento do temporal Ana para "chapodar" estas catro árbores. Xunto con estas hai tres cotos máis neste ano no Parque Campolongo.

venres, 7 de abril de 2017

Maceira xaponesa péndula - Malus floribunda ‘Pendula’


No Parque de Campolongo, pola rúa Iglesias Vilarelle, preto das mesas que hai para xogar ó "Tenis de mesa"

Forsithia no Parque de Campolongo

A Forsythia é un xénero dedicado a William Forsyth, o xardineiro do rei Jorge III de Inglaterra, falecido no ano 1804. Este tamén foi membro fundador da Horticultural Society máis antiga. A Forsythia comprende seis especies, cinco delas orixinarias de Asia e unha de Europa. Trátase de arbustos de folla caduca, de distintas formas e tamaños, pois neste xénero pódense atopar arbustos tapizantes e ananos e outros de porte ergueito que superan os 3-4 m de altura.

sábado, 18 de febreiro de 2017

Efectos do "Tren candadiense"







 Xunto cos Cedros do Himalaia, , un dos "Trens canadienses que pasou este inverno" polas nosas terras, fixo que algún cedro, unha tulipa e outras árbores desapareceran na nosa flora en Campolongo. Algunhas podíanse recuperar por que non cairon de todo, pero non houbo moito interés en facer as cousas ben e manter estas árbores que estaban a facer un bonito xardín botánico no Parque de Campolongo.  Xunto as estas, non sabemos por qué, un curioso érvedo que estaba na entrada do Parque do Cogumelo tamén o cortaron. Quen deu a orde de semexante barbaridade?

domingo, 13 de marzo de 2016

Érbedo ou Albedro





 
Entrando no Parque do Cogomelo. Os froitos son comestibles. Tardan un ano en madurar.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
 
 O alvedro, arbusto que tamén ten as voces de érbedo, medroñeiro, albeldreiro ou morateiro entre outras moitas. O nome científico é Arbutus unedo,  e  podemos tirar del unha información ben curiosa. Arbutus é diminutivo de arborque indica que é un arbusto, aínda que tamén pode facer referencia á súa cortiza rugosa arboix. Pola súa parte, unedo vén de unum que é un, e edo, que é comer. Arbusto  do  que  se  podecomer  un,  facendo referencia aos seus froitos que se deben comer en pequenas cantidades xa que cando as bagas están moi maduras teñen gran cantidade de alcol. Ervedelo,  como  o  barrio  de  Ourense,  díselle  ao  conxunto  de  érbedos,  que  teñen agora as flores xunto aos froitos que moita fauna agradece. Dicir tamén que é especie que ten unha madeira moi dura e valorada para torneiria.

Ver máis Érbedos en Campòlongo:
- O máis grande     -   Preto do anterior, nun lateral

En castelán tamén se coñece como "Madroño".
- Ver no dicionario
- Ver traballo de Xandre A. S. 

sábado, 7 de novembro de 2015

Outono no Parque de Campolongo

1- Chopo 2- Alciprés dos pantanos (Alciprés calvo) 3- Freixo 4- Palmeira 5- Camelio 6- Salgueiro 7- Liquidambar 8- Alciprés de Portugal 9- Piñeiro de Oregón 10- Xinkgo Bilova 11- Pradairos 12- Moreira 13-        14- Loureiro  15- Carballo Americano  16- Pradairo vermello ou americano 17- Tulipa 18- Alfaneiro chines  19- Bidueiro 20- Carballo do país 21- Abeto  22- Cedro 23- Azar de China (Pitosporo) 24- Cedro  25- Tuias 26- Abeleiras 27- Ailanto (árbore dos deuses) 28- Catalpa

Ver en imaxes

luns, 5 de outubro de 2015

Dous chopos e un liquidambar menos en Campolongo




Este domingo pasado, 4 de outubro de 2015, levantámonos vendo dous chopos que chegaron ó seu fin. O chopo é unha árbore que lle podrece facilmente a raiz e cando hai fortes temporais algún que outro deixa imaxes como estas. O liquidambar foi tronzado pola metade, este poderá  recuperar se non o cortan de todo.

luns, 3 de agosto de 2015

Xenxibre hawaiano



O xenxibre hawaianao ou kahili (Hedychium gardnerianum), é unha especie da Himalaia. Alcanza 2,4 m de alto, con longas follas dun verde vivo que envolven os altos talos. Moi cultivado

Prefire un clima cálido, aínda que pode medrar no exterior en rexións mornas que teñan xeadas lixeiras e ocasionais. As fragrantes flores, vermellas e amarelo claro, que xermolan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. É coñecida como 'wild kahili ginger' e listada como planta invasora en Nova Zelandia e Hawái.1 Está incluída na lista100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Ver fotos