luns, 28 de marzo de 2016

Narciso bulbocodium Var. biflorus Blanco Dios


"O investigador pontevedrés Jaime Bernardo Blanco-Dios atopou un descubrimento interesante para a ciencia internacional en canto a especies botánicas. Entre os meses de xaneiro e marzo de 2015 e de 2016 logrou distinguir na contorna do barrio de San Brais en Salcedo numerosos exemplares dunha variedade de narciso nova para o mundo cientifíco. Trátase dunha variedade de Narcissus bulbocodium L., especie abundante no sur e oeste de Francia e que tamén se pode observar en case toda a Península Ibérica e no Norte de África. Sempre se presenta con flores solitarias. Con todo, a nova variedade atopada en Pontevedra mostra dúas flores en cada escapo, o que a converte en única no mundo. Ante esta singular característica, será descrita como variedade nova nunha revista especializada na que figurará como Narcissus bulbocodium var. biflorus Blanco-Dios, empregando o apelido do seu descubridor"


Ver a nova na prensa  - Ler lenda de Narciso

Eirugas da Seda


luns, 21 de marzo de 2016

Aberiotas - Romulea bulbocodium





Fotografías sacadas en  marzo en Montalvo, preto da praia.

O significado de bulbocodium é "bulbo lanoso" (wooly bulb).
A aberiota florece dende febreiro ata abril.  Olen.

Son semellantes ós tollemerendas  (Merendera bulbocodium)  - "Merendeiras". O azafrán das meigas. Estas son de setembro:  "Cando comeza a debalar o sol e xa non se lle dá a merenda ós xornaleiros"

domingo, 13 de marzo de 2016

Érbedo ou Albedro





 
Entrando no Parque do Cogomelo. Os froitos son comestibles. Tardan un ano en madurar.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
 
 O alvedro, arbusto que tamén ten as voces de érbedo, medroñeiro, albeldreiro ou morateiro entre outras moitas. O nome científico é Arbutus unedo,  e  podemos tirar del unha información ben curiosa. Arbutus é diminutivo de arborque indica que é un arbusto, aínda que tamén pode facer referencia á súa cortiza rugosa arboix. Pola súa parte, unedo vén de unum que é un, e edo, que é comer. Arbusto  do  que  se  podecomer  un,  facendo referencia aos seus froitos que se deben comer en pequenas cantidades xa que cando as bagas están moi maduras teñen gran cantidade de alcol. Ervedelo,  como  o  barrio  de  Ourense,  díselle  ao  conxunto  de  érbedos,  que  teñen agora as flores xunto aos froitos que moita fauna agradece. Dicir tamén que é especie que ten unha madeira moi dura e valorada para torneiria.

Ver máis Érbedos en Campòlongo:
O máis grande     -   Preto do anterior, nun lateral

En castelán tamén se coñece como "Madroño".
Ver no dicionario
- Ver traballo de Xandre A. S.