domingo, 26 de novembro de 2017

Terebinto - Árbore da trementina / Cornicabra

A Pistacia terebinthus, coñecida como terebinto, é unha especie de planta con flor pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea.  É unha planta indicadora de boa calidade do terreno. Os frutos son comidos polos paxaros.

Utilidade para os que traballan o coiro e para os que fan augarrás  (disolvente -  trementina)

Ver es castelán

Correola

Da wikipedia: As correolas son plantas pertencentes ao xénero Convolvulus que conta cunhas 250 especies de plantas de flor na familia Convolvulaceae. Distribúense en moitas rexións temperadas. Son plantas de porte fino e miúdo, rubideiras e moitas con hábitos rastreiros. Teñen follas simples, en espiral e flores anchas con forma de trompeta.
Comúns en Galiza, reciben tamén os nomes dialectais de corriola, corregola e corregota.



"Teño unha hèrba n'a horta
que lle chaman correòoa.
Para falar ti comigo,
còmprech'un ano d'escola"

Aveleira /Avelaira


luns, 20 de novembro de 2017

Marcha polo sendeiro do Gafos até o Muíño de Cabanas

6ºB e D - Muiño de Cabanas
6ºA e 6ºC - Campolongo

Na canle do Muíño

Preto do Muíño 




Trubinco
Muiño do Coto











Alumnado de 6º de marcha polo Gafos.  Ver todas as fotos

sábado, 18 de novembro de 2017

A moura do río dos Gafos

Sacada da páxina de Galicia Encantada

"O pego do río dos Gafos coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onda o Mar da Presa, encalco do muíño de Cabanas, está vencellado á lenda dunha moura, encanto de loiros cabelos, xenuíno ser mítico do patrimonio inmaterial da galeguidade:
Contan os nosos maiores que hai moito, moito tempo, un labrego da contorna, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma ensoñación, do goio xurdiu unha fermosa muller en cuxos cabelos aniñaba o refolguexo do sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas ficara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un xato e mais unha xovenca. En troco polo bo agoiro, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca librase.
Pasaron os meses, pariu con ben o animal e, consonte o vaticinado pola xacia, trouxo unha repoluda parella de vitelos. Lembrou, daquela, o noso home, o trabuco avindo. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que no canto de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola aboiou unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, fíxose visíbel a moura, recriminoulle ao labrego o seu aquel migalleiro e, antes de se sumir no piago, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.

Bole na aldea unha outra versión, que, segundo o escoitado, é a que se lles adoita contar aos cativos:
Os vellos advirten os nenos do perigo agochado na poza da Moura, posto que, hai anos, un home que pasaba polo lugar guiando unha xugada, por causas aínda non ben esclarecidas, caeu ao río e xamais nunca se volveu saber del. Sospéitase que andaba en tratos coa moura da poza e quizais por non gardar fidelidade á palabra dada, o encanto cativou o campesiño, a parella e mais o carro, ad vitam aeternam, na insondábel fondura."