sábado, 24 de xaneiro de 2015

Herba das Doas / Herba das contas/Nocella - Arrhenatherum elatius



Planta da familia das gramíneas (Arrhenatherum elatius) de follas anchas, inflorescencia en panícula e nós na raíz. A nocella é prexudicial para a agricultura  DOA: Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos etc. (As doas do rosario). En castelán:  avena descollada, cebollitas, yerba triguera ...

"Andando ás nocellas,
perdín as ovellas;
vou onda miña nai,
que me arrinque as orellas"

No concello da Laracha, parroquia de Montemaior, hai unha aldea que lle chaman As Nocellas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario