Amosando publicacións coa etiqueta Glosario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Glosario. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de setembro de 2019

Fraseoloxía do río


FRASEOLOXÍA DO RÍO
         1- A cachón
        2- Chover a regos
Muito
3- Afogar en pouca auga sabendo nadar
Sucumbir ante un pequeno atranco
4- Auga parada non move muíños
Prexuízos da inactividade
5- Botarlle o peito á auga
Amosar valor ou coraxe ante o perigo
6- Cando o río soa, algo/auga  leva
Outorgarlle creto a rumoroloxía
7- Deixar correr a auga
Non inmiscir
8- En pouca auga, pouco se navega
Dío que é conciente das limitacións propias ou alleas
9- Facer regos na auga
10- Querer escribir na auga
Facer algo inútil
11- Gárdate da auga mansa que non corre
Ten coidado
12- Levar a auga para o seu muíño
Favorecerse
13- Vaille tornar a auga a “fulanito”
Querer ver lonxe a unha persoa
14- Nadar entre dúas augas
Estar indeciso
15- Ser como a auga corrente
Vulgar, sen importancia
16- Ser como a auga mansa
Tranquilo
17- Estar como un río
Ter diarrea
18- Moitas pingueiras fan o río grande
Loa do labor colectivo
19- De perdidos ó río!
Obrar con decisión sabendo o risco
20- Has de ir o río e non ver a auga
Despistado
21- Ir polo río abaixo
Fracasar. Botarse a perde algo ou alguén
22- Ninguén vai o río que non se molle
Estar involucrado
23- Non chegou o sangue ó río
Non tivo consecuencias
24- Nunca tal se viu, chocolate con auga de río
Incredulidade
25- Saber por onde vai a auga ó río
Coñecedor do asunto
26- Se o río Gafos levara coñac, máis de catro irían alá
A quen lle vai o alcohol
27- Se o río levara aceite
Arela de nugallán
28- Se tes frío tírate ó río
Dise a  quen esaxera dos seu contratempos
29- Andar á miñoca
Carecer do necesario. Non ter diñeiro
30- A río revolto, ganancia de pescadores
Aproveitarse das circunstancias
31- Fillo de peixe, peixe é
Axiomas da xenética
32- Durmir coma un peixe
Durmir profundamente
33- Estar como a troita no río
Estar a gusto
34- Marear o peixe/ ou a perdiz
Darlle moitas voltas a un asunto
35- Non fixo mala pesca meu pai que pescou a miña nai
Gábase o acerto do home e a calidades da muller
36- Non queda rabo de peixe/ ou de troita
Nada de nada
37- No río que non ten peixes non botes a rede
Non traballar en van
38- O bo peixe para quen o merece
A recompensa debe gozala quen máis fixo por acadala
39- O peixe grande come ó pequeno
Agás cando o enfrontamento de David e Goliat
40- Pescar todo no aire
Non pasar nada inadvertido. Ser rápido
41- Pescar pombos
Toquenear. Dar cabezadas (durmir)
42- Pola boca morre o peixe
Mellor estar calado que falar de máis
43- Que chova até que afoguen os  peixes
Cando chove con insistencia
44- Ser picada da troita
Ter pencas
45- Ser un bo peixe
Ser atravesado, pícaro
46- Todo o que cae na rede é peixe
Dío quen nada esbota. Aproveita todo
47- Andar na fariña
Andar na droga
48- Botarlle toda a auga ó muíño
Por empeño
50- Cada muíño quere a súa auga
Cada cousa para o que é.
51- Cantos burros mantén a fariña
Laio pola estupidez da humanidade
52- Custa ferro e fariña
É moi traballoso de conseguir
53- Horas de muíño
Hora de comer ou de facer algo
54- Moer para fóra
Ser infiel no matrimonio
55- Muíño albeiro
O que moe trigo
56- Muíño parado non gaña maquía
O que non traballa non cobra. Preguiceiro
57- O muíño treina, treina, a auga faina treinar
Non hai efecto sen causa
58- Quen con fariña anda branco se pon
Involucrarse
59- Quen primeiro chega, primeiro moe
Vantaxes do madrugador
60- Ser da mesma fariña
Ser da mesma condición
61- Ser agudo como o pé dun muíño
Persoa lenta de entendemento
62- Traer chea o río
Estar enfadao
63- Vai como un rei nunha cesta polo río abaixo
Agóiranse dificultades 
64- Ser redondo como a moa dun muíño
Ben redondo
65- Ser un calcafoles
Que come moito
66- Ser un pousafoles
Lento, preguiceiro, aburrido
67- Ter debaixo da moa a alguén
Aborrecer a unha persoa
68- Ter máis penas que un rodicio
Dise da persosa desgrazada ou atribulada
69- Ter o muíño picado
Ter muita fame
70- Tragar pedras de muíño
Persoa inxénua
71- Xa pasou moita auga por debaixo da ponte
Xa pasou moito tempo
72- Lavar as mans
Eludir responsabilidades
73- Lavarlle o cerebro a alguén
Anular a súa personalidade
74- Se lavadiño das falas
Ser educado
75- Ter a cara máis lavada cas pedras do río
Ser un descarado
76- Compre nadar e lavar e gardar a roupa
Persoa precavida
77- Nadar en seco
Non avanzar
78- Nadar na abundancia
Ser inmendamente rico
79- Pau se remas, pau sen non remas
Dío aquel que non se lle valora nada o que fai
80- Tanto remar, tanto remar, e ao chegar á beira afogar
Dise do esforzo sen reconpensa
81- Axiña afogas
Díse ó pusilánime

 A maioría das frases están sacadas do libro "Andar Primeiro de Río"

domingo, 22 de febreiro de 2015

Flora Nemoral


A flora nemoral é un anticipo á primavera que nos avisa do cambio de estación e que enche o solo das nosas fragas de vistosas cores e agradables arrecendos.
Nemoral é un adxectivo que fai referencia aos bosques caducifolios. Á flora nemoral pertencen todas aquelas plantas que medran no sotobosque e polo tanto adaptadas aos ciclos de perda de folla das árbores dominantes. Corresponde, logo, a climas temperados con períodos de xeadas curtos. O bosque de ribeira, pola súa situación nas marxes dos ríos, posúe as características axeitadas para ser un dos ecosistemas que máis plantas nemorais acolle. Estas plantas son con frecuencia anuais e son as primeiras en aparecer sobre o manto de follas que deixaron as árbores despois do outono. Teñen así adaptada a súa fenoloxía á estacionalidade do ecosistema, florecendo antes da primavera e aproveitando a insolación que penetra entre as pólas das árbores. Algúns insectos teñen adaptados os seus ciclos vitais para facer coincidir a eclosión dos seus ovos co florecemento destas plantas, polo que se aproveitan, sen apenas competidores, dos recursos que ofrece a flora nemoral, que á súa vez se beneficia dos insectos ao ser polinizada. Porén, as herbáceas non son as únicas plantas que adiantan a súa floración; ameneiros, salgueiros e abeleiras botan as súas flores antes que as follas, polo que optimizan a polinización, a través do vento, cando existen menos obstáculos.

Clica na imaxe para ver algunhas

Ver díptico completo da Flora Nemoral dos ríos Galegos

O río Gafos / Ghafos

luns, 9 de febreiro de 2015

Plantas vasculares

As plantas vasculares son as chamadas plantas superiores ou cormófitas que forma parte da flora. A súa principal característica é que presentan unha diferenciación real de tecidos na raíz, talo, follas, e flores. Esta é unha diferenza moi significativa, por exemplo, existen algas que aparentemente teñen raíces pero estas non son células diferenciadas e especializadas para crear un novo tecido cunhas funcións específicas se non que o que cambia é a morfoloxía e non a función

Maís

Castelanismos relacionados coas árbores e plantas




luns, 2 de febreiro de 2015

Como saben as plantas saben a época en que deben florecer? - Fotoperiodismo

O fotoperiodismo ou fotoperiodicidade é a reacción fisiolóxica dos organismos, plantas e animais, á duración do día (periodo iluminado) ou a noite (periodo escuro) .  Existen Plantas de dia curto (DC),  Plantas de dia longo  (PL)e  Plantas indiferentes (PI)

QUE É UNHA PLANTA VIVAZ E UNHA PERENNE?

As Plantas Vivaces e Perennes son aquelas que poden vivir máis de 2 anos, duran dun ano para outro; non morren coa chegada do inverno, como as de Temporada (Plantas Anuais).

En que se diferencian as Vivaces das Perennes? 
A vizaz murchase no inverno, a perenne non, conserva os seus talos e follas durante todo o ano, incluído o inverno.

Exemplo de planta vivaz: as plantas bulbosas (tulipán, xacinto,...)
Exemplo de planta perenne: hortensia, clavel .....

sábado, 31 de xaneiro de 2015

Glosario básico sobre as plantas

Planta vivaz: Dise daquelas plantas que viven como mínimo tres anos, entre elas as árbores.

O basónimo é un termo usado na nomenclatura biolóxica e que consiste no nome científico baixo o cal foi orixinalmente nomeado ou catalogado un taxon.

Plantas autóctonas, alóctonas, invasoras, naturalizadas, invasoras e malas herbas

As plantas autóctonas son aquelas que se orixinaron nun territorio ou chegaron ata el sen invervención humana (sexa esta intencionada ou non) procedentes da área onde se orixinaron.

As plantas alóctonas, ou exóticas, son as que se encontran nun territorio debido á introdución intencionada ou accidental por parte do home, ou que chegaron sen intervención do home dende territorios onde son alóctonas.

As plantas naturalizadas son aquelas plantas alóctonas que conseguen establecerse no medio natural: manteñen as súas poboacións polo menos durante 10 anos, sen intervención directa do home, mediante o recrutamento de sementes ou órganos vexetativos capaces de desenvolverse por si mesmos.

As plantas invasoras son aquelas plantas naturalizadas capaces de producir descendencia, a miúdo en grán número e a considerable distancia dos proxenitores, tendo polo tanto a capacidade potencial de estenderse nun amplo territorio.

Para considerar unha planta invasora algúns autores consideran un requisito adicional que produzan impactos negativos sobre a biodiversidade, como sucede na definición de UICN (2000): planta invasora é aquela especie alóctona que se establece en hábitats ou ecosistemas naturais ou seminaturais e que é un axente de cambio e ameaza da biodiversidade natural.


As malas herbas, que constitúen a "flora arvense ", son en ocasións plantas invasoras, pero non sempre; a súa principal característica é que crecen en lugares onde non se desexa a súa presenza e que normalmente teñen efectos económicos ou ambientais en actividades agrícolas ou forestais.