Amosando publicacións coa etiqueta Herbas CEP Campolongo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Herbas CEP Campolongo. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de abril de 2016

Paletaina - Parietaria - Herba das Paredes - Parietaria officinalis L.

Outros nomes: Herba apegalosa,  albahaca de río, caracolera ,,,
Virtudes: As súas calidades son principalmente diuréticas e emprégase nos casos de cálculos renais ou vesiculares, así como na cistitis, ou nas retencións de ouriños.
As virtudes da parietaria son coñecidas desde a antiguedade: Plinio o Vello, no século I, relata a eficacia desta planta no tratamento dun escravo que se caeu desde o alto dun muro.

Emoliente e depurativa, é máis activa cando se utiliza fresca; seca perde parte das súas calidades, a menos que se garde nun tarro pechado hermeticamente.

A presenza de salitre na planta aconsella conservala en lugar seco en evitación de fermentacións  prexudiciais.

Co fin de facer máis aceptable o sabor desagradable das infusións e decoccións, que non a todos pode resultar tolerante, aconséllase engadir unhas pingas de zume de limón ou de laranxa, ou ben un pedacito de cortiza dun dos dous froitos indicados.

Partes utilizadas: Parte aérea da planta, follas peladas, mollo; secado rápido á sombra.

Compoñentes activos: Nitrato potásico, calcio, pigmentos flavónicos, xofre, mucílago, e outras sustancias ata agora descoñecidas.

Propiedades: Diurético,depurativo, emoliente, refrescante.

A foto está sacando dentro do cole (CEP Campolongo)

Nota: Ó lado da Paletaina hai unha cimbalaria

xoves, 14 de maio de 2015

Herbas e arbustos do CEP CAMPOLONGO


  1. - Abelia   - Marcelo (6ºA)  (P )       
  2. - Abutilón - Manuel A. 6ºB 
  3. - Albaca silvestre -  Galisoga Parviflora - Lucía Á., Julia, Andrea (6ºA) (F)
  4. - Aleluia (oxalis acetosella)  - Claudia (6ºA)  (Castel)
  5. - Amor de home - Tradescantia fluminensis - Sara B. (6ºB) (P/F)
  6. - Anemone nemorosa - Flor do vento - Adriana, Raquel, Natalia e Inés (6ºA) (P/F)             
  7. - Aucuba ou Falso Loureiro -  (Cesar 6ºC)
  8. - Azalea - Diego F. (6ºB)  (P e F)
  9. - Belorita  / Vellorita / Margarida dos prados - (Bellis perennis)  - Lucía (6ºC)
  10. -Fariñento  - Chenoipodium Album - Bruno (6ºC)
  11. - Bledo - Amaranthus retroflexus - Pablo Hevia (6ºB) (F)
  12. - Brión   - Sphagnum russowii - David (6ºC)             
  13. - Buxo - Cayetano (6ºC) (P)
  14. - Campanillas (Campánula lusitánica) - Silvia B. e María G. de 6ºB. (F)
  15. - Campanilla (Ipomoea violacea)  - Alex (6ºA) (P/F)
  16. - Celidonia    - Jorge (6C) (F)
  17. - Chantaxe maior /Correola /Lingua de vaca (Plantago major)- Esteban (6ºC) (P)
  18. - Chantaxe menor / Lingua de ovella (Plantago lanceolata) - Iago (6ºC) (F)
  19. - Cimbalaria -  Pombiña dos muros -Cimbalaria muralis - Amanda (6ºC)
  20. - Clavelina - Belén (6ºC) (F)
  21. - Couselo - Embigo de Venus - Umbilicus rupestris - Anxo (6ºB) (F)
  22. - Dama Espida - Amarillis belladona- Lara P  (6ºB)
  23. - Dente de león /Mexacán (Taraxacum officinale) - Pablo G. (6ºB) (P/F)
  24. - Escrofularia -Herba de San Pedro - Scrophularia nodosa  -Mario, Alberto (6ºB) (F)
  25. - Estraloque (Digitalis purpurea) - Alex (6ºA) (P/F)
  26. - Estruga - Urtica dioica - Jaime (6ºB)
  27. - Estruga morta - Lamium maculatum - Sofía,  Mar / Alba (6ºA) (F)
  28. - Evónimo - Jhosua  / Belén e Carolina  (6ºC)  (F - Sara)
  29. - Falsa Aralia ou Cheflera  (Ariadna - 6ºA) (P/F)
  30. - Fiuncho - Paula (6ºC) (F)
  31. - Fumaria  - Laura / Álvaro (6ºA) (P)  (F)
  32. -  Hedra - Sabela Valdés (6ºC) e Marta B. (6ºB) (P/F)
  33. - Herba acedeira  - Acedeira - (Rumex acetosa) -  Lara González (6ºB) (despois do verónica ...)
  34. -  Herba Carmín - Laura (6ºA) (P/F) 
  35. - Herba Carniceira  - Conyza Canadensis - Daniel  (6ºA) - (F)
  36. - Herba de  San Roberto - Herba da esquinancia / Herba da agulla /  (Geranium robertianum) -Alex Fandiño (6ºB)
  37. - Herba de Santiago (Senecio Jacobea) - Isaac (6ºB)
  38. - Herba madroa, Herba da Nosa Señora  (Tanacetum parthenium) - Silvia (6ºB)  (F)
  39. - Herba moura - Solanum Nigrum - Herba de Santa Mariña- Quique (6ºB) (P e F)
  40. - Hibiscus  (Adrina, Raquel, Natalia e Inés 6ªA) (Sara B.  6ºB), (Belén - 6ºC) (P/F)
  41. - Hortensias - Belén e Carolina (6ºC)
  42. - Labaza  - Rumex crispus  - Ariadna  (6ºA) (P/F)
  43. - Labaza  - Rumex pulcher - Ariadna  (6ºA)  (P/F)
  44. - Lantana - Bandeira de España  (Laura e Álvaro - 6ºA)  (P) (F)
  45. - Leitarega - Sonchus oleraceus - Cerraja - Álvaro (6ºC)
  46. - Lingua de boi (Pentaglottis sempervirens) - Mar (6ºA) (P e F)
  47. - Lirios- Lucía C. (6ºB) (F)
  48. - Loureiros - Mar, Sofía e Alba (6ºA) (P/F)
  49. - Malva - Malva sylvestris - Marcelo (6ºA)  
  50. - Margarida cimarrona - Erigeron karvinskianus - Pablo Dios (6ºB)
  51. - Mentraste - Mentha suaveolens - Alejandro  Pertusa (6ºA)  (P)
  52. -  Mirta/o - Luís (6ºC) (P)
  53. - Muruxa (Pamplina) -Stellaria media - Herba paxareira-  Pedro (6ºB)
  54. - Pampullo - Andrés (6ºA)  (Xuntos)
  55. - Parietaria - Parietaria officinalis - Angel (6ºC)
  56. - Piricanta - Alejandro (6ºC)
  57. - Rosa (Roseira) - Eva (6ºC)
  58. - Sabugueiro - Carmen (6ºB) (P)
  59. -  Silva (Silveira) - Marc (6ºB)
  60. - Trevo - Carlos M. (6ºA) -  (P/F)
  61. - Tuia - Daniel (6ºB) (P e F)
  62. - Verónica pérsica - Pepe (6ºB) (P)
  63. - Xaro Italicum - Martín (6ºC)
  64. - Xazmín - Eva Mejuto (6ºC) - (F)
  65. - Xeranio dos camiños - Alba (6ºA) (P/F)
  66. - Xenebreiro - Sergio Méndez (6ºA) (P e F)
  67. - Xibarda  / Xibardeira / Rascacú / Mesquita (Ruscus aculeatus) - Diego T. (6ºC)
-      ............

Artigos relacionados:

VER AS FOTOS DAS ÁRBORES (incompleto)

 VER TODOS  OS NOMES DAS ÁRBORES DO COLE


mércores, 13 de maio de 2015

Datos recollidos das plantas do CEP Campolongo para Pontenciencia


Total plantas investigadas: 52

Autóctonas: 33  = 63,46 %
Consíderamos autóctonas aquelas que teñen a súa orixe xeral en Europa.

Alóctonas: 19  = 36, 54 %

Comestibles: 27 = 51, 92 %

Non comestibles: 48, 08 %

Mediciñais: 48 = 92,30 %


luns, 13 de abril de 2015

Clavelina - Dianthus

Hoxe 13 abril atopamos unha clavelina coa flor na xardiñeira que temos na zona norte da escola. É un xénero dunhas 300 especies de plantas de flor na familia Caryophyllaceae, nativa primordialmente de Europa e Asia.

venres, 13 de marzo de 2015

Flor do vento / Anémone nemorosa - Anémone ranunculoides


De nemus, bosque e anemone, doadamente axitado polos ventos. Os gregos antigos asociábanas aos ventos (anemos) que anunciaban a chegada da primavera. Nos xardíns romanos parece ser que se cultivou como planta ornamental. Os chineses chámana a flor da morte. Os campesiños dalgúns países europeos considérana de mal agoiro

luns, 9 de febreiro de 2015

HERBA-DONA-Fumaria-oficinalis

Moi común en beiras de camiños e cultivos. Tamén coñecida cós nomes de fumaria, herba do fogo, herba molariña, matafogo, pombiña, palomiña, pé de galiña, pomba, peixo de cal, prixel de can ou sangue de Cristo.  O nome científico -fumaria- ten orixe no seu zume, que provoca un bagoar nos ollos coma se de fume se tratase, tendo tamén a planta un certo cheiro a fume.
Posue múltiples aplicacións medicinais. Entre outras, regula a función hepática e máis é diurética e laxante.

Consumida a grandes doses resulta ser tóxica (cardiotóxica), polo que o seu uso debe ser controlado por un especialista.

Perence a mesma familia de plantas que a mapoula (as Papaveráceas). Antigamente, apoñíaselle a esta planta a virtude de atraer o diñeiro: unha infusión de fumaria, espallada por toda a casa unha vez á semana, atraía os cartos