Amosando publicacións coa etiqueta Paseo Urbano Ghafos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paseo Urbano Ghafos. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de outubro de 2018

Marcha polo sendeiro do río Gafos



Este mércores 3 de outubro saímos facendo unha marcha de senderismo polo Gafos, dende o CEP Campolongo até o Muíño de Cabanas na parroquia de Salcedo.  A Asociación Vaiopolorío colaborou conosco abríndonos o muíño para poder velo por dentro.  Ver díptico sobre o río - Ver máis fotos

domingo, 10 de decembro de 2017

Río Gafos sen auga no 2017


Até a chegada da 1ª borrasca (10-12-2017) esta foi a imaxe do río durante o verán e practicamente todo o outono.

martes, 27 de xuño de 2017

O noso tramo de río para estudar, vixiar e coidar


Ponte da Estación
Ponte Boleira

O noso tramo de río adxudicado : dende a Ponte da Estación ata a Ponte Boleira. En xuño leva pouca auga e o pouco caudao fai que as herbas afloren e non deixe circular ben a auga.

  Ver máis sobre o Proxecto Ríos

venres, 27 de febreiro de 2015

Nomes do río "Ghafos" polo tramo urbano


Diferentes nomes que tiña o río ó pasar polo tramo urbano do río Gafos:  "Ghorghullón" (Gorgullón ), Río Grande, Do Reformatorio,  Da Divina, Menexo, Campolongo, Entre Ríos, Campolongo, Da Estación Vella , Da Taboada ...

Ver todo o plano do Río "Ghafos"

luns, 9 de febreiro de 2015

HERBA-DONA-Fumaria-oficinalis

Moi común en beiras de camiños e cultivos. Tamén coñecida cós nomes de fumaria, herba do fogo, herba molariña, matafogo, pombiña, palomiña, pé de galiña, pomba, peixo de cal, prixel de can ou sangue de Cristo.  O nome científico -fumaria- ten orixe no seu zume, que provoca un bagoar nos ollos coma se de fume se tratase, tendo tamén a planta un certo cheiro a fume.
Posue múltiples aplicacións medicinais. Entre outras, regula a función hepática e máis é diurética e laxante.

Consumida a grandes doses resulta ser tóxica (cardiotóxica), polo que o seu uso debe ser controlado por un especialista.

Perence a mesma familia de plantas que a mapoula (as Papaveráceas). Antigamente, apoñíaselle a esta planta a virtude de atraer o diñeiro: unha infusión de fumaria, espallada por toda a casa unha vez á semana, atraía os cartos




domingo, 8 de febreiro de 2015

Muruxa / Pamplina - Stellaria media



A muruxa é unha planta pequena orixinaria de Europa, aínda que na actualidade  está distribuída en case todo o mundo. Crece en zonas húmidas, terreos abandonados en forma silvestre. En xardíns é unha planta invasora xa que o seu crecemento é difícil de controlar e en xeral considéralla unha mala herba.
Á muruxa coñéceselle con outros nomes populares como herba galiñeira, herba dos canarios, herba paxareira, entre outras. O nome científico é Stellaria media e pertence á familia das Cariofiláceas.
A utilización da planta fresca como remedio caseiro é moi antiga e estendida. Xa que os seus principios activos axudan a tratar varias enfermidades entre elas as da pel.

As calidades medicinais desta planta son: problemas pulmonares e afeccións das vías respiratorias, bronquite, tose, asma, feridas infectadas, ulceras, picaduras de insecto, queimaduras, psoríase, eccemas, sarabullos e erupcións na pel por uso de cueiros nos bebes ou de varíola.

Ademais é un remineralizante corporal en especial polo seu contido de potasio e silicio, tamén favorece a absorción  o ferro, axuda a tratar a conxuntivite, enfermidades reumáticas, hemorraxias nasais, veas varicosas irritadas.
Pódese preparar Infusións de muruxa para beber, ou realizar compresas e apósitos, ungüentos ou pomadas para utilizalo en forma externa.

Esta planta é comestible polo que lla pode consumir como unha verdura crúa en ensalada xa que o seu sabor é agradable, acompañando diferentes comidas.

Esta planta non é toxica polo que non ten efectos negativos na saúde. A única prevención é que polo seu consumo de altas cantidades produce unha acción laxante. O uso desta planta como remedio caseiro é seguro xa que non se rexistran contraindicacións pero sempre é bo consultar ao medico en forma preventiva. (Fotos sacadas de internet)

sábado, 31 de xaneiro de 2015

Amaranto ou Bledo - Amaranthus retroflexus

Etimoloxía: flor que non se marchita.

Consúmese como verdura en varios lugares do mundo, pero débese tirar a auga con que se coce, porque, como as espinacas, contén oxalatos solubles que non se deben inxerir en exceso, porque son prexudiciais para os riles (os cálculos renais máis frecuentes son de oxalato de calcio) e as articulacións. As súas sementes tamén son comestibles e pódense moer para facer fariña. Foi utilizado como alimento e para facer medicamentos por moitos grupos de nativos americanos,  as follas de bledo son a base do "thora" , un prato moi popular. O gando vacún e os porcos, se son alimentados con grandes cantidades de bledo , poden enfermar.


Máis

O fento das pedras Polypodium vulgare vulgarerietina

• Nomes comúns: galego: fento das pedras, fenteira, fento dos valos  • castelán: polipodio•
Nome científico: Polypodium vulgare•
Etimoloxía: Polipodium ven de “moitos pés” ou de “polvo” pola semellanza das raíces aos pés do animal e dos soros ás súas ventosas. Vulgare quere dicir “común”, xa que é a especie máis abundante deste xénero.
• Clasificación: • reino: Plantas • división: Pteridophyta • orde: Polypodiales • familia: Polypodiaceae • xénero: Polypodium
• Descrición: o que vemos son as follas, que saen a finais do inverno do rizoma. No verán podemos ver os soros no envés das follas (estruturas redondeadas onde están os esporanxios, que conteñen as esporas para reproducirse)•
 Ciclo de vida: vivaz, é dicir, ten órganos subterráneos perennes, neste caso o rizoma rastreiro, que é un tallo, que en vez de estar ao aire , coma na maioría das plantas, é subterráneo
• Hábitat: en fendas de rochas, muros, troncos… moi abundante
• Distribución : frecuente na rexión eurosiberiana
• Usos: o rizoma utilízase como purgante ou antihelmíntico tomado en infusión.

sábado, 24 de xaneiro de 2015

Herba da prata - Ranunculus omyophyllus/Var-Peltatus


Herba que precisa moita auga

Sinónimos: ouca, arrabaza

Castelán: Hierba Lagunera, Milenrama acuática, Ranúnculo acuático

Más información

Herba carmín - Tintureira - Mexacán - Phytolacca americana

Sinónimos: uvas de tintureiro, uvas de gra.
Planta  é orixinaria de América do Norte, é común en camiños e sitios habitados, con certa humidade. Asilvestrouxe en Galicia en zonas ata 400 metros de altitude.  
Planta herbácea vivaz, aínda que no inverno morre a parte aérea coas xiadas. Baixo terra ten unha raíz que axiña engrosa moito facendo acopio de reservas suficientes para retoñar ante calquera continxencia. Pode pasar de dous metros de altura, presentando un característico talo avermellado e dividido dicotómicamente. As súas follas son ovado-lanceoladas (15-25×5-10 cm.). As flores preséntanse en típicos racimos (10cm) blanco-verdosos que fructifican nunhas baias negro-violáceas cando están maduras.
Esta especie é alóctona, foi introducida fai uns trescentos anos. Procede de Norteamérica.
HÁBITAT
Atópase en xeral en terreos incultos, beiras de camiños… Máis ben en sitios frescos e espacios abertos, sobre todo na zona costeira.
USOS
A planta contén un glucósido saponínico amargo chamado fitolaccina, ademais de levulosa, dextrosa e galactosa. A raíz ten pequenas cantidades dos ácidos fórmico e acético, unha esencia, fitolaccina, tanino, resina e diversos glúcidos. Os froitos teñen, ademais, un colorante chamado roxo de cariofileno.
FITOTERAPIA
1. Consumo
PURGANTE, VOMITIVA. Toda a planta presenta uns efectos tan enérxicos sobor do sistema dixestivo que, soio en situacións moi apremiantes e graves, podería aplicarse. En doses altas, directamente é tóxica.