sábado, 24 de xaneiro de 2015

Herba da rula / Milfollas - Achillea millefolium

Sinónimos: milfollas-herba-do-soldado
C:  Milenrama, Milefolio,  Milhojas

Identificada nun xacemento de restos de Neanderthal, podería ter formado parte dunha primitiva farmacoloxía desta cultura. Os gregos déronlle o nome de aquilea por Aquiles, sonado pola súa invulnerabilidade ás feridas, que segundo unha lenda sandou con ela a seu amigo Télefo. Os guerreiros levábana coma un remedio case milagreiro nas súas mochilas, polo que foi tamén coñocida coma herba dos soldados
En bótica popular úsanse as cabezas florais ou corimbos en infusión para lavar as feridas externamente. Crese que o milfollas é unha planta poderosa para a maxia alquímica. De aí na antigüidade fora das herbas máis apreciadas polas bruxas, meigas e feiticeiras

Máis na wikipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario