Amosando publicacións coa etiqueta Flores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Flores. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de xaneiro de 2015

Herba das almorranas - Ranunculus ficaria



Sinónimos: herba das anadas
C: celidonia menor
Usada durante moitos anos como apropiada para o tratamento das almorranas.
As follas novas, na primavera,  pódense comer en cocidos ou ensaladas. Durante a fructificación hai que fervelas

mércores, 8 de outubro de 2014

IUCA - Árbore do xabón


A  "Yucca  Elata" (árbore xabón)  úsase, entre outras cousas,  para facer xampú. Un pequeno puñado das raíces desta planta ben lavado, cortado e triturado moi finamente, fan un gran xampú. Para evitar o olor a terra que desprenden as raíces, pódeselle engadir á mestura unha podalla de menta. Este xampú déixache o cabelo perfectamente limpo.

Esta planta representa o  Estado de Novo México. 
A  Iuca foi considerada como unha das plantas de deserto máis importantes usadas polos indios do sudoeste de Estados Unidos. A planta usábase, e ússase,  como comida, bebida, deterxente, medicina, roupa, na construción e tamén para fabricar artigos de uso doméstico.

Esta fotos foron sacadas en setembro de 2014 en Campolongo (Pontevedra)

Máis curiosidades