venres, 27 de febreiro de 2015

Planos antigos do río "Ghafos" - Muíño de Ozores


Nestes planos antigos, de 1901 (Plano de Pontevedra) e 1926 (Plano da zona de Campolongo) podese ver como era o curso do río "Ghafos" polo tramo, en especial, de Campolongo. O Muíño de Ozores (no 2º plano en círculo azul) , xa desaparecido, estaría hoxe en día dentro dos recintos escolares de Campolongo, entre o CEP Campolongo e a EEI Crespo Rivás. Véxase que ese muíño tiña a súa toma de auga propia pola parte Norte do río nesa zona denominada Entrerríos; a outra, a Norte,  estaria hoxe preto da rúa Fernández Ladreda. 
No primeiro plano podemos fixarnos no tramo desaparecido, deixando só unha tramo, e posteriormente canalizado (enterrado).

Fonte: O Río da Memoria

Artigos relacionados: Nomes do Río "Ghafos" na zona urbana de Pontevedra

Máis sobre os muíños de zona

O Río da Memoria



Cartafol do río dos Gafos (1745-1970), de Calros Solla, patrocinado pola Asociación Vaipolorío e editado por Morgante.

A 1ª edición esgouse en moi pouco tempo.

Nomes do río "Ghafos" polo tramo urbano


Diferentes nomes que tiña o río ó pasar polo tramo urbano do río Gafos:  "Ghorghullón" (Gorgullón ), Río Grande, Do Reformatorio,  Da Divina, Menexo, Campolongo, Entre Ríos, Campolongo, Da Estación Vella , Da Taboada ...

Ver todo o plano do Río "Ghafos"

Algunhas das árbores do CEP Campolongo

Esta foto xa ten catro ou cinco anos. Agora xa non temos nin o nespereiro nin a cerdeira que si se vén aquí. O primeiro foi cortado, que realmente estaba fora do centro pero moi pegado ó noso valado da escola, na entrada principal, e a cerdeira, preto da piscina de Campolongo, secou fai un par de anos.

Ver maís árbores

domingo, 22 de febreiro de 2015

Curiosidades das flores nas plantas


Flora Nemoral


A flora nemoral é un anticipo á primavera que nos avisa do cambio de estación e que enche o solo das nosas fragas de vistosas cores e agradables arrecendos.
Nemoral é un adxectivo que fai referencia aos bosques caducifolios. Á flora nemoral pertencen todas aquelas plantas que medran no sotobosque e polo tanto adaptadas aos ciclos de perda de folla das árbores dominantes. Corresponde, logo, a climas temperados con períodos de xeadas curtos. O bosque de ribeira, pola súa situación nas marxes dos ríos, posúe as características axeitadas para ser un dos ecosistemas que máis plantas nemorais acolle. Estas plantas son con frecuencia anuais e son as primeiras en aparecer sobre o manto de follas que deixaron as árbores despois do outono. Teñen así adaptada a súa fenoloxía á estacionalidade do ecosistema, florecendo antes da primavera e aproveitando a insolación que penetra entre as pólas das árbores. Algúns insectos teñen adaptados os seus ciclos vitais para facer coincidir a eclosión dos seus ovos co florecemento destas plantas, polo que se aproveitan, sen apenas competidores, dos recursos que ofrece a flora nemoral, que á súa vez se beneficia dos insectos ao ser polinizada. Porén, as herbáceas non son as únicas plantas que adiantan a súa floración; ameneiros, salgueiros e abeleiras botan as súas flores antes que as follas, polo que optimizan a polinización, a través do vento, cando existen menos obstáculos.

Clica na imaxe para ver algunhas

Ver díptico completo da Flora Nemoral dos ríos Galegos

O río Gafos / Ghafos

Flor do vento / Cheiro de raposo - Anemone nemorosa e ranunculoides


Clicando na  imaxe da dereita podemos ver un traballo feito por Andrea, Natalia, Adriana, Inés e Raquel durante o curso 2013-14 . Nas outras imaxes podemos ver a Anémone nemorosa (branca9 e a Anémone ranunculoides (amarela)

  Ver na Wikipedia

Ponlle o nome a estas plantas


Ver Léxico 2 - Xunta Galicia

mércores, 18 de febreiro de 2015

Palmito - Chamaerops Humilis


O abeto


Dous traballos sobre o abeto feitos para Pontenciencia

O Hibisco







      Hibisco no Parque de Campolongo

Tres traballos con presentacións e fichas sobre Hibisco

O Loendro - Presentación e Ficha

Cheflera ou Falsa Aralia - Árbore paraugas / Árbore polvo


Presentación e ficha

sábado, 14 de febreiro de 2015

Saudable condición

Ten o  aire pola árbore
saudable condición,
ecos doces das aves,
das flores grato olor.
Dan as árbores  a froita,
dan madeira, dan carbón,
a choiva fecunda atraen,
as follas tapan o sol.
Debe o neno ben criado
as árbores  dar  amor,
defender os brotes novos
e evitar a  súa  destrución
e así medraran a un tempo:
árbore e neno, e  os dous
serán útiles ó mundo
e terán a súa bendición