sábado, 31 de xaneiro de 2015

O fento das pedras Polypodium vulgare vulgarerietina

Nomes comúns: galego: fento das pedras, fenteira, fento dos valos  • castelán: polipodio•
Nome científico: Polypodium vulgare•
Etimoloxía: Polipodium ven de “moitos pés” ou de “polvo” pola semellanza das raíces aos pés do animal e dos soros ás súas ventosas. Vulgare quere dicir “común”, xa que é a especie máis abundante deste xénero.
Clasificación: • reino: Plantas • división: Pteridophyta • orde: Polypodiales • familia: Polypodiaceae • xénero: Polypodium
Descrición: o que vemos son as follas, que saen a finais do inverno do rizoma. No verán podemos ver os soros no envés das follas (estruturas redondeadas onde están os esporanxios, que conteñen as esporas para reproducirse)•
 Ciclo de vida: vivaz, é dicir, ten órganos subterráneos perennes, neste caso o rizoma rastreiro, que é un tallo, que en vez de estar ao aire , coma na maioría das plantas, é subterráneo
Hábitat: en fendas de rochas, muros, troncos… moi abundante
Distribución : frecuente na rexión eurosiberiana
Usos: o rizoma utilízase como purgante ou antihelmíntico tomado en infusión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario