Amosando publicacións coa etiqueta Comestible. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comestible. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de marzo de 2016

Érbedo ou Albedro





 
Entrando no Parque do Cogomelo. Os froitos son comestibles. Tardan un ano en madurar.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
 
 O alvedro, arbusto que tamén ten as voces de érbedo, medroñeiro, albeldreiro ou morateiro entre outras moitas. O nome científico é Arbutus unedo,  e  podemos tirar del unha información ben curiosa. Arbutus é diminutivo de arborque indica que é un arbusto, aínda que tamén pode facer referencia á súa cortiza rugosa arboix. Pola súa parte, unedo vén de unum que é un, e edo, que é comer. Arbusto  do  que  se  podecomer  un,  facendo referencia aos seus froitos que se deben comer en pequenas cantidades xa que cando as bagas están moi maduras teñen gran cantidade de alcol. Ervedelo,  como  o  barrio  de  Ourense,  díselle  ao  conxunto  de  érbedos,  que  teñen agora as flores xunto aos froitos que moita fauna agradece. Dicir tamén que é especie que ten unha madeira moi dura e valorada para torneiria.

Ver máis Érbedos en Campòlongo:
- O máis grande     -   Preto do anterior, nun lateral

En castelán tamén se coñece como "Madroño".
- Ver no dicionario
- Ver traballo de Xandre A. S. 

mércores, 13 de maio de 2015

Datos recollidos das plantas do CEP Campolongo para Pontenciencia


Total plantas investigadas: 52

Autóctonas: 33  = 63,46 %
Consíderamos autóctonas aquelas que teñen a súa orixe xeral en Europa.

Alóctonas: 19  = 36, 54 %

Comestibles: 27 = 51, 92 %

Non comestibles: 48, 08 %

Mediciñais: 48 = 92,30 %


Datos recollidos para Pontenciencia das árbores do CEP Campolongo


Total árbores investigados:  28

Autóctonos: 12 = 42, 75 %

Alóctonas: 16 = 57, 25 %

Coméstibles: 16 = 57,25 %

Mediciñais:  24 = 85,70 %

luns, 6 de abril de 2015

Estruga morta / Herba do cego / Chuchamel/ Lamio - Lamium maculatum L


O nome maculatum vén dado pola mancha que ten na follas. Non todas as estrugas teñen esta mancha. Outra especial característica é que esta estruga non pica.

 Clica na segunda imaxe para ver a presentación.

xoves, 26 de marzo de 2015

Instruccións para recoñecer unha planta comestible

 Inviste nunha guía de campo para a área onde buscarás as plantas.

Estas guías provén fotografías e descricións para axudarnos a aprender.

Lava calquera alimento exhaustivamente, especialmente se provén dun lugar próximo a unha ruta, onde puido ser regado con pesticida ou herbicida. Os caracois transmiten moitas bacterias nas plantas.
Evita calquera froita ou calquera outra planta que pareza ter fungos ou estea demasiado madura. Os alimentos silvestres ás veces forman toxinas nesa instancia que poderían envelenarche.
Proba de comestibilidade
1.- Utiliza a proba de comestibilidade universal antes de inxerir unha substancia descoñecida. Comeza separando a planta en partes: raíz, follas, talos e froito. Úleos para detectar calquera aroma desagradable, que é un indicio de non comestibilidade.

2.- Coloca unha porción de alimento na parte interior do teu cóbado para probar a reacción ao contacto. Se despois de 15 minutos, non tes unha reacción na pel, prepara unha pequena porción para inxerila. Leva unha porción cara ao teu labio inferior para probar a reacción. Se non pasa nada despois de 3 minutos, colócao na túa lingua durante 15 minutos.

3.- Mastiga o alimento se non tiveches reacción e mantenlo na túa boca durante outros 15 minutos. Se non tes reacción, traga. Espera oito horas. Se aínda non sofres unha reacción, come un cuarto de cunca do alimento e espera outras oito horas. Se aínda non sufriches reacción, é seguro que consumas ese alimento. Se se che presenta unha reacción adversa, bebe moita auga e induce o vómito.

Afástate das plantas descoñecidas que teñan zume leitoso (agás os dentes de león); leguminosas, bulbos ou sementes dentro de vaíñas; un sabor amargo ou xabonoso; espiñas ou pelos finos; follaxe similar ao aneto; aroma similar á améndoa; cabeza de gran cor rosa, esporas de cor púrpura ou negra; ou un patrón de crecemento de tres follas. É máis probable que estes tipos sexan velenosos.