Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- CEP Campolongo
- Campolongo
- Catálogos
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Documentais
- Documentos
- Dípticos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas aromáticas
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Musica
- Muíños
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
- Árbores
- Árbores Senlleiras
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
luns, 26 de xaneiro de 2015
Herba do lobo - Veratrum albúm
Especie tóxica e mediciñal . Usouse para sandar ás ovellas e outros animais dalgunhas enfermidades, incluída a sarna.
Herba ou planta de outa montaña, a partir de 600m, que as veces atópase tamén algo máis baixa.
Fotos de Costa ártabra (Con información dabondo)
Máis información en Flora Ibérica
Herba ou planta de outa montaña, a partir de 600m, que as veces atópase tamén algo máis baixa.
Fotos de Costa ártabra (Con información dabondo)
Máis información en Flora Ibérica
Herba do gando - Helleborus foetidus
G: Herba do gando / Baladre / chaveira
Héboro , herba, herbedal, herbal, herba papeira, herba chaveira, herba da braña, herba do lobo, herba do porco, herba dos bois e herba forte.
C: Eléboro negro / Hierba llavera / Vedegrambre fétido
É velenosa e moi tóxica, purgante moi forte; pode provocar incluso a morte (Galicia encantada ) Máis información
Un dos remedios
para curar as relas
das vacas consiste en
enherbalas con herba do gando; cortáselles a pel do pescozo cun fuso vello,
métese dentro a herba e cósese. Enferm: carbunco do gando.
As fotos son de Río Mente e Flora Vascular
As fotos son de Río Mente e Flora Vascular
sábado, 24 de xaneiro de 2015
Herba das mamas - Lapsana communis
Herba dos peitos. Curaba
a doenza dos peios durante a lactancia
C: Hierba de las
mamas / Hierba pezonera
GRETAS DOS PEZÓNS. Especialmente efectiva nestes casos, é moi recomendable durante a lactancia cando se presenta este molesto cadro. De gran tradición, quedando así constancia nos nomes vulgares con se bautizou esta herba nos diversos lugares do mundo.
VULNERARIA. Coa aplicación desta planta conséguese unha boa limpeza das feridas. Axuda á cicatrización das lañas.
Herba das Doas / Herba das contas/Nocella - Arrhenatherum elatius
Planta da familia das gramíneas (Arrhenatherum elatius) de follas anchas, inflorescencia en panícula e nós na raíz. A nocella é prexudicial para a agricultura DOA: Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos etc. (As doas do rosario). En castelán: avena descollada, cebollitas, yerba triguera ...
"Andando ás nocellas,
perdín as ovellas;
vou onda miña nai,
que me arrinque as orellas"
No concello da Laracha, parroquia de Montemaior, hai unha aldea que lle chaman As Nocellas.
Herba da rula / Milfollas - Achillea millefolium
Sinónimos: milfollas-herba-do-soldado
C: Milenrama, Milefolio, Milhojas
Identificada nun xacemento de restos de Neanderthal, podería ter formado parte dunha primitiva farmacoloxía desta cultura. Os gregos déronlle o nome de aquilea por Aquiles, sonado pola súa invulnerabilidade ás feridas, que segundo unha lenda sandou con ela a seu amigo Télefo. Os guerreiros levábana coma un remedio case milagreiro nas súas mochilas, polo que foi tamén coñocida coma herba dos soldados
En bótica popular úsanse as cabezas florais ou corimbos en infusión para lavar as feridas externamente. Crese que o milfollas é unha planta poderosa para a maxia alquímica. De aí na antigüidade fora das herbas máis apreciadas polas bruxas, meigas e feiticeiras
Herba da prata - Ranunculus omyophyllus/Var-Peltatus

Herba que precisa moita auga
Sinónimos: ouca, arrabaza
Castelán: Hierba Lagunera, Milenrama acuática, Ranúnculo acuático
Más información
Herba concheira - Herba do xabón - Saponaria officinalis L.

Sinónimos: Albitorno, bataneira, escrofularia, herba coucho, herba curacarne, herba da fame, herba da trolla, herba das escaldadelas, herba das ferreñas, herbas da man, herbas de San Pedro, herba do trollo, herba dos conchos, herba dos lamparóns, herbas dos pés, herbas dos pitos, herba ferreña, herba nodosa, herba seoane, herba trolla, herba xaboeira, saponaria, xabón de río, zubón.
Foi cultivada a miúdo porque unha vez que esmagadas serviu para substituír o xabón. A maceración da raíz produce unha gran cantidade de escuma, especialmente tras a adición de bicarbonato de sodio. Para o uso mediciñal úsase o rizoma, polo menos de 2-3 anos de idade . É usado para preparar gotas e xaropes para tose, expectorantes. É diurético e diafoferico (aumenta a transpiración). A raíz é usada para preparar cremas dentais, xabóns e produtos de limpeza.
Receita para facer xabón con saponaria:
- 50 gr. raíz officinalis Saponaria
- 1 culler de sopa de follas de salvia
- 1 culler de sopa de follas de romeu
- 1 culler de sopa de follas de Artemisa macho (c: abrótano)
- 1 l de auga.
As herbas son colocadas nun recipiente. Férvese a auga e bótase logo sobre as follas e raíces da saponaria. Cúbrese e déixase descansar por 45 minutos. Cóase e envásase.
Receita para facer xabón con saponaria:
- 50 gr. raíz officinalis Saponaria
- 1 culler de sopa de follas de salvia
- 1 culler de sopa de follas de romeu
- 1 culler de sopa de follas de Artemisa macho (c: abrótano)
- 1 l de auga.
As herbas son colocadas nun recipiente. Férvese a auga e bótase logo sobre as follas e raíces da saponaria. Cúbrese e déixase descansar por 45 minutos. Cóase e envásase.
Herba caraveleira - Geum urbano
Tamén chamada Herba de San Bento /Herba Santa
En castelán: Hierba de San Benito.
Planta perenne, que alcanza 20-60 cm. de altura, que florece de maio a agosto no hemisferio norte con flores 1-2 cm. en diámetro e cinco pétalos amarelas brillantes. As flores son hermafroditas, perfumadas e polinizadas por abellas. A froita ten manchas vermellas con garras que prenden á pel de animais como o coello. A raíz é usada como un condimento e sopas. Tamén en aromatizantes na cervexa inglesa.
En castelán: Hierba de San Benito.
Planta perenne, que alcanza 20-60 cm. de altura, que florece de maio a agosto no hemisferio norte con flores 1-2 cm. en diámetro e cinco pétalos amarelas brillantes. As flores son hermafroditas, perfumadas e polinizadas por abellas. A froita ten manchas vermellas con garras que prenden á pel de animais como o coello. A raíz é usada como un condimento e sopas. Tamén en aromatizantes na cervexa inglesa.
Na Idade Media era chamada de "herba santa" ou "herba bendita " porque críase que tiña o poder de protexer dos malos espíritos e animais pezoñentos. A raíz desta planta é levada como un amuleto. No Hortus Sanitatis (libro escrito en 1941) están escritas as propiedades desta planta, e tamén escribiu "Onde a raíz é a casa, Satanás non pode facer nada e se un home leva a raíz del, ningún animal veleno non pode facer nada "
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Geum_urbanum_bgiu.jpg#mediaviewer/File:Geum_urbanum_bgiu.jpg.
Herba carmín - Tintureira - Mexacán - Phytolacca americana
Sinónimos: uvas de tintureiro, uvas de gra.
Planta é orixinaria de América do Norte, é común en camiños e sitios habitados, con certa humidade. Asilvestrouxe en Galicia en zonas ata 400 metros de altitude.
Planta é orixinaria de América do Norte, é común en camiños e sitios habitados, con certa humidade. Asilvestrouxe en Galicia en zonas ata 400 metros de altitude.
Planta herbácea vivaz, aínda que no inverno morre a parte aérea coas xiadas. Baixo terra ten unha raíz que axiña engrosa moito facendo acopio de reservas suficientes para retoñar ante calquera continxencia. Pode pasar de dous metros de altura, presentando un característico talo avermellado e dividido dicotómicamente. As súas follas son ovado-lanceoladas (15-25×5-10 cm.). As flores preséntanse en típicos racimos (10cm) blanco-verdosos que fructifican nunhas baias negro-violáceas cando están maduras.
Esta especie é alóctona, foi introducida fai uns trescentos anos. Procede de Norteamérica.
HÁBITAT
Atópase en xeral en terreos incultos, beiras de camiños… Máis ben en sitios frescos e espacios abertos, sobre todo na zona costeira.
USOS
A planta contén un glucósido saponínico amargo chamado fitolaccina, ademais de levulosa, dextrosa e galactosa. A raíz ten pequenas cantidades dos ácidos fórmico e acético, unha esencia, fitolaccina, tanino, resina e diversos glúcidos. Os froitos teñen, ademais, un colorante chamado roxo de cariofileno.
FITOTERAPIA
1. Consumo
PURGANTE, VOMITIVA. Toda a planta presenta uns efectos tan enérxicos sobor do sistema dixestivo que, soio en situacións moi apremiantes e graves, podería aplicarse. En doses altas, directamente é tóxica.
Herba alleira - Alliaria petiolata
Herba que arrecende a allo cando a frotas.
Non confundila coa planta do allo (Allium sativum)
Ver fotos
Máis na wikipedia
Non confundila coa planta do allo (Allium sativum)
Ver fotos
Máis na wikipedia
Herba abelleira - Melissa officinalis

Herba abelleira, cidre, melisa, nome que os gregos dan aquelas plantas que as abellas van buscar axiña captan o seu arrecendo aromático como de limón. É bastante común e ben coñecida. Outros din que é nomeado para as súas flores semellan abella. Tense visto acios colocados de herba á beira de novos enxames para alimentalos. a súas propiedades: tónica, cefálica, ou contra dores de cabeza, cordial, para o estómago, para fortalecer os nervios, apetitivas, dixestiva, diurética, diaforetica ou que facilita a transpiración, contra a vertixe, palpitacións do corazón, histeria. Tómase como o té.
Información na wikipedia
Información na USC
xoves, 22 de xaneiro de 2015
Eupatorio / Canabina - Eupatorium cannabinum
O eupatorio ou canabina é unha herba robusta e luxuriosa que medra preto dos cursos de auga. Ten follas compostas, palmadas, con 3 ou 5 folíolos de forma lanceolada e marxe dentada, variables, que recordan a popular folla do cánabo. Pero o eupatorio non está relacionado co cánabo, senón que, a pesar de que non o pareza á primeira vista, pertence á familia compostas. No verán o eupatorio produce grandes inflorescencias en corimbo que conteñen capítulos pequenos de poucas flores tubulosas. Estas flores son brancas e púrpuras, cos pedúnculos e os talos do mesmo ton púrpura contrastado co verde das follas.
Etimoloxía. Eupatorium: nome xenérico que vén do grego e significa "de pai nobre". Cuxo nome se refire a Mitrídates o Grande, que era o rei do Ponto no século I a.C e a quen se lle atribúe o primeiro uso da medicina. De feito, as especies deste xénero, ao longo do tempo, tomaron diversas denominacións vulgares referidas sobre todo á medicina popular, isto serve para resaltar as propiedades de Eupatoria, aínda que actualmente este uso se reduciu algo debido a algunhas substancias hepatotóxicas presentes nestas plantas.
cannabinum: epíteto latino que significa "como o cánabo"
martes, 6 de xaneiro de 2015
sábado, 3 de xaneiro de 2015
Sistema de rego económico e ecolóxico
Necesitas unha garrafa de auga de 5 litros e unha botella de 1,5 litros, ambas as dúas de plástico, aínda que tamén funcionan co cristal se dispós do material axeitado para cortalas. Terás que cortarlle a base á garrafa grande e a pequena deberás cortala pola metade tal e como se ve no debuxo.
Despois pon a pequena sobre a terra, preto da planta, e despois pon a outra sobre ela, máis ou menos centrada, de tal forma que poidas botar a auga sen ter que levantar a garrafa de 5 litros. Arredor da planta e do sistema de riego poñeremos palla ou follas secas (ver imaxes)
venres, 26 de decembro de 2014
Lenda da Herba Mate
Unha tribo indíxena nómade detívose nas ladeiras das serras onde nace o Río Tabay. Cando retomou o seu camiño, un dos membros da tribo, un indio vello e canso polos anos, ficou refuxiado na selva, na compaña da súa filla Yaríi, que era moi bonita. Un día, chegou, ao acocho do vello, un home que posuía unha pel de cor estraña e que se vestía con roupas exquisitas, a quen recibiron con xenerosidade.
O vello ofreceu ao visitante unha carne asada de acutí (Dasyprocta), un roedor da rexión e un prato de tambú, que se prepara cunha larva de carne branca e abundante que os Guaranís crían nos troncos de pindó (palmeira sagrada).
Conta a lenda que o visitante era un enviado do deus do ben, que quixo recompensar tanta xenerosidade proporcionándolles algo que puidesen ofrecer sempre aos seus visitantes e que podería encurtar as horas de soidade ás marxes dos regatos onde descansaban. Para eles, fixo agromar unha nova planta no medio da selva, que chamou de yaríi, deusa que a protexía, e confiou os seus coidados ao seu pai, Cáa Yaráa, ensinándolle a secar os seus ramos ao lume e a preparar unha bebida que poderían ofrecer a todos os que os visitasen. Desde entón, a nova planta crece, ofrecendo follas e pólas para preparar o mate
xoves, 18 de decembro de 2014
Armillaria mellea
Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.
Curiosidades: Algunhas das especies de armillaria (fungos do mel) son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi
domingo, 7 de decembro de 2014
Ramaria Cerdedensis, un novo cogomelo dentro da micoloxía
O experto pontevedrés en micoloxía, Jaime Blanco Dios, anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo.
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur). O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"
mércores, 3 de decembro de 2014
"Paus Borracho" -Chorisia chodat ou Ceiba speciosa
| Flor |
As dúas primeiras fotos son do Pau Borracho que temos no paseo de Rosalía de Castro (parque das palmeiras, a carón da antiga Delegación de Educación)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































