Nestes planos antigos, de 1901 (Plano de Pontevedra) e 1926 (Plano da zona de Campolongo) podese ver como era o curso do río "Ghafos" polo tramo, en especial, de Campolongo. O Muíño de Ozores (no 2º plano en círculo azul) , xa desaparecido, estaría hoxe en día dentro dos recintos escolares de Campolongo, entre o CEP Campolongo e a EEI Crespo Rivás. Véxase que ese muíño tiña a súa toma de auga propia pola parte Norte do río nesa zona denominada Entrerríos; a outra, a Norte, estaria hoxe preto da rúa Fernández Ladreda.
No primeiro plano podemos fixarnos no tramo desaparecido, deixando só unha tramo, e posteriormente canalizado (enterrado).
Fonte: O Río da MemoriaArtigos relacionados: Nomes do Río "Ghafos" na zona urbana de Pontevedra
Máis sobre os muíños de zona
Ningún comentario:
Publicar un comentario