Hoxe analizamos os nitratos da auga do Río Gafos. 5 mg/l
Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Árbores
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
- Árbores Senlleiras
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- Campolongo
- Catálogos
- CEP Campolongo
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Dípticos
- Documentais
- Documentos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas aromáticas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Muíños
- Musica
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
venres, 26 de maio de 2017
mércores, 24 de maio de 2017
Analizando a Turbidez da auga do Río Gafos
Despois de coller a áuga do Río Gafos analizamos a súa turbidez (transparencia). Esta indícanos a presenza de subtancias disoltas e en suspensión que presenta o medio. Canto maior sexa esta presenza, menos transparente ou máis turbia será a auga do río, polo tanto menos luz chegará ás partes máis profundas. E sen luz hai menos vida. No noso caso a Turbidez ou Transparencia foi boa porque os catro sectores da ficha víanse ben. Ver tamén o Ph do Río.
Analizando o PH do Río Gafos
Enchendo o tubo de ensaio de 10ml |
|
Resultado do análise do PH |
Ver tamén a súa Turbidez (transparencia)
venres, 19 de maio de 2017
O caudal do río Gafos a mediados de maio do 2017 pola zona urbana da cidade de Pontevedra
Profundidade do río 20 cm de media |
Ánades |
Collendo auga par analizar a calidade |
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga" |
Nudosillas (Plantas invasoras) |
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga |
Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto con algún peixe (escalo) e algunhas "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26" = 0,3846 m/s . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos, sección: anchura (m) x profundidade (m), 7m x 0,20 m = 1, 4 m². Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga 0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m. Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final para calcular o caudal :
sección x velocidade ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s ) e deunos 0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros seria 53, 844 l (por segundo).
Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis na Etiqueta Proxecto ríos
sección x velocidade ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s ) e deunos 0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros seria 53, 844 l (por segundo).
Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis na Etiqueta Proxecto ríos
mércores, 17 de maio de 2017
Entrada con contrasinal na páxina da Xunta do Proxecto Ríos
martes, 16 de maio de 2017
1º Paseo polo río Gafos para coñecelo un pouco (2º A)
Fonte dos pasais |
Na zona do Gorgullón. Final do noso tramo |
De volva coas plantas |
Medindo a profundidade do río |
Con ánades polo río |
Con un colar de vimbia |
Malvas |
Con estraloque na man |
Ver máis fotos
luns, 15 de maio de 2017
As sete Herbas de San Xoán
Sete herbas ao resío, deixadas a macerar en auga de sete fontes nun cacho. Son case sempre plantas aromáticas e medicinais cunha distribución e dispoñibilidade non xeneralizada por todos os ecosistemas de Galicia, polo que a elección varía segundo o lugar. Un mínimo de sete, polo que facemos unha escolma das máis comúns " : codeso, estalote, fento macho, fiuncho, herba das feridas, malva, romeu, (Ver as sete xuntas)
Outras que non tamén se utilizan dependo do lugar : o mexacán, a macela, a hortensia, o allo, o ourego, o loureiro, o velenoso trobisco ou matapulgas, as árbores amieiro, carballo e castiñeiro ou as follas das canas, laranxeiras, figueiras ou noceiras. Máis na wikipedia
mércores, 3 de maio de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)