FRASEOLOXÍA DO RÍO
|
|
2- Chover
a regos
|
Muito
|
3- Afogar en pouca auga sabendo
nadar
|
Sucumbir ante un pequeno atranco
|
4- Auga parada non move muíños
|
Prexuízos da inactividade
|
5- Botarlle o peito á auga
|
Amosar valor ou coraxe ante o perigo
|
6- Cando o río soa,
algo/auga leva
|
Outorgarlle creto a rumoroloxía
|
7- Deixar correr a auga
|
Non inmiscir
|
8- En pouca auga, pouco se navega
|
Dío que é conciente das limitacións propias ou alleas
|
9- Facer regos na auga
10- Querer escribir na auga
|
Facer algo inútil
|
11- Gárdate da auga mansa que non
corre
|
Ten coidado
|
12- Levar a auga para o seu muíño
|
Favorecerse
|
13- Vaille tornar a auga a
“fulanito”
|
Querer ver lonxe a unha persoa
|
14- Nadar entre dúas augas
|
Estar indeciso
|
15- Ser como a auga corrente
|
Vulgar, sen importancia
|
16- Ser como a auga mansa
|
Tranquilo
|
17- Estar como un río
|
Ter diarrea
|
18- Moitas pingueiras fan o río
grande
|
Loa do labor colectivo
|
19- De perdidos ó río!
|
Obrar con decisión sabendo o risco
|
20- Has de ir o río e non ver a
auga
|
Despistado
|
21- Ir polo río abaixo
|
Fracasar. Botarse a perde algo ou alguén
|
22- Ninguén vai o río que non se
molle
|
Estar involucrado
|
23- Non chegou o sangue ó río
|
Non tivo consecuencias
|
24- Nunca tal se viu, chocolate
con auga de río
|
Incredulidade
|
25- Saber por onde vai a auga ó
río
|
Coñecedor do asunto
|
26- Se o río Gafos levara coñac, máis
de catro irían alá
|
A quen lle vai o alcohol
|
27- Se o río levara aceite
|
Arela de nugallán
|
28- Se tes frío tírate ó río
|
Dise a quen esaxera dos seu
contratempos
|
29- Andar á miñoca
|
Carecer do necesario. Non ter diñeiro
|
30- A río revolto, ganancia de
pescadores
|
Aproveitarse das circunstancias
|
31- Fillo de peixe, peixe é
|
Axiomas da xenética
|
32- Durmir coma un peixe
|
Durmir profundamente
|
33- Estar como a troita no río
|
Estar a gusto
|
34- Marear o peixe/ ou a perdiz
|
Darlle moitas voltas a un asunto
|
35- Non fixo mala pesca meu pai
que pescou a miña nai
|
Gábase o acerto do home e a calidades da muller
|
36- Non queda rabo de peixe/ ou de
troita
|
Nada de nada
|
37- No río que non ten peixes non
botes a rede
|
Non traballar en van
|
38- O bo peixe para quen o merece
|
A recompensa debe gozala quen máis fixo por acadala
|
39- O peixe grande come ó pequeno
|
Agás cando o enfrontamento de David e Goliat
|
40- Pescar todo no aire
|
Non pasar nada inadvertido. Ser rápido
|
41- Pescar pombos
|
Toquenear. Dar cabezadas (durmir)
|
42- Pola boca morre o peixe
|
Mellor estar calado que falar de máis
|
43- Que chova até que afoguen
os peixes
|
Cando chove con insistencia
|
44- Ser picada da troita
|
Ter pencas
|
45- Ser un bo peixe
|
Ser atravesado, pícaro
|
46- Todo o que cae na rede é peixe
|
Dío quen nada esbota. Aproveita todo
|
47- Andar na fariña
|
Andar na droga
|
48- Botarlle toda a auga ó muíño
|
Por empeño
|
50- Cada muíño quere a súa auga
|
Cada cousa para o que é.
|
51- Cantos burros mantén a fariña
|
Laio pola estupidez da humanidade
|
52- Custa ferro e fariña
|
É moi traballoso de conseguir
|
53- Horas de muíño
|
Hora de comer ou de facer algo
|
54- Moer para fóra
|
Ser infiel no matrimonio
|
55- Muíño albeiro
|
O que moe trigo
|
56- Muíño parado non gaña maquía
|
O que non traballa non cobra. Preguiceiro
|
57- O muíño treina, treina, a auga
faina treinar
|
Non hai efecto sen causa
|
58- Quen con fariña anda branco se
pon
|
Involucrarse
|
59- Quen primeiro chega, primeiro
moe
|
Vantaxes do madrugador
|
60- Ser da mesma fariña
|
Ser da mesma condición
|
61- Ser agudo como o pé dun muíño
|
Persoa lenta de entendemento
|
62- Traer chea o río
|
Estar enfadao
|
63- Vai como un rei nunha cesta polo río abaixo
|
Agóiranse dificultades
|
64- Ser redondo como a moa dun muíño
|
Ben redondo
|
65- Ser un calcafoles
|
Que come moito
|
66- Ser un pousafoles
|
Lento, preguiceiro, aburrido
|
67- Ter debaixo da moa a alguén
|
Aborrecer a unha persoa
|
68- Ter máis penas que un rodicio
|
Dise da persosa desgrazada ou atribulada
|
69- Ter o muíño picado
|
Ter muita fame
|
70- Tragar pedras de muíño
|
Persoa inxénua
|
71- Xa pasou moita auga por debaixo da ponte
|
Xa pasou moito tempo
|
72- Lavar as mans
|
Eludir responsabilidades
|
73- Lavarlle o cerebro a alguén
|
Anular a súa personalidade
|
74- Se lavadiño das falas
|
Ser educado
|
75- Ter a cara máis lavada cas pedras do río
|
Ser un descarado
|
76- Compre nadar e lavar e gardar a roupa
|
Persoa precavida
|
77- Nadar en seco
|
Non avanzar
|
78- Nadar na abundancia
|
Ser inmendamente rico
|
79- Pau se remas, pau sen non remas
|
Dío aquel que non se lle valora nada o que fai
|
80- Tanto remar, tanto remar, e ao chegar á beira afogar
|
Dise do esforzo sen reconpensa
|
81- Axiña afogas
|
Díse ó pusilánime
|
A maioría das frases están sacadas do libro "Andar Primeiro de Río"