Árbore procedente do suroeste de Australia e da illa de Tasmania, foi introducida en Europa no ano 1820, como planta ornamental, pola súa espectacular floración perfumada e o seu carácter temperá. Hoxe en día podemos atopar estas árbores dende a costa ata os 1000 metros de altura, principalmente nas ladeiras de solana, nas ribeiras dos ríos e ó longo das vías de comunicación. A súa expansión polo noso territorio comenzou polo 1940 debido ó seu uso para asentar os taludes do ferrocarril, extendéndose por gran parte da rede ferroviaria e de ahí espallándose polas estradas. O papel de especie ideal para fixar os terreos de ladeiras abruptas, viña avalada por unha serie de características como son:
Rápido crecemento e expansión, fundamentalmente pola producción de chupóns a partires das raíces.
Acadar a madurez moi cedo, ós 3 ou 4 anos xa poden producir sementes que poden persistir no solo con capacidade para xermolar durante 50 anos.
Resisten moi ben os lumes e as cortas, ata incluso rexeneran con máis forza, producindo vástagos a partir de xemas durmintes de debaixo da codia.
Por seren unha leguminosa, como o toxo ou a xesta, posúe a capacidade de mellorar a fertilidade do solo ó ser capaz de fixar nitróxeno atmosférico.
As mimosas, pese a levar con nós tan pouco tempo, aparecen integradas no folclore galego de xeitos diversos, sobre todo relacionadas coa súa floración temperá: utilízanse as súas flores para decorar as casas, e incluso os parachoques dos automóviles no entroido. No Carballiño lévase a cabo dende hai anos a Festa da Mimosa, un recital poético no que se ensalza a floración desta planta como sinal da fin do inverno e a inminente chegada da primavera. As varas dos chupóns do ano utilízanse no Ribeiro para atar e guiar as viñas, e noutros lados como guías de plantas gabeadoras comos as fabas ou os chícharos.
Xunto co emú e o canguro, representa o emblema nacional de Australia, aparecendo no escudo da nación. Obviamente é neste país onde as mimosas posúen máis aplicacións:
· Co exudado das plantas, o que os ingleses chaman gum, previamente disolto en auga, faise unha bebida azucrada. O mesmo gum disolto en auga e fervido no leite usábano os primeiros colonos europeos para curar a disentería e as diarreas.
· Os aboríxenes fabrican boomerangs coa súa madeira e fan infusións coa codia para remediar a indixestión.
· A codia presenta unha grande cantidade de taninos que se usan para o curtido de peles. Este uso fixo que fora introducida en Sudáfrica, onde tamén é unha praga.
· As follas producen pigmentos amarelos ou verdes dependendo do tipo de mordente que se use: Aluminio, cromo ou cobre.
· Moi usada para aillar esencias sobre todo para uso en perfumeria.
· En Tasmania é moi utilizada en ebanistería e para fabricar pasta de papel.
· É un excelente hábitat, pois atrae ás cotorras e as cacatúas en busca de insectos e das súas sementes, e a algún marsupial, como os esquíos marsupiais que se alimentan do gum. Infinidade de escarabellos e formigas dependen das súas follas e das súas sementes.
Ver máis na fonte orixinal deste artigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario