martes, 11 de agosto de 2015

Bosque de secuoias en Arís (Poio)

No monte Castrove de Poio  poderás ver o bosque  máis  grande desta árbore en Europa. Plantáronse 500 secuoias vermellas.

A curiosidade é que estas árbores foron plantadas en 1992 conmemorando os 500 anos do descubrimento de América, e foron os propios americanos os que as trouxeron e as plantaron en colaboración das  escolas de Poio e a Facultade de Forestais de Pontevedra, 
Non se sabe ben porque elixiron Poio, pero o certo é que levaron a terra de Poio para estudala e dar o visto bo a esta zona. 

José Rodríguez Couselo, como presidente da comunidade de montes de San Xoán, aínda conserva o  documento que acredita esta doazón.  O alcalde de Poio daquela era Armando Couselo. O presidente americano daquela era George Bush (pai).

Escoitar a nova na CRTVG

Ler máis na Voz de  Galicia

luns, 3 de agosto de 2015

Capuchina - Tropaeolum majus

A planta Tropaeolum (cuxo nome vulgar é capuchina) é un xénero dunhas 80 especies de plantas herbáceas, anual e perenne con flores, é unha dos tres xéneros da familia Tropaeolaceae. Este xénero natural de Suramérica e América Central.
EtimoloxíaTropaeolum: nome xenérico coñecido como a capuchina de xardineiros, aínda que non dos botánicos, e nomeado por Linneo, que deriva do grego tropaion e do latín tropaeum de "trofeo", polo xeito en que crece a planta, sobre un soporte. recordando un trofeo clásico con escudos e cascos de ouro como as que colgaban como un signo da vitoria nun campo de batalla.

Varas de San Xosé - Crocosmia


Crocosmia é un pequeno xénero de especies perennes e bulbosas da familia das iridáceas, nativas dos pasteiros da Provincia do Cabo en Sudáfrica.

Coñecidas tamén como "Montbretia" ou "Vara de San Xosé", as especies deste xénero crúzanse entre si con facilidade, producindo híbridos interespecíficos complexos. Por esta razón, a pertenza dunha planta ou cultivar respecto a unha dada especie é moi difícil de determinar. As especies e variedades de Crocosmias propáganse doadamente por cormos e por sementes. Algúns híbridos son moi invasores e logran naturalizarse, como nalgunhas rexións de Australia e Costa Rica.
Etimoloxía: Crocosmia nomee xenérico que deriva das palabras gregas: "krokos": "azafrán" e " vos me ": "olor") alude ao aroma a azafrán que desprenden as súas flores cando se lles preme.

Nesta foto temos unha árbore botella preto das plantas.

Xenxibre hawaiano



O xenxibre hawaianao ou kahili (Hedychium gardnerianum), é unha especie da Himalaia. Alcanza 2,4 m de alto, con longas follas dun verde vivo que envolven os altos talos. Moi cultivado

Prefire un clima cálido, aínda que pode medrar no exterior en rexións mornas que teñan xeadas lixeiras e ocasionais. As fragrantes flores, vermellas e amarelo claro, que xermolan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. É coñecida como 'wild kahili ginger' e listada como planta invasora en Nova Zelandia e Hawái.1 Está incluída na lista100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Ver fotos