venres, 26 de decembro de 2014

Lenda da Herba Mate

Unha tribo indíxena nómade detívose nas ladeiras das serras onde nace o Río Tabay. Cando retomou o seu camiño, un dos membros da tribo, un indio vello e canso polos anos, ficou refuxiado na selva, na compaña da súa filla Yaríi, que era moi bonita. Un día, chegou, ao acocho do vello, un home que posuía unha pel de cor estraña e que se vestía con roupas exquisitas, a quen recibiron con xenerosidade.

O vello ofreceu ao visitante unha carne asada de acutí (Dasyprocta), un roedor da rexión e un prato de tambú, que se prepara cunha larva de carne branca e abundante que os Guaranís crían nos troncos de pindó (palmeira sagrada).

Conta a lenda que o visitante era un enviado do deus do ben, que quixo recompensar tanta xenerosidade proporcionándolles algo que puidesen ofrecer sempre aos seus visitantes e que podería encurtar as horas de soidade ás marxes dos regatos onde descansaban. Para eles, fixo agromar unha nova planta no medio da selva, que chamou de yaríi, deusa que a protexía, e confiou os seus coidados ao seu pai, Cáa Yaráa, ensinándolle a secar os seus ramos ao lume e a preparar unha bebida que poderían ofrecer a todos os que os visitasen. Desde entón, a nova planta crece, ofrecendo follas e pólas para preparar o mate

xoves, 18 de decembro de 2014

Armillaria mellea


Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.
Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.

Curiosidades: Algunhas das  especies de armillaria (fungos do mel)  son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.

Inglés: Honey coloured agaric. Fran: Armillaire coulert de miet,
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi


domingo, 7 de decembro de 2014

Ramaria Cerdedensis, un novo cogomelo dentro da micoloxía

O experto pontevedrés  en micoloxía,  Jaime Blanco Dios,  anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo. 
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur).  O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"

mércores, 3 de decembro de 2014

"Paus Borracho" -Chorisia chodat ou Ceiba speciosa

Flor
Ler máis sobre a Ceiba speciosa

As dúas primeiras fotos son do Pau Borracho que temos no paseo de Rosalía de Castro (parque das palmeiras, a carón da antiga Delegación de Educación)

luns, 24 de novembro de 2014

Achira - "Canna Indica"

É de orixe sudamericana e os arqueólogos encontraron que se cultivaba en Perú hai 4.500 anos. Utilizase por Europa como planta decorativa nos xardíns.
Achira, provén do termo quechua Achuy, cuxo significado primario é "esbirro". A achira tamén é coñecida en Colombia como sagú ou chisgua, en Venezuela como capacho  ou maraca (en a Costa de Paria "Zulú" ou "Pericaguá"), en Perú e Ecuador como achera ou atzera (ou atcera), en Brasil como biri.  En México coñéceselle como acaxochitl e papantla.

Actualmente en Colombia, mediante procesos de agroindustria rural extráese o amidón de achira, o cal á súa vez é utilizado para a elaboración de biscoitos de achira e outros produtos artesanais como bizcochuelos, pan de sagú, colacións e coadas

venres, 14 de novembro de 2014

Plantas de Interior aconselladas pola NASA

Os crisantemos filtran o amoníaco do aire, un químico que adoita encontrarse nos refugallos de orixe animal e os produtos de limpeza.

 Ver as outras

mércores, 8 de outubro de 2014

Barbantesa - Mantis relixiosa


É moi dificil vela , xa que o seu mimetismo é fora de serie e confúndese facilmente co entorno de follas verdes. Se as follas non son verdes tamén se adapta. Os machos son máis pequenos, bastante máis que as femias. Ten moitísimo apetito. É moi, moi voraz. Gústanlle todo tipo de insectos: polillas, grilos, chapulíns e moscas. Incluso é posible que se coman unhas a outras.
O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán.Ten ademais visión binocular que lle permite facer cálculos moi exactos.Dispoñen de una gran campo de visión, con ollos compostos e no medio deles tres simples, ademais a cabeza pode xirar ate 180°
Reprodución:  A barbantesa aparéase a finais do verán, case sempre con tráxicas consecuencias para o macho, xa que moi frecuentemente acaba devorado pola femia durante o apareamento. Os machos acércanse ás femias con moito coidado por atrás. A femia adopta unha actitude pasiva permitindo ao macho o apareamento, si o macho non se pon a salvo a tempo a femia terminara coméndoo como se fose calquera outra presa
Outros nomes: Santateresa - Teresa pon a mesa

IUCA - Árbore do xabón


A  "Yucca  Elata" (árbore xabón)  úsase, entre outras cousas,  para facer xampú. Un pequeno puñado das raíces desta planta ben lavado, cortado e triturado moi finamente, fan un gran xampú. Para evitar o olor a terra que desprenden as raíces, pódeselle engadir á mestura unha podalla de menta. Este xampú déixache o cabelo perfectamente limpo.

Esta planta representa o  Estado de Novo México. 
A  Iuca foi considerada como unha das plantas de deserto máis importantes usadas polos indios do sudoeste de Estados Unidos. A planta usábase, e ússase,  como comida, bebida, deterxente, medicina, roupa, na construción e tamén para fabricar artigos de uso doméstico.

Esta fotos foron sacadas en setembro de 2014 en Campolongo (Pontevedra)

Máis curiosidades

domingo, 28 de setembro de 2014

Dama Espida - Amarillis belladona



Amaryllis belladonna é unha planta perenne e bulbosa nativa de Sudáfrica, a característica máis destacada é que as súas flores atrompetadas aparecen antes que as follas

Amaryllis: nome xenérico que se toma dunha frase na pastoral de Virgilio "Églogas", no idioma grego αμαρυσσω, (Latín amarysso) significando "para encender."4

Belladonna: epíteto latino que significa "bella dama"

Nomes comúns:  Amariles, azucena de San Miguel, azucena de Santa Paula, Azucena de Marzo, Azucena Rosada, a sogra e a nora, puta pobre, setembreiras.  Anuncian o final do verán... 

Nome en inglés:  Naked-Ladies

NOTA:  É doado vela en moitos sitios pola súa adaptación ó medio. Non precisa de moitos coidados.

Alfábega - Albaca Silvestre - Galisoga Parviflora


Orixinaria de América. En Colombia chámanlle guascas. Pódese comer

Galinsoga: nombre xenérico otorgado en honor del médico español Ignacio Mariano Martínez de Galinsoga
Parviflora: epíteto latino que significa "con pequenas flores".

Non ten nada que ver coa albaca común

Bidentes - Bidens tripartita

Planta anual da tribo das senecionídeas (sic), de flores amarelas e follas partidas con lóbulos lanceolados. Crece nos terreos húmidos e marxes dos regueiros.
Florece en agosto-outubro

Foto sacada polo río  "Ghafos"  (Pontevedra)

mércores, 13 de agosto de 2014

Andar primeiro de río

Este é un dos libros adicados ó río que pasa pola beira da nosa escola ,  aínda que, na opinión de moitos, tristemente canalizado, no noso tramo, o urbano. Por estes lares chamábanlle río da Estación, río de Campolongo, río Menexo, río da "Tablada" .... e tamén río dos Gafos ou Ghafos, que vén sendo este o nome máis usado por esta zona  do río.
O libro témolo na biblioteca do cole, donado pola Asociación Vaipolorío, para lecer de todos os que queiran coñecer o Patrimonio Inmaterial que nel se desenvolveu ó longo de moitos séculos. Nel atópanse a toponimia, as cantigas, os refráns, as adiviñas e a fraseoloxía que xurdiu coa auga que flúe dende o Mato da Xesteira, onde nace o río, e cos "reghatos" que o alimentan ó longo do seu  curso.

A presentación do libro pódese ver no blogue do autor (Calros Solla)

Outro dos libros da Asociación Vaipolorío, é o "Poema Río Gafos"


domingo, 13 de abril de 2014

Aleluia - Oxalis corniculata


Sin: Trevo acedo,  acedeira, pan de cuco ...
C; acedera, pan de cuclillo
A primeira foto está sacada no xardín particular que hai en Alcalde Hevia, na casa máis antiga que hai nesta zona (Enfronte os colectores na foto da ligazón, á dereita da foto).
Tamén chamada   "Bella Durmiente"  (sleeping beauty).

Ver Herba da maldición  (Oxalis latifolia)

Cáncaro - "Primulas" , Merendiñas, Panqueixo

Tamén:  cáncaros ., ou cáncere, cangro 

Chámanse Primaveras por se as primeiras flores que aparecen na primavera (un pouco antes) e   merendiñas  porque xa se pode cando elas están xa se pode ir a merendar por aí. Están consideradas tamén flores ou plantas nemorais.
Como se pode ver as cores poden variar (brancas, amarelas, ....


Pasados tales trafegos,
acha redonda campía
bordada de chuchameles
cáncaros e margaridas;
no medio do prado verde
unha choza que fascina;
branco lique nas paredes,
encol do teito, carriza,
e un longo fío de fume
que no ceo se espreguiza.

Xoán Babarro: Roldán e as tres princesas de Libredón

Ver o Asubío de Merendiñas

Abutilóns


O Abutilon é un gran xénero de plantas dicotiledóneas orixinarias de rexións tropicais e subtropicais húmidas da familia Malvaceae, agrupa a 576 especies diferentes, mais destas só 220 son aceptadas. A primeira foto é parede-muro que temos no CEP Campolongo.  A segunda é no Paseo Valle Inclán  



Ver Abutilon_megapotamicum

Xazmin - Jasminum

                                                                              Ver ficha

Jasminum polyanthum- Xazmin  No muro da nosa escola, en fronte a porta principal, temos a esta planta trepadora, logo tamén se pode atopar no Paseo Valle Inclán, por riba do río "Ghafos" (parte canalizada en Campolongo). Exactamente na gardería que ten nesta zona a Xunta de Galicia.   A palabra xazmín significa "Agasalllo de Deus".  Co esta flor, no sur ,  fanse biznagas.
Ademais da súa beleza e o seu perfume, dise que as biznagas serven para espantar ós mosquitos nas noites de verán. A biznaga é un dos símbolos populares da Costa do Sol. Dicir que hai varios tipos, as que temos neste paseo teñen un arrecendo un pouco  forte e raro. Hai outras con un olor máis agradable.  
Na segunda foto, debaixo dos xazmín hai unha especie de abutilón.
Ver a flor e a folla 

mércores, 19 de marzo de 2014

Dracaeba cinnabari

“Dragon blood" ou   "Sangue de dragón" (Dracaena cinnabari). Nomeado así pola   súa resina vermella escura, coñecida como "sangue de dragón". El  medra só no arquipélago Socotra preto de 240 quilómetros ao leste do Corno de África. Socotra ten sido descrito como o lugar máis mirando alien-na Terra e é considerada a xoia da biodiversidade no Mar de Arabia. Cerca dun terzo das especies de plantas de Socotra  non son encontradas en ningún outro lugar na Terra. O nome de Socotra deriva dun nome sánscrito, que significa "A Illa da Felicidade".

Máis árbores desta illa