A muruxa é unha planta pequena orixinaria de Europa, aínda que na actualidade está distribuída en case todo o mundo. Crece en zonas húmidas, terreos abandonados en forma silvestre. En xardíns é unha planta invasora xa que o seu crecemento é difícil de controlar e en xeral considéralla unha mala herba.
Á muruxa coñéceselle con outros nomes populares como herba galiñeira, herba dos canarios, herba paxareira, entre outras. O nome científico é Stellaria media e pertence á familia das Cariofiláceas.
A utilización da planta fresca como remedio caseiro é moi antiga e estendida. Xa que os seus principios activos axudan a tratar varias enfermidades entre elas as da pel.
As calidades medicinais desta planta son: problemas pulmonares e afeccións das vías respiratorias, bronquite, tose, asma, feridas infectadas, ulceras, picaduras de insecto, queimaduras, psoríase, eccemas, sarabullos e erupcións na pel por uso de cueiros nos bebes ou de varíola.
Ademais é un remineralizante corporal en especial polo seu contido de potasio e silicio, tamén favorece a absorción o ferro, axuda a tratar a conxuntivite, enfermidades reumáticas, hemorraxias nasais, veas varicosas irritadas.
Pódese preparar Infusións de muruxa para beber, ou realizar compresas e apósitos, ungüentos ou pomadas para utilizalo en forma externa.
Esta planta é comestible polo que lla pode consumir como unha verdura crúa en ensalada xa que o seu sabor é agradable, acompañando diferentes comidas.
Esta planta non é toxica polo que non ten efectos negativos na saúde. A única prevención é que polo seu consumo de altas cantidades produce unha acción laxante. O uso desta planta como remedio caseiro é seguro xa que non se rexistran contraindicacións pero sempre é bo consultar ao medico en forma preventiva. (Fotos sacadas de internet)
Ningún comentario:
Publicar un comentario