"O investigador pontevedrés Jaime Bernardo Blanco-Dios atopou un descubrimento interesante para a ciencia internacional en canto a especies botánicas. Entre os meses de xaneiro e marzo de 2015 e de 2016 logrou distinguir na contorna do barrio de San Brais en Salcedo numerosos exemplares dunha variedade de narciso nova para o mundo cientifíco.
Trátase dunha variedade de Narcissus bulbocodium L., especie abundante no sur e oeste de Francia e que tamén se pode observar en case toda a Península Ibérica e no Norte de África. Sempre se presenta con flores solitarias. Con todo, a nova variedade atopada en Pontevedra mostra dúas flores en cada escapo, o que a converte en única no mundo.
Ante esta singular característica, será descrita como variedade nova nunha revista especializada na que figurará como Narcissus bulbocodium var. biflorus Blanco-Dios, empregando o apelido do seu descubridor"
Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Árbores
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
- Árbores Senlleiras
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- Campolongo
- Catálogos
- CEP Campolongo
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Dípticos
- Documentais
- Documentos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas aromáticas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Muíños
- Musica
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
luns, 28 de marzo de 2016
Narciso bulbocodium Var. biflorus Blanco Dios
luns, 21 de marzo de 2016
Aberiotas - Romulea bulbocodium
Fotografías sacadas en marzo en Montalvo, preto da praia.
O significado de bulbocodium é "bulbo lanoso" (wooly bulb).
A aberiota florece dende febreiro ata abril. Olen.
Son semellantes ós tollemerendas (Merendera bulbocodium) - "Merendeiras". O azafrán das meigas. Estas son de setembro: "Cando comeza a debalar o sol e xa non se lle dá a merenda ós xornaleiros"
domingo, 13 de marzo de 2016
Érbedo ou Albedro
Entrando no Parque do Cogomelo. Os froitos son comestibles. Tardan un ano en madurar.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
O alvedro, arbusto que tamén ten as voces de érbedo, medroñeiro, albeldreiro ou morateiro entre outras moitas. O nome científico é Arbutus unedo, e podemos tirar del unha información ben curiosa. Arbutus é diminutivo de arborque indica que é un arbusto, aínda que tamén pode facer referencia á súa cortiza rugosa arboix. Pola súa parte, unedo vén de unum que é un, e edo, que é comer. Arbusto do que se podecomer un, facendo referencia aos seus froitos que se deben comer en pequenas cantidades xa que cando as bagas están moi maduras teñen gran cantidade de alcol. Ervedelo, como o barrio de Ourense, díselle ao conxunto de érbedos, que teñen agora as flores xunto aos froitos que moita fauna agradece. Dicir tamén que é especie que ten unha madeira moi dura e valorada para torneiria.
sábado, 12 de marzo de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)