Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Árbores
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
- Árbores Senlleiras
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- Campolongo
- Catálogos
- CEP Campolongo
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Dípticos
- Documentais
- Documentos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas aromáticas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Muíños
- Musica
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
domingo, 22 de novembro de 2020
xoves, 19 de novembro de 2020
venres, 13 de novembro de 2020
xoves, 5 de novembro de 2020
mércores, 4 de novembro de 2020
Datos para as fichas dos froitos, plantas (herbas) ou árbores
Foto ou debuxo
1-Nome: científico, basónimo, galego, castelán, portugués, catalán, euskaro, inglés, outros ....
2-Etimoloxía- Orixe do nome
3-Sinónimos: principalmente en Galego . Polisemia con outras herbas2-Etimoloxía- Orixe do nome
5-Características: Viváz, perenne , acuática, con flor ou sen flor, segundo o tamaño (herbácea, arbusto, árbore), follas caduca ou perenne,
6-Hábitat: Fotoperiodismo (precisa sombra, semisombra, moita luz ...
7- Momento de maior interés :cando é a floración, cando está moi vistosa, se é nemoral, outras ...
7- Momento de maior interés :cando é a floración, cando está moi vistosa, se é nemoral, outras ...
8-Uso : Herbas mediciñais, tóxicas, velenosas, decorativa, .....Comestibles e non comestibles
9-Etnoloxía: costumes, lendas,....
10- Localización ; para libros "Libro de Árbores de Pontevedra"
11- Outras curiosidades: poemas, receitas, cancións ...
10- Localización ; para libros "Libro de Árbores de Pontevedra"
11- Outras curiosidades: poemas, receitas, cancións ...
Acompañar os apartados anteriores con FOTOS , a poder ser propias (sen flor, con flor, ...)
NOTAS: A ficha hai que entregala tanto por escrito e, a poder ser, en formato dixital (tipo powerpoint). Por escrito máximo dúas páxinas. No caso dixital cada apartado dos numerados irá nunha diapositiva ou máis, acompañado, a poder ser dunha imaxe. Os traballos meteránse no blog "Entre Herbas do Ghafos" (onde xa hai algunha información dalgunha das plantas e árbores)
VER RECURSOS WEB (fotos , fichas, ligazóns ...)
luns, 2 de novembro de 2020
sábado, 31 de outubro de 2020
sábado, 24 de outubro de 2020
Algúns dos cogomelos dos nosos montes cos nomes populares
Ver en PDF
Imaxes sacadas do semanario de Sermos (Xornal Nós )
A maioría dos nomes populares foron sacados do PDF na rede "Os nomes galegos dos cogomelos"
venres, 23 de outubro de 2020
Hifoloma de lamelas verdes (Hypholoma fascicular)
Adoita aparecer en feixes ou grandes grupos, dende a primavera até o inverno, principalmente sobre tocos de coníferas. É un fungo velenoso e moi tóxico, mais doado de identificar. A carne é amarelenta, de cheiro a iodo e sabor amargo. Máis na wikipedia
xoves, 22 de outubro de 2020
Proposta de datos para recoller sobre as froitas, plantas e árbores
3-Sinónimos: principalmente en Galego.
5-Características: Viváz, perenne , acuática, con flor ou sen flor, segundo o tamaño (herbácea, arbusto, árbore), follas caduca ou perenne,
6-Hábitat: Fotoperiodismo (precisa sombra, semisombra, moita luz ...
7- Momento de maior interés :cando é a floración, cando está moi vistosa, se é nemoral, outras ...
7- Momento de maior interés :cando é a floración, cando está moi vistosa, se é nemoral, outras ...
8-Uso : Herbas mediciñais, tóxicas, velenosas, decorativa, .....Comestibles e non comestibles
9-Etnoloxía-curiosidades: costumes, lendas, poemas, cancións ...
10- Localización .
10- Localización .
Acompañar os apartados anteriores con FOTOS , a poder ser propias (sen flor, con flor, ...). Ver modelos de fichas feitas - Ver modelo da Ficha da camelia - Data de entrega : a que estime o/a titor/a
NOTAS: A ficha hai que entregala por escrito e os maiores, a poder ser, tamén dixitalmente (tipo powerpoint: cada apartado dos solicitados iría nunha diapositiva ou máis, acompañado dunha imaxe.
Os traballos meteránse no blog "Entre Herbas do Ghafos" (onde xa hai algunha información dalgunha das plantas e árbores)
Curiosidades que se poden investigar:
- Cantas plantas e árbores hai en Campolongo que sexan autóctonas, alóctanas, naturalizadas, invasora, ou malas herbas.?
- Cantas son comestibles? Cantas tóxicas, ou velenosas?
- Cantas son mediciñais?
- Cantas hai que precisan sombra e cantas non?
- Cantas levan nome de Santo?
- No caso das herbas, cantas coinciden no seu nome?
Si se che ocorre algunha idea para investigar, AVISA!!!!!
Si se che ocorre algunha idea para investigar, AVISA!!!!!
VER RECURSOS WEB (fotos , fichas, ligazóns ...) - Libro de Árbores de Pontevedra - Cadro resumo coas árbores de ribeira dos ríos galegos
martes, 20 de outubro de 2020
venres, 15 de maio de 2020
domingo, 10 de maio de 2020
sábado, 9 de maio de 2020
venres, 8 de maio de 2020
mércores, 6 de maio de 2020
Fotos antigas do Parque de Campolongo antes do tobogán e a reforma da Piscina
Que árbores faltan agora? O nome das árbores témolos aquí: 1- Chopo 2- Alciprés dos pantanos (Alciprés calvo) 3- Freixo 4- Palmeira 5- Camelio 6- Salgueiro 7- Liquidambar 8- Alciprés de Portugal 9- Piñeiro de Oregón 10- Xinkgo Bilova 11- Pradairos 12- Moreira 13- 14- Loureiro 15- Carballo Americano 16- Pradairo vermello ou americano 17- Tulipa 18- Alfaneiro chines 19- Bidueiro 20- Carballo do país 21- Abeto 22- Cedro 23- Azar de China (Pitosporo) 24- Cedro 25- Tuias 26- Abeleiras 27- Ailanto (árbore dos deuses) 28- Catalpa
luns, 27 de abril de 2020
Estrilicia ou "Ave do Paraíso"
Estrilicia ou Ave do Paraiso |
A estrilicia ou ave do paraíso, Strelitzia reginae Banks, é unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da clase das liliópsidas, subclase das zinxibéridas, orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas. É unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.
Tamén coñecida como "Ouro de Mandela"
domingo, 26 de abril de 2020
As árbores da fraga
Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.
Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.
Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.
Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.
Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.
-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.
(Xosé Lois Seixo Fernandez)
sábado, 25 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
luns, 13 de abril de 2020
O río Gafos
Ver Traballo sobre o río Gafos de Celia L. F. (5ºB).
Na imaxe da esquerda vese como poderá quedar si o proxecto se aproba .
Na imaxe da esquerda vese como poderá quedar si o proxecto se aproba .
sábado, 11 de abril de 2020
luns, 23 de marzo de 2020
Escoita viaxeiro
Eu son a táboa do teu berce, a madeira do teu barco
a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.
Eu son o mango da túa ferramenta
o bastón da túa vellez.
Eu son o froito que te regala e te nutre,
a sombra benfeitora que te acobilla
contra os ardores do verán,
o refuxio amábel dos paxaros
que aledaron cos seus cantos as túas horas
e limpan de insectos os teus campos.
Eu son a fermosura da paisaxe,
o encanto da horta,
o sinal da montaña
o lindeiro do camiño...
Eu son a leña que te quenta
nos días de inverno,
o perfume que te regala
e embalsama o aire a todas horas,
a saúde do teu corpo
e a ledicia da túa alma.
Por último, son a madeira do teu cadaleito.
Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,
ti que me plantaste coa túa man
e podes chamarme fillo,
ou que me contemplaches tantas veces,
mírame ben, pero...
non me fagas dano.
Rabindranath Tagore
(India 1861-1941)
xoves, 6 de febreiro de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)