sábado, 24 de xaneiro de 2015

Herba da rula / Milfollas - Achillea millefolium

Sinónimos: milfollas-herba-do-soldado
C:  Milenrama, Milefolio,  Milhojas

Identificada nun xacemento de restos de Neanderthal, podería ter formado parte dunha primitiva farmacoloxía desta cultura. Os gregos déronlle o nome de aquilea por Aquiles, sonado pola súa invulnerabilidade ás feridas, que segundo unha lenda sandou con ela a seu amigo Télefo. Os guerreiros levábana coma un remedio case milagreiro nas súas mochilas, polo que foi tamén coñocida coma herba dos soldados
En bótica popular úsanse as cabezas florais ou corimbos en infusión para lavar as feridas externamente. Crese que o milfollas é unha planta poderosa para a maxia alquímica. De aí na antigüidade fora das herbas máis apreciadas polas bruxas, meigas e feiticeiras

Máis na wikipedia

Herba da rabia - Anagallis tenella


Herba acuática. Florece de abril a agosto

C: Anagálide de pantano, Hierba gallinera
P: Persigueira

Herba da prata - Ranunculus omyophyllus/Var-Peltatus


Herba que precisa moita auga

Sinónimos: ouca, arrabaza

Castelán: Hierba Lagunera, Milenrama acuática, Ranúnculo acuático

Más información

Sinonimos das Herbas


Páxina orixinal

Herba concheira - Herba do xabón - Saponaria officinalis L.


 Sinónimos: Albitorno, bataneira, escrofularia, herba coucho, herba curacarne, herba da fame, herba da trolla, herba das escaldadelas, herba das ferreñas, herbas da man, herbas de San Pedro, herba do trollo, herba dos conchos, herba dos lamparóns, herbas dos pés,  herbas dos pitos, herba ferreña, herba nodosa, herba seoane, herba trolla, herba xaboeira, saponaria, xabón de río, zubón.


Foi cultivada a miúdo porque unha vez que esmagadas serviu para substituír o xabón. A maceración da raíz produce unha gran cantidade de escuma, especialmente tras a adición de bicarbonato de sodio. Para o uso mediciñal úsase o rizoma, polo menos de  2-3 anos de idade . É usado para preparar gotas e xaropes para tose,  expectorantes. É diurético e diafoferico (aumenta a transpiración). A raíz é usada para preparar cremas dentais, xabóns  e produtos de limpeza.

Receita para facer xabón con saponaria:

- 50 gr. raíz officinalis Saponaria

- 1 culler de sopa de follas de salvia

- 1 culler de sopa de follas de romeu

- 1 culler de sopa de follas de Artemisa macho (c: abrótano)

- 1 l de auga.

As herbas son colocadas nun recipiente. Férvese a  auga e bótase logo  sobre as follas e raíces da saponaria. Cúbrese  e déixase  descansar por 45 minutos. Cóase  e envásase.

Herba caraveleira - Geum urbano

Tamén chamada Herba de San Bento /Herba Santa
En castelán: Hierba de San Benito.
Planta perenne, que alcanza 20-60 cm. de altura, que florece de maio a agosto no hemisferio norte con flores 1-2 cm. en diámetro e cinco pétalos amarelas brillantes. As flores son hermafroditas, perfumadas e polinizadas por abellas. A froita ten manchas vermellas con garras que prenden á pel de animais como o coello. A raíz é usada como un condimento e sopas. Tamén en aromatizantes  na cervexa inglesa.

Na Idade Media era chamada de "herba santa" ou "herba bendita " porque críase que tiña o poder de protexer dos malos espíritos e animais pezoñentos. A raíz desta planta é levada como un amuleto. No Hortus Sanitatis (libro escrito en 1941) están escritas as propiedades desta planta, e tamén escribiu "Onde a raíz é a casa, Satanás non pode facer nada e se un home leva a raíz del, ningún animal veleno non pode facer nada "

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Geum_urbanum_bgiu.jpg#mediaviewer/File:Geum_urbanum_bgiu.jpg.

Herba carmín - Tintureira - Mexacán - Phytolacca americana

Sinónimos: uvas de tintureiro, uvas de gra.
Planta  é orixinaria de América do Norte, é común en camiños e sitios habitados, con certa humidade. Asilvestrouxe en Galicia en zonas ata 400 metros de altitude.  
Planta herbácea vivaz, aínda que no inverno morre a parte aérea coas xiadas. Baixo terra ten unha raíz que axiña engrosa moito facendo acopio de reservas suficientes para retoñar ante calquera continxencia. Pode pasar de dous metros de altura, presentando un característico talo avermellado e dividido dicotómicamente. As súas follas son ovado-lanceoladas (15-25×5-10 cm.). As flores preséntanse en típicos racimos (10cm) blanco-verdosos que fructifican nunhas baias negro-violáceas cando están maduras.
Esta especie é alóctona, foi introducida fai uns trescentos anos. Procede de Norteamérica.
HÁBITAT
Atópase en xeral en terreos incultos, beiras de camiños… Máis ben en sitios frescos e espacios abertos, sobre todo na zona costeira.
USOS
A planta contén un glucósido saponínico amargo chamado fitolaccina, ademais de levulosa, dextrosa e galactosa. A raíz ten pequenas cantidades dos ácidos fórmico e acético, unha esencia, fitolaccina, tanino, resina e diversos glúcidos. Os froitos teñen, ademais, un colorante chamado roxo de cariofileno.
FITOTERAPIA
1. Consumo
PURGANTE, VOMITIVA. Toda a planta presenta uns efectos tan enérxicos sobor do sistema dixestivo que, soio en situacións moi apremiantes e graves, podería aplicarse. En doses altas, directamente é tóxica.

Herba alleira - Alliaria petiolata

Herba que arrecende a allo cando a frotas.
Non confundila coa planta do allo (Allium sativum)

  Ver fotos

Máis na wikipedia


Herba abelleira - Melissa officinalis


Herba abelleira, cidre,  melisa,  nome que os gregos dan aquelas plantas que as  abellas van  buscar axiña captan  o seu arrecendo aromático como de limón. É bastante común e ben coñecida. Outros din que é nomeado para as súas flores semellan abella. Tense visto acios colocados de herba á beira de novos  enxames para alimentalos.  a súas  propiedades:  tónica, cefálica, ou contra dores de cabeza, cordial, para o estómago, para  fortalecer os nervios,  apetitivas, dixestiva, diurética, diaforetica ou que facilita a transpiración, contra a vertixe,  palpitacións do corazón, histeria. Tómase  como o té.

Información na wikipedia

Información na USC

Herba alabarza - Herba acedeira - Rumex Acetosa

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Eupatorio / Canabina - Eupatorium cannabinum


O eupatorio ou canabina  é unha herba robusta e luxuriosa que medra preto dos cursos de auga. Ten follas compostas, palmadas, con 3 ou 5 folíolos de forma lanceolada e marxe dentada, variables, que recordan a popular folla do cánabo. Pero o eupatorio non está relacionado co cánabo, senón que, a pesar de que non o pareza á primeira vista, pertence á familia compostas. No verán o eupatorio produce grandes inflorescencias en corimbo que conteñen capítulos pequenos de poucas flores tubulosas. Estas flores son brancas e púrpuras, cos pedúnculos e os talos do mesmo ton púrpura contrastado co verde das follas. 
O eupatorio é unha planta amplamente distribuída por case toda Europa.

Etimoloxía.   Eupatorium: nome xenérico que vén do grego e significa "de pai nobre". Cuxo nome se refire a Mitrídates o Grande, que era o rei do Ponto no século I a.C e a quen se lle atribúe o primeiro uso da medicina. De feito, as especies deste xénero, ao longo do tempo, tomaron diversas denominacións vulgares referidas sobre todo á medicina popular, isto serve para resaltar as propiedades de Eupatoria, aínda que actualmente este uso se reduciu algo debido a algunhas substancias hepatotóxicas presentes nestas plantas.
cannabinum: epíteto latino que significa "como o cánabo"

sábado, 3 de xaneiro de 2015

Recipientes para cultivos- Reciclaxe

Clica nas imaxes para ver o artigo

Sistema de rego económico e ecolóxico



Necesitas unha garrafa de auga de 5 litros e unha botella de 1,5 litros, ambas as dúas de plástico, aínda que tamén funcionan co cristal se dispós do material axeitado para cortalas. Terás que cortarlle a base á garrafa grande e a pequena deberás cortala pola metade tal e como se ve no debuxo. Despois pon a pequena sobre a terra, preto da planta, e despois pon a outra sobre ela, máis ou menos centrada, de tal forma que poidas botar a auga sen ter que levantar a garrafa de 5 litros. Arredor da planta e do sistema de riego poñeremos palla ou follas secas (ver imaxes)

venres, 26 de decembro de 2014

Lenda da Herba Mate

Unha tribo indíxena nómade detívose nas ladeiras das serras onde nace o Río Tabay. Cando retomou o seu camiño, un dos membros da tribo, un indio vello e canso polos anos, ficou refuxiado na selva, na compaña da súa filla Yaríi, que era moi bonita. Un día, chegou, ao acocho do vello, un home que posuía unha pel de cor estraña e que se vestía con roupas exquisitas, a quen recibiron con xenerosidade.

O vello ofreceu ao visitante unha carne asada de acutí (Dasyprocta), un roedor da rexión e un prato de tambú, que se prepara cunha larva de carne branca e abundante que os Guaranís crían nos troncos de pindó (palmeira sagrada).

Conta a lenda que o visitante era un enviado do deus do ben, que quixo recompensar tanta xenerosidade proporcionándolles algo que puidesen ofrecer sempre aos seus visitantes e que podería encurtar as horas de soidade ás marxes dos regatos onde descansaban. Para eles, fixo agromar unha nova planta no medio da selva, que chamou de yaríi, deusa que a protexía, e confiou os seus coidados ao seu pai, Cáa Yaráa, ensinándolle a secar os seus ramos ao lume e a preparar unha bebida que poderían ofrecer a todos os que os visitasen. Desde entón, a nova planta crece, ofrecendo follas e pólas para preparar o mate

xoves, 18 de decembro de 2014

Armillaria mellea


Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.
Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.

Curiosidades: Algunhas das  especies de armillaria (fungos do mel)  son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.

Inglés: Honey coloured agaric. Fran: Armillaire coulert de miet,
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi


domingo, 7 de decembro de 2014

Ramaria Cerdedensis, un novo cogomelo dentro da micoloxía

O experto pontevedrés  en micoloxía,  Jaime Blanco Dios,  anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo. 
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur).  O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"

mércores, 3 de decembro de 2014

"Paus Borracho" -Chorisia chodat ou Ceiba speciosa

Flor
Ler máis sobre a Ceiba speciosa

As dúas primeiras fotos son do Pau Borracho que temos no paseo de Rosalía de Castro (parque das palmeiras, a carón da antiga Delegación de Educación)

luns, 24 de novembro de 2014

Achira - "Canna Indica"

É de orixe sudamericana e os arqueólogos encontraron que se cultivaba en Perú hai 4.500 anos. Utilizase por Europa como planta decorativa nos xardíns.
Achira, provén do termo quechua Achuy, cuxo significado primario é "esbirro". A achira tamén é coñecida en Colombia como sagú ou chisgua, en Venezuela como capacho  ou maraca (en a Costa de Paria "Zulú" ou "Pericaguá"), en Perú e Ecuador como achera ou atzera (ou atcera), en Brasil como biri.  En México coñéceselle como acaxochitl e papantla.

Actualmente en Colombia, mediante procesos de agroindustria rural extráese o amidón de achira, o cal á súa vez é utilizado para a elaboración de biscoitos de achira e outros produtos artesanais como bizcochuelos, pan de sagú, colacións e coadas

venres, 14 de novembro de 2014

Plantas de Interior aconselladas pola NASA

Os crisantemos filtran o amoníaco do aire, un químico que adoita encontrarse nos refugallos de orixe animal e os produtos de limpeza.

 Ver as outras

mércores, 8 de outubro de 2014

Barbantesa - Mantis relixiosa


É moi dificil vela , xa que o seu mimetismo é fora de serie e confúndese facilmente co entorno de follas verdes. Se as follas non son verdes tamén se adapta. Os machos son máis pequenos, bastante máis que as femias. Ten moitísimo apetito. É moi, moi voraz. Gústanlle todo tipo de insectos: polillas, grilos, chapulíns e moscas. Incluso é posible que se coman unhas a outras.
O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán.Ten ademais visión binocular que lle permite facer cálculos moi exactos.Dispoñen de una gran campo de visión, con ollos compostos e no medio deles tres simples, ademais a cabeza pode xirar ate 180°
Reprodución:  A barbantesa aparéase a finais do verán, case sempre con tráxicas consecuencias para o macho, xa que moi frecuentemente acaba devorado pola femia durante o apareamento. Os machos acércanse ás femias con moito coidado por atrás. A femia adopta unha actitude pasiva permitindo ao macho o apareamento, si o macho non se pon a salvo a tempo a femia terminara coméndoo como se fose calquera outra presa
Outros nomes: Santateresa - Teresa pon a mesa

IUCA - Árbore do xabón


A  "Yucca  Elata" (árbore xabón)  úsase, entre outras cousas,  para facer xampú. Un pequeno puñado das raíces desta planta ben lavado, cortado e triturado moi finamente, fan un gran xampú. Para evitar o olor a terra que desprenden as raíces, pódeselle engadir á mestura unha podalla de menta. Este xampú déixache o cabelo perfectamente limpo.

Esta planta representa o  Estado de Novo México. 
A  Iuca foi considerada como unha das plantas de deserto máis importantes usadas polos indios do sudoeste de Estados Unidos. A planta usábase, e ússase,  como comida, bebida, deterxente, medicina, roupa, na construción e tamén para fabricar artigos de uso doméstico.

Esta fotos foron sacadas en setembro de 2014 en Campolongo (Pontevedra)

Máis curiosidades