sábado, 14 de febreiro de 2015

Saudable condición

Ten o  aire pola árbore
saudable condición,
ecos doces das aves,
das flores grato olor.
Dan as árbores  a froita,
dan madeira, dan carbón,
a choiva fecunda atraen,
as follas tapan o sol.
Debe o neno ben criado
as árbores  dar  amor,
defender os brotes novos
e evitar a  súa  destrución
e así medraran a un tempo:
árbore e neno, e  os dous
serán útiles ó mundo
e terán a súa bendición

xoves, 12 de febreiro de 2015

A Árbore da Vida - The boabab tree

Algúns troncos excavadas foron utilizados para servir de abrigo a preto de 40 persoas, pode almacenar ata 4.500 litros de auga, as fibras da casca pode ser transformada en corda e pano eas  follas frescas son comidas frecuentemente para estimular o sistema inmunitario.
As propiedades medicinais da froita baobá son : 3 veces máis vitamina C que unha laranxa, un 50% máis calcio do que  unha espinaca, e ten unha fonte abundante de antioxidantes, que axudan, entre outras,  a loitar contra  o risco de cancro e as enfermidades cardíacas.

luns, 9 de febreiro de 2015

Sobre a flora e a vexetación dos ríos na Galiza


Plantas vasculares

As plantas vasculares son as chamadas plantas superiores ou cormófitas que forma parte da flora. A súa principal característica é que presentan unha diferenciación real de tecidos na raíz, talo, follas, e flores. Esta é unha diferenza moi significativa, por exemplo, existen algas que aparentemente teñen raíces pero estas non son células diferenciadas e especializadas para crear un novo tecido cunhas funcións específicas se non que o que cambia é a morfoloxía e non a función

Maís

HERBA-DONA-Fumaria-oficinalis

Moi común en beiras de camiños e cultivos. Tamén coñecida cós nomes de fumaria, herba do fogo, herba molariña, matafogo, pombiña, palomiña, pé de galiña, pomba, peixo de cal, prixel de can ou sangue de Cristo.  O nome científico -fumaria- ten orixe no seu zume, que provoca un bagoar nos ollos coma se de fume se tratase, tendo tamén a planta un certo cheiro a fume.
Posue múltiples aplicacións medicinais. Entre outras, regula a función hepática e máis é diurética e laxante.

Consumida a grandes doses resulta ser tóxica (cardiotóxica), polo que o seu uso debe ser controlado por un especialista.

Perence a mesma familia de plantas que a mapoula (as Papaveráceas). Antigamente, apoñíaselle a esta planta a virtude de atraer o diñeiro: unha infusión de fumaria, espallada por toda a casa unha vez á semana, atraía os cartos




Castelanismos relacionados coas árbores e plantas




domingo, 8 de febreiro de 2015

Un repolo de 57, 61 Kg


Muruxa / Pamplina - Stellaria media



A muruxa é unha planta pequena orixinaria de Europa, aínda que na actualidade  está distribuída en case todo o mundo. Crece en zonas húmidas, terreos abandonados en forma silvestre. En xardíns é unha planta invasora xa que o seu crecemento é difícil de controlar e en xeral considéralla unha mala herba.
Á muruxa coñéceselle con outros nomes populares como herba galiñeira, herba dos canarios, herba paxareira, entre outras. O nome científico é Stellaria media e pertence á familia das Cariofiláceas.
A utilización da planta fresca como remedio caseiro é moi antiga e estendida. Xa que os seus principios activos axudan a tratar varias enfermidades entre elas as da pel.

As calidades medicinais desta planta son: problemas pulmonares e afeccións das vías respiratorias, bronquite, tose, asma, feridas infectadas, ulceras, picaduras de insecto, queimaduras, psoríase, eccemas, sarabullos e erupcións na pel por uso de cueiros nos bebes ou de varíola.

Ademais é un remineralizante corporal en especial polo seu contido de potasio e silicio, tamén favorece a absorción  o ferro, axuda a tratar a conxuntivite, enfermidades reumáticas, hemorraxias nasais, veas varicosas irritadas.
Pódese preparar Infusións de muruxa para beber, ou realizar compresas e apósitos, ungüentos ou pomadas para utilizalo en forma externa.

Esta planta é comestible polo que lla pode consumir como unha verdura crúa en ensalada xa que o seu sabor é agradable, acompañando diferentes comidas.

Esta planta non é toxica polo que non ten efectos negativos na saúde. A única prevención é que polo seu consumo de altas cantidades produce unha acción laxante. O uso desta planta como remedio caseiro é seguro xa que non se rexistran contraindicacións pero sempre é bo consultar ao medico en forma preventiva. (Fotos sacadas de internet)

xoves, 5 de febreiro de 2015

Plantas útiles de Galicia

Clica na imaxe para ver o documento. Poderás atopar moita información das principais herbas (plantas), arbustos de utilidade que se usaron e se usan na mediña popular e non popular.  O seu índice principal é o seguinte:

Parte dunha flor
Especies
Principales maneiras de utilizar as plantas mediciñais
Receitas
Dicionario botánico
Terminoloxía
Bibliografía

Recursos web para a Investigación Ponteciencia sobre "Plantas e Árbores"

1- Fotos das árbores do CEP Campolongo

2- Modelo incompleto de ficha  (Fichas árbores de Campolongo) . Ver "Datos de recollida" para engadir o que lles falta a estas fichas.

3- Nome popular e científico con nº exemplares  das Arbores do CEP Campolongo

5- Fichas árboles do Libro "Arbores da Cidade" (Pontevedra)



Fotos das árbores do CEP Campolongo


Ver "Plantas e arbustos" do CEP Campolongo

Árbores do CEP Campolongo no libro de Jaime Blanco e Amancio Castro

No libro "Pontevedra Arbores da cidade" de Jaime Blanco e de Amancio Castro, podemos atopar unhas fichas das árbores da nosa escola. O libro está dixitalizado e está posto na páxina web do concello. Tamén o podedes ver no Xogo Edilim do Cole
 Nós deixamos aquí un listado das árbores que hai co número de páxina e o número de exemplares que hai (nome científico e popular galego)

O libro podes atopalo na biblioteca do cole.

 Árbores do CEP Campolongo:


1-Páxina 6 (3 exemplares) – Cedrus deodara - CEDRO 
2-Páxina-10 (2)- Chamaecyparis pisifera- “Plumosa” – Alcipreste de Sawara (ciprés dos chícharos) . (Chamai = anano , pisifera do latín pisum (chícharo) 
3-Páxina-14 (4) Cupresus lusitánica - Alcipreste dePortugal
 4-Páxina 22 (3)- Picea abies – Abeto
 5-Páxina 27 (1) Pseudotsuga menziesii - Piñeiro de Oregón
6-Páxina 33 Thuja plicata - “Zebrina”(exterior). Desapareceron coas obras da piscina - Tuia de olor, para sebes, os índios facían as canoas e os totems.
7 -Páxina 36 (1) - Abelia x grandiflora – Abelia 
8-Páxina 43 (4) - Acer pseudoplatanus – Pradairo – (falso plátano, sicómoro)
9- Páxina55 (3) - Betula pubescens – Bidueiro, dido, bídalo
10- Páxina85 (0) – Citrus Sinensis - Laranxeiro. Agora xa non está
11-Páxina 89 (3/4) – Corylus avellana – Abeleira, abelaneira, abelaira.
12 -Páxina 99 (0)- Eriobotrya japonica – Nespereiro. Desapareceu
13- Páxina115 (2) - Fraxinus excelsior – Freixo
14 -Páxina 128 (1) – Laurus Nobilis – Loureiro. Hoxe hai algún máis
15-Páxina 129 (2)- Leptospermum scoparium - Leptospermo 
16-Páxina 133 (2) – Liquidambar styraciflua – Liquidambar 
17- Páxina137 (1) – Magnolia x soulangiana - Magnolia chinesa, magn. De folla caduca
18 -Páxina 140 (3) – Malus domestica - Maceira 
19- Páxina149 (3) – Nerium oleander – Loendro, adelfa 
20-Páxina 157 (2) – Pittosporum tobira - Pitósporo de china (azar de china)
21- Páxina165 (1)- Prunus avium – Cerdeira . Desapareceu
22-Páxina 166 (1) – Prunus cerasifera – Cerdeira xaponesa, abruñeiro de xardín, mirabolano, falsa cerdeira.
23-Páxina 197 (1) – Schefflera arborícola – Falsa Aralia, cheflera 
24-Páxina 208 (1) – Trachycarpus fortunei – Falso palmito, palmeira de abano, palmeira de Fortune.

luns, 2 de febreiro de 2015

Como saben as plantas saben a época en que deben florecer? - Fotoperiodismo

O fotoperiodismo ou fotoperiodicidade é a reacción fisiolóxica dos organismos, plantas e animais, á duración do día (periodo iluminado) ou a noite (periodo escuro) .  Existen Plantas de dia curto (DC),  Plantas de dia longo  (PL)e  Plantas indiferentes (PI)

QUE É UNHA PLANTA VIVAZ E UNHA PERENNE?

As Plantas Vivaces e Perennes son aquelas que poden vivir máis de 2 anos, duran dun ano para outro; non morren coa chegada do inverno, como as de Temporada (Plantas Anuais).

En que se diferencian as Vivaces das Perennes? 
A vizaz murchase no inverno, a perenne non, conserva os seus talos e follas durante todo o ano, incluído o inverno.

Exemplo de planta vivaz: as plantas bulbosas (tulipán, xacinto,...)
Exemplo de planta perenne: hortensia, clavel .....

Comezamos con Pontenciencia


Xa tivemos o 1ª  encontro para comezar as nosas investigacións.  Visitounos nunha das charlas o Concelleiro de Cultura e o Vicerrector da Universidade.
A charla  teórica que nos deu a coordinadora das actividades  (Saleta) foi sobre os pasos que temos que ter en conta para unha boa investigación.

Agora toca repartir o traballo e comezar axiña para que non nos pille o toro.

Que temos que facer? Que imos investigar?

Páxina web onde se irán poñendo as novas

Ver máis   fotos destes primeiros encontros.

NOTA: As bases e demais documentación pódense ver na páxina web do cole PONTENCIENCIA

Nova en Pontevedra Viva

Nova na DUVI

domingo, 1 de febreiro de 2015

Herbas Galegas


Clica na imaxe para ver as Herbas
Aclaración dos   "Datos das fichas das Herbas"
NOTA: Neste documento só aparecen as plantas que teñen como nome vulgar o acompañante de "Herba". 

Fichas árbores Campolongo


Mimosa - Acacia dealbata



Árbore procedente do suroeste de Australia e da illa de Tasmania, foi introducida en Europa no ano 1820, como planta ornamental, pola súa espectacular floración perfumada e o seu carácter temperá. Hoxe en día podemos atopar estas árbores dende a costa ata os 1000 metros de altura, principalmente nas ladeiras de solana, nas ribeiras dos ríos e ó longo das vías de comunicación. A súa expansión polo noso territorio comenzou polo 1940 debido ó seu uso para asentar os taludes do ferrocarril, extendéndose por gran parte da rede ferroviaria e de ahí espallándose polas estradas. O papel de especie ideal para fixar os terreos de ladeiras abruptas, viña avalada por unha serie de características como son: Rápido crecemento e expansión, fundamentalmente pola producción de chupóns a partires das raíces. Acadar a madurez moi cedo, ós 3 ou 4 anos xa poden producir sementes que poden persistir no solo con capacidade para xermolar durante 50 anos. Resisten moi ben os lumes e as cortas, ata incluso rexeneran con máis forza, producindo vástagos a partir de xemas durmintes de debaixo da codia. Por seren unha leguminosa, como o toxo ou a xesta, posúe a capacidade de mellorar a fertilidade do solo ó ser capaz de fixar nitróxeno atmosférico.

As mimosas, pese a levar con nós tan pouco tempo, aparecen integradas no folclore galego de xeitos diversos, sobre todo relacionadas coa súa floración temperá: utilízanse as súas flores para decorar as casas, e incluso os parachoques dos automóviles no entroido. No Carballiño lévase a cabo dende hai anos a Festa da Mimosa, un recital poético no que se ensalza a floración desta planta como sinal da fin do inverno e a inminente chegada da primavera. As varas dos chupóns do ano utilízanse no Ribeiro para atar e guiar as viñas, e noutros lados como guías de plantas gabeadoras comos as fabas ou os chícharos.
Xunto co emú e o canguro, representa o emblema nacional de Australia, aparecendo no escudo da nación. Obviamente é neste país onde as mimosas posúen máis aplicacións:

· Co exudado das plantas, o que os ingleses chaman gum, previamente disolto en auga, faise unha bebida azucrada. O mesmo gum disolto en auga e fervido no leite usábano os primeiros colonos europeos para curar a disentería e as diarreas.
· Os aboríxenes fabrican boomerangs coa súa madeira e fan infusións coa codia para remediar a indixestión.
· A codia presenta unha grande cantidade de taninos que se usan para o curtido de peles. Este uso fixo que fora introducida en Sudáfrica, onde tamén é unha praga.
· As follas producen pigmentos amarelos ou verdes dependendo do tipo de mordente que se use: Aluminio, cromo ou cobre.
· Moi usada para aillar esencias sobre todo para uso en perfumeria.
· En Tasmania é moi utilizada en ebanistería e para fabricar pasta de papel.
· É un excelente hábitat, pois atrae ás cotorras e as cacatúas en busca de insectos e das súas sementes, e a algún marsupial, como os esquíos marsupiais que se alimentan do gum. Infinidade de escarabellos e formigas dependen das súas follas e das súas sementes.

Ver máis na fonte orixinal deste artigo

Herba do aire/Ninfea/Nenúfar - Nymphaea alba

G: Herba do aire , Herba da fístula, Golfán, Tapadeiras, Ambroíño de río, tapadeiras, nenúfar
C: Nenúfar, Escudete de río, Ninfea, Lirio acua´tico, Higo de río, Coberteras, aguapé blanco, azucena de agua, escudete de Europa, golfán blanco o rosa de Venus.  Máis

As tapadeiras aparecen en ríos de pouca corrente e lagoas de toda Galiza onde florea entre xuño e xullo. O nome de tapadeira fai referencia ao xeito de cubrir ou tapar a tona da auga coas súas follas. O termo ambroíño de río fai referencia á forma do froito, coma un ambroíño (unha ameixa)

Hábitat: cursos de auga tranquilos e os estanques nas rexións mornas de Europa. Soporta tamén augas contaminadas

Usos: A utilización xeral é como ornamental.  As sementes poden usarse como sucedáneo do café e as flores poden conservarse en moira. 

Lenda de Cupido e Ninfea

Castiñeiro


Sabugueiro


sábado, 31 de xaneiro de 2015

Amaranto ou Bledo - Amaranthus retroflexus

Etimoloxía: flor que non se marchita.

Consúmese como verdura en varios lugares do mundo, pero débese tirar a auga con que se coce, porque, como as espinacas, contén oxalatos solubles que non se deben inxerir en exceso, porque son prexudiciais para os riles (os cálculos renais máis frecuentes son de oxalato de calcio) e as articulacións. As súas sementes tamén son comestibles e pódense moer para facer fariña. Foi utilizado como alimento e para facer medicamentos por moitos grupos de nativos americanos,  as follas de bledo son a base do "thora" , un prato moi popular. O gando vacún e os porcos, se son alimentados con grandes cantidades de bledo , poden enfermar.


Máis

Glosario básico sobre as plantas

Planta vivaz: Dise daquelas plantas que viven como mínimo tres anos, entre elas as árbores.

O basónimo é un termo usado na nomenclatura biolóxica e que consiste no nome científico baixo o cal foi orixinalmente nomeado ou catalogado un taxon.

Plantas autóctonas, alóctonas, invasoras, naturalizadas, invasoras e malas herbas

As plantas autóctonas son aquelas que se orixinaron nun territorio ou chegaron ata el sen invervención humana (sexa esta intencionada ou non) procedentes da área onde se orixinaron.

As plantas alóctonas, ou exóticas, son as que se encontran nun territorio debido á introdución intencionada ou accidental por parte do home, ou que chegaron sen intervención do home dende territorios onde son alóctonas.

As plantas naturalizadas son aquelas plantas alóctonas que conseguen establecerse no medio natural: manteñen as súas poboacións polo menos durante 10 anos, sen intervención directa do home, mediante o recrutamento de sementes ou órganos vexetativos capaces de desenvolverse por si mesmos.

As plantas invasoras son aquelas plantas naturalizadas capaces de producir descendencia, a miúdo en grán número e a considerable distancia dos proxenitores, tendo polo tanto a capacidade potencial de estenderse nun amplo territorio.

Para considerar unha planta invasora algúns autores consideran un requisito adicional que produzan impactos negativos sobre a biodiversidade, como sucede na definición de UICN (2000): planta invasora é aquela especie alóctona que se establece en hábitats ou ecosistemas naturais ou seminaturais e que é un axente de cambio e ameaza da biodiversidade natural.


As malas herbas, que constitúen a "flora arvense ", son en ocasións plantas invasoras, pero non sempre; a súa principal característica é que crecen en lugares onde non se desexa a súa presenza e que normalmente teñen efectos económicos ou ambientais en actividades agrícolas ou forestais.