Amosando publicacións coa etiqueta Paseo Valle Inclán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paseo Valle Inclán. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de xaneiro de 2015

Mirtilo da Nova Zelanda - Eugenia myrtiflora



Fotos polo Paseo de Valle Inclán, por enriba do río Ghafos canalizado, Pontevedra. No xardín do escola infantil da Xunta de Galicia.


A Eugenia myrtifolia da família das mirtaceae, é orixinária da Nova Zelanda. O nome vulgar, na Nova Zelanda é mirtilo vermelho. É unha planta que agora aparece facilmente como ornamental nos viveiristas. Aguanta moi ben o Inverno . O froito é comestível con unha textura esponxosa e con un sabor saboroso. É usado para facer compotas e doces. 
O melro (turdus merula), aprecia bastante os froitos.

Consultado na wikipedia e tamén Un amador da natureza

domingo, 13 de abril de 2014

Xazmin - Jasminum

                                                                              Ver ficha

Jasminum polyanthum- Xazmin  No muro da nosa escola, en fronte a porta principal, temos a esta planta trepadora, logo tamén se pode atopar no Paseo Valle Inclán, por riba do río "Ghafos" (parte canalizada en Campolongo). Exactamente na gardería que ten nesta zona a Xunta de Galicia.   A palabra xazmín significa "Agasalllo de Deus".  Co esta flor, no sur ,  fanse biznagas.
Ademais da súa beleza e o seu perfume, dise que as biznagas serven para espantar ós mosquitos nas noites de verán. A biznaga é un dos símbolos populares da Costa do Sol. Dicir que hai varios tipos, as que temos neste paseo teñen un arrecendo un pouco  forte e raro. Hai outras con un olor máis agradable.  
Na segunda foto, debaixo dos xazmín hai unha especie de abutilón.
Ver a flor e a folla