Este é un dos libros adicados ó río que pasa pola beira da nosa escola , aínda que, na opinión de moitos, tristemente canalizado, no noso tramo, o urbano. Por estes lares chamábanlle río da Estación, río de Campolongo, río Menexo, río da "Tablada" .... e tamén río dos Gafos ou Ghafos, que vén sendo este o nome máis usado por esta zona do río.
O libro témolo na biblioteca do cole, donado pola Asociación Vaipolorío, para lecer de todos os que queiran coñecer o Patrimonio Inmaterial que nel se desenvolveu ó longo de moitos séculos. Nel atópanse a toponimia, as cantigas, os refráns, as adiviñas e a fraseoloxía que xurdiu coa auga que flúe dende o Mato da Xesteira, onde nace o río, e cos "reghatos" que o alimentan ó longo do seu curso.
A presentación do libro pódese ver no blogue do autor (Calros Solla)
Outro dos libros da Asociación Vaipolorío, é o "Poema Río Gafos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario