A "Yucca Elata" (árbore xabón) úsase, entre outras cousas, para facer xampú. Un pequeno puñado das raíces desta planta ben lavado, cortado e triturado moi finamente, fan un gran xampú. Para evitar o olor a terra que desprenden as raíces, pódeselle engadir á mestura unha podalla de menta. Este xampú déixache o cabelo perfectamente limpo.
Esta planta representa o Estado de Novo México.
A Iuca foi considerada como unha das plantas de deserto máis importantes usadas polos indios do sudoeste de Estados Unidos. A planta usábase, e ússase, como comida, bebida, deterxente, medicina, roupa, na construción e tamén para fabricar artigos de uso doméstico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario