venres, 6 de marzo de 2015

" O Xigante" / "O ciprés de Montezuma" - Taxodium mucronatum





 Tamén  conocido como ahuehuete, sabino, ciprés mexicano .

Un dos máis famoso é este das imaxes : O ciprés mexicano chamado "O Xigante" ou "A Árbore do Tule" está no adro da igrexa de Santa María del Tule, Oaxaca, México e ten o récord mundial de ser a árbore máis grosa do planeta. Segundo datos da Secretaría de Desenvolvemento Urbano e Ecoloxía (SEDUE) ten un diámetro de 14,05 metros, unha altura de 41,85 metros e un peso de 636,107 toneladas. O seu perímetro alcanza os 46 m.

Este ahuehuete está en competencia coas secuoias (árbore xigante, Sequoiadendron giganteum ) de California, EUA que chega a alcanzar preto de 9 metros de diámetro na base do madeiro e máis de 90 metros de altura, o que os fai ser das árbores máis voluminosas da Terra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario