En moitos parques utlizanse arbustos decorativos, normalmente polas súas flores. Este que vemos aquí tamén se atopa en Campolongo. Agora mesmo temos un na rúa Alcalde Hevia, nos xardíns que inician a curva con Iglesias Vilarelle.
A Rhaphiolepis (sen. Raphiolepis Lindl.) é un xénero de 15 especies de arbustos perennes ou pequenas árbores pertencentes á familia Rosaceae, nativo das rexións mornas e subtropicais deste e sueste de Asia, dende o sur de Xapón, sur de Corea e sur de China ata Thailandia e Vietnam. . As especies varían de tamaño, soamente algúns alcanzan 1-1.5 metros de altura, mentres que R. ferruginea pode alcanzar os 10 m. As follas son alternas, coriáceas, simples e de cor verde escuro con 3-9 cm de lonxitude, coas marxes enteiras ou dentados. As flores son brancas ou rosadas con 1-2 cm de diámetro, producíndose en pequenos ou grandes corimbos. Os froitos son como pequenas mazás de 2 cm de diámetro de cor púrpura escura a negro que contén unha soa semente (poriso tamén se lle chama "Manzanillo". Pódense comer unh
a vez cocidos. Tamén se fan marmeladas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario