xoves, 22 de xaneiro de 2015

Eupatorio / Canabina - Eupatorium cannabinum


O eupatorio ou canabina  é unha herba robusta e luxuriosa que medra preto dos cursos de auga. Ten follas compostas, palmadas, con 3 ou 5 folíolos de forma lanceolada e marxe dentada, variables, que recordan a popular folla do cánabo. Pero o eupatorio non está relacionado co cánabo, senón que, a pesar de que non o pareza á primeira vista, pertence á familia compostas. No verán o eupatorio produce grandes inflorescencias en corimbo que conteñen capítulos pequenos de poucas flores tubulosas. Estas flores son brancas e púrpuras, cos pedúnculos e os talos do mesmo ton púrpura contrastado co verde das follas. 
O eupatorio é unha planta amplamente distribuída por case toda Europa.

Etimoloxía.   Eupatorium: nome xenérico que vén do grego e significa "de pai nobre". Cuxo nome se refire a Mitrídates o Grande, que era o rei do Ponto no século I a.C e a quen se lle atribúe o primeiro uso da medicina. De feito, as especies deste xénero, ao longo do tempo, tomaron diversas denominacións vulgares referidas sobre todo á medicina popular, isto serve para resaltar as propiedades de Eupatoria, aínda que actualmente este uso se reduciu algo debido a algunhas substancias hepatotóxicas presentes nestas plantas.
cannabinum: epíteto latino que significa "como o cánabo"

sábado, 3 de xaneiro de 2015

Recipientes para cultivos- Reciclaxe

Clica nas imaxes para ver o artigo

Sistema de rego económico e ecolóxico



Necesitas unha garrafa de auga de 5 litros e unha botella de 1,5 litros, ambas as dúas de plástico, aínda que tamén funcionan co cristal se dispós do material axeitado para cortalas. Terás que cortarlle a base á garrafa grande e a pequena deberás cortala pola metade tal e como se ve no debuxo. Despois pon a pequena sobre a terra, preto da planta, e despois pon a outra sobre ela, máis ou menos centrada, de tal forma que poidas botar a auga sen ter que levantar a garrafa de 5 litros. Arredor da planta e do sistema de riego poñeremos palla ou follas secas (ver imaxes)

venres, 26 de decembro de 2014

Lenda da Herba Mate

Unha tribo indíxena nómade detívose nas ladeiras das serras onde nace o Río Tabay. Cando retomou o seu camiño, un dos membros da tribo, un indio vello e canso polos anos, ficou refuxiado na selva, na compaña da súa filla Yaríi, que era moi bonita. Un día, chegou, ao acocho do vello, un home que posuía unha pel de cor estraña e que se vestía con roupas exquisitas, a quen recibiron con xenerosidade.

O vello ofreceu ao visitante unha carne asada de acutí (Dasyprocta), un roedor da rexión e un prato de tambú, que se prepara cunha larva de carne branca e abundante que os Guaranís crían nos troncos de pindó (palmeira sagrada).

Conta a lenda que o visitante era un enviado do deus do ben, que quixo recompensar tanta xenerosidade proporcionándolles algo que puidesen ofrecer sempre aos seus visitantes e que podería encurtar as horas de soidade ás marxes dos regatos onde descansaban. Para eles, fixo agromar unha nova planta no medio da selva, que chamou de yaríi, deusa que a protexía, e confiou os seus coidados ao seu pai, Cáa Yaráa, ensinándolle a secar os seus ramos ao lume e a preparar unha bebida que poderían ofrecer a todos os que os visitasen. Desde entón, a nova planta crece, ofrecendo follas e pólas para preparar o mate

xoves, 18 de decembro de 2014

Armillaria mellea


Estes días estamos a ter unha invasión deste cogomelos. A foto está sacada en Campolongo, Pontevedra, detrás da igrexa. O toco é dun salgueiro chorón.
Armillaria mellea é un fungo que pode ser patóxeno para as plantas. Causa podremia das raíces en moitas especies de plantas. O cogomelo é comestible pero certas persoas poden ser intolerantes a elas. O fungo produce en determinados momentos cogomelos arredor da base das árbores infectadas. Dado que o fungo produce podremia radicular os síntomas principais detéctanse nas copas das árbores e a morte ou murchamento de ramas. Esta especie é capaz de producir luz por bioluminiscencia.

Curiosidades: Algunhas das  especies de armillaria (fungos do mel)  son os organismos máis lonxevos e grandes do planeta, como por exemplo a armillaria ostoyae, que pode cubrir 8 ou 9 kilometros cadrados e vivir milleiros de anos.

Inglés: Honey coloured agaric. Fran: Armillaire coulert de miet,
Ital: Chiodino. Alem: Honiggelber Hallimasch. Eusk: Bizkarroi. Cat: Alzinoi


domingo, 7 de decembro de 2014

Ramaria Cerdedensis, un novo cogomelo dentro da micoloxía

O experto pontevedrés  en micoloxía,  Jaime Blanco Dios,  anunciou o descubrimento dunha nova especie de cogomelo. Este novo fungo foi recollido en varias ocasións ao longo deste outono no lugar de Cabenca, pertencente ao Concello de Cerdedo. 
Segundo informou o experto, esta nova especie nace sobre madeira podre de carballo (Quercus robur).  O seu descubridor decidiu bautizala co nome de Ramaria Cerdedensis.
O nome específico (cerdedensis) vai dedicado ó concello de Cerdedo, única localidade onde se recolleu ata o momento..
"As diferenzas con outras da súa familia deben verse no microscopio porque a simple vista non se aprecian. Non obstante non son moi frecuentes este tipo de cogomelos de coral en Galicia. Neste lugar non obstante hai varias xuntas. O problema de descubrir unha especie nova é que moitas veces non sabes o rara que é. Todo depende dunha combinación de humidade e temperatura"

mércores, 3 de decembro de 2014

"Paus Borracho" -Chorisia chodat ou Ceiba speciosa

Flor
Ler máis sobre a Ceiba speciosa

As dúas primeiras fotos son do Pau Borracho que temos no paseo de Rosalía de Castro (parque das palmeiras, a carón da antiga Delegación de Educación)

luns, 24 de novembro de 2014

Achira - "Canna Indica"

É de orixe sudamericana e os arqueólogos encontraron que se cultivaba en Perú hai 4.500 anos. Utilizase por Europa como planta decorativa nos xardíns.
Achira, provén do termo quechua Achuy, cuxo significado primario é "esbirro". A achira tamén é coñecida en Colombia como sagú ou chisgua, en Venezuela como capacho  ou maraca (en a Costa de Paria "Zulú" ou "Pericaguá"), en Perú e Ecuador como achera ou atzera (ou atcera), en Brasil como biri.  En México coñéceselle como acaxochitl e papantla.

Actualmente en Colombia, mediante procesos de agroindustria rural extráese o amidón de achira, o cal á súa vez é utilizado para a elaboración de biscoitos de achira e outros produtos artesanais como bizcochuelos, pan de sagú, colacións e coadas

venres, 14 de novembro de 2014

Plantas de Interior aconselladas pola NASA

Os crisantemos filtran o amoníaco do aire, un químico que adoita encontrarse nos refugallos de orixe animal e os produtos de limpeza.

 Ver as outras

mércores, 8 de outubro de 2014

Barbantesa - Mantis relixiosa


É moi dificil vela , xa que o seu mimetismo é fora de serie e confúndese facilmente co entorno de follas verdes. Se as follas non son verdes tamén se adapta. Os machos son máis pequenos, bastante máis que as femias. Ten moitísimo apetito. É moi, moi voraz. Gústanlle todo tipo de insectos: polillas, grilos, chapulíns e moscas. Incluso é posible que se coman unhas a outras.
O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán.Ten ademais visión binocular que lle permite facer cálculos moi exactos.Dispoñen de una gran campo de visión, con ollos compostos e no medio deles tres simples, ademais a cabeza pode xirar ate 180°
Reprodución:  A barbantesa aparéase a finais do verán, case sempre con tráxicas consecuencias para o macho, xa que moi frecuentemente acaba devorado pola femia durante o apareamento. Os machos acércanse ás femias con moito coidado por atrás. A femia adopta unha actitude pasiva permitindo ao macho o apareamento, si o macho non se pon a salvo a tempo a femia terminara coméndoo como se fose calquera outra presa
Outros nomes: Santateresa - Teresa pon a mesa

IUCA - Árbore do xabón


A  "Yucca  Elata" (árbore xabón)  úsase, entre outras cousas,  para facer xampú. Un pequeno puñado das raíces desta planta ben lavado, cortado e triturado moi finamente, fan un gran xampú. Para evitar o olor a terra que desprenden as raíces, pódeselle engadir á mestura unha podalla de menta. Este xampú déixache o cabelo perfectamente limpo.

Esta planta representa o  Estado de Novo México. 
A  Iuca foi considerada como unha das plantas de deserto máis importantes usadas polos indios do sudoeste de Estados Unidos. A planta usábase, e ússase,  como comida, bebida, deterxente, medicina, roupa, na construción e tamén para fabricar artigos de uso doméstico.

Esta fotos foron sacadas en setembro de 2014 en Campolongo (Pontevedra)

Máis curiosidades

domingo, 28 de setembro de 2014

Dama Espida - Amarillis belladona



Amaryllis belladonna é unha planta perenne e bulbosa nativa de Sudáfrica, a característica máis destacada é que as súas flores atrompetadas aparecen antes que as follas

Amaryllis: nome xenérico que se toma dunha frase na pastoral de Virgilio "Églogas", no idioma grego αμαρυσσω, (Latín amarysso) significando "para encender."4

Belladonna: epíteto latino que significa "bella dama"

Nomes comúns:  Amariles, azucena de San Miguel, azucena de Santa Paula, Azucena de Marzo, Azucena Rosada, a sogra e a nora, puta pobre, setembreiras.  Anuncian o final do verán... 

Nome en inglés:  Naked-Ladies

NOTA:  É doado vela en moitos sitios pola súa adaptación ó medio. Non precisa de moitos coidados.

Alfábega - Albaca Silvestre - Galisoga Parviflora


Orixinaria de América. En Colombia chámanlle guascas. Pódese comer

Galinsoga: nombre xenérico otorgado en honor del médico español Ignacio Mariano Martínez de Galinsoga
Parviflora: epíteto latino que significa "con pequenas flores".

Non ten nada que ver coa albaca común

Bidentes - Bidens tripartita

Planta anual da tribo das senecionídeas (sic), de flores amarelas e follas partidas con lóbulos lanceolados. Crece nos terreos húmidos e marxes dos regueiros.
Florece en agosto-outubro

Foto sacada polo río  "Ghafos"  (Pontevedra)

mércores, 13 de agosto de 2014

Andar primeiro de río

Este é un dos libros adicados ó río que pasa pola beira da nosa escola ,  aínda que, na opinión de moitos, tristemente canalizado, no noso tramo, o urbano. Por estes lares chamábanlle río da Estación, río de Campolongo, río Menexo, río da "Tablada" .... e tamén río dos Gafos ou Ghafos, que vén sendo este o nome máis usado por esta zona  do río.
O libro témolo na biblioteca do cole, donado pola Asociación Vaipolorío, para lecer de todos os que queiran coñecer o Patrimonio Inmaterial que nel se desenvolveu ó longo de moitos séculos. Nel atópanse a toponimia, as cantigas, os refráns, as adiviñas e a fraseoloxía que xurdiu coa auga que flúe dende o Mato da Xesteira, onde nace o río, e cos "reghatos" que o alimentan ó longo do seu  curso.

A presentación do libro pódese ver no blogue do autor (Calros Solla)

Outro dos libros da Asociación Vaipolorío, é o "Poema Río Gafos"