Outros nomes: Herba apegalosa, albahaca de río, caracolera ,,,
Virtudes: As súas calidades son principalmente diuréticas e emprégase nos casos de cálculos renais ou vesiculares, así como na cistitis, ou nas retencións de ouriños.
As virtudes da parietaria son coñecidas desde a antiguedade: Plinio o Vello, no século I, relata a eficacia desta planta no tratamento dun escravo que se caeu desde o alto dun muro.
Emoliente e depurativa, é máis activa cando se utiliza fresca; seca perde parte das súas calidades, a menos que se garde nun tarro pechado hermeticamente.
A presenza de salitre na planta aconsella conservala en lugar seco en evitación de fermentacións prexudiciais.
Co fin de facer máis aceptable o sabor desagradable das infusións e decoccións, que non a todos pode resultar tolerante, aconséllase engadir unhas pingas de zume de limón ou de laranxa, ou ben un pedacito de cortiza dun dos dous froitos indicados.
Partes utilizadas: Parte aérea da planta, follas peladas, mollo; secado rápido á sombra.
Compoñentes activos: Nitrato potásico, calcio, pigmentos flavónicos, xofre, mucílago, e outras sustancias ata agora descoñecidas.
Propiedades: Diurético,depurativo, emoliente, refrescante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario