Entrando no Parque do Cogomelo. Os froitos son comestibles. Tardan un ano en madurar.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
As fotos forons sacadas en Marzo de 2016.
O alvedro, arbusto que tamén ten as voces de érbedo, medroñeiro, albeldreiro ou morateiro entre outras moitas. O nome científico é Arbutus unedo, e podemos tirar del unha información ben curiosa. Arbutus é diminutivo de arborque indica que é un arbusto, aínda que tamén pode facer referencia á súa cortiza rugosa arboix. Pola súa parte, unedo vén de unum que é un, e edo, que é comer. Arbusto do que se podecomer un, facendo referencia aos seus froitos que se deben comer en pequenas cantidades xa que cando as bagas están moi maduras teñen gran cantidade de alcol. Ervedelo, como o barrio de Ourense, díselle ao conxunto de érbedos, que teñen agora as flores xunto aos froitos que moita fauna agradece. Dicir tamén que é especie que ten unha madeira moi dura e valorada para torneiria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario