domingo, 26 de novembro de 2017

Correola

Da wikipedia: As correolas son plantas pertencentes ao xénero Convolvulus que conta cunhas 250 especies de plantas de flor na familia Convolvulaceae. Distribúense en moitas rexións temperadas. Son plantas de porte fino e miúdo, rubideiras e moitas con hábitos rastreiros. Teñen follas simples, en espiral e flores anchas con forma de trompeta.
Comúns en Galiza, reciben tamén os nomes dialectais de corriola, corregola e corregota.



"Teño unha hèrba n'a horta
que lle chaman correòoa.
Para falar ti comigo,
còmprech'un ano d'escola"

Ningún comentario:

Publicar un comentario