|
Profundidade do río 20 cm de media |
|
Ánades |
|
Collendo auga par analizar a calidade |
|
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga" |
|
Nudosillas (Plantas invasoras) |
|
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga |
Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o
caudal do río do noso tramo no
Proxecto Ríos, xunto con algún peixe
(escalo) e algunhas
"Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas foi a
"Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos a
"Nudosilla", invasora pero non tanto como a
"Tradescantia" ou Amor de home . Faltábanos ver a
velocidade da auga para saber o caudal,
para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo
dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26" =
0,3846 m/s . O outro dato sacámolo da
anterior saída que fixemos,
sección: anchura (m) x profundidade (m), 7m x 0,20 m = 1, 4 m². A
ncho do río (
7 metros) x
profundidade da auga
0,20 m (de media
) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m. Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final para calcular o
caudal :
sección x velocidade ( 1, 4 m² x
0,3846 m/s ) e deunos
0, 53844 m³ /s.
Expresado
en litros seria
53, 844 l (por segundo).
Nota: Recordamos que
1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola
recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos.
Máis na
Etiqueta Proxecto ríos
Ningún comentario:
Publicar un comentario