|
Fonte dos pasais |
|
Na zona do Gorgullón. Final do noso tramo |
|
De volva coas plantas |
|
Medindo a profundidade do río |
|
Con ánades polo río |
|
Con un colar de vimbia |
|
Malvas |
|
Con estraloque na man |
Despois de coñecer as
árbores da Escola e un pouco as do
Parque de Campolongo (roteiro das
Camelias , roteiro dos
Magnolios ) , hoxe tocou andar un pouco polo río Gafos para ver o que por alí atopabamos. Foron moitas cousas, algunhas plantas clasificámolas co nome de
"Herbas de San Xoán" (Velas en
Ríos Galegos) .
Recollimos unha mostra dalgunhas para facer un pequeno herbario con elas:
Malva, Fento Macho, Loureiro, Sabugueiro, Estraloque ..Se cadra igual facemos tamén o coñecido "
Cacho". As outras que tamén atopamos, meterémolas tamén nun Herbario que intentaremos facer:
carballo, ameneiro, salgueiro, ruscus, acacias, herba de namorar, celidonia (a que pinta).... Aproveitamos tamén para medir o
ancho do río dentro da nosa zona de estudo, foron 7 metros, e a
profundidade de auga nese momento, era 38 cm. Cando midamos a
velocidade da auga polo río axiña saberemos o
caudal do río: cantidade de litros que pasan por segundo por unha zona do río.
Ver máis fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario