xoves, 14 de abril de 2016

A Farga de Arion, oliveira de 1701 anos


A Farga de Arion, en Ulldecona, foi plantada alá polo ano 314, en tempos do emperador Constantino I (306-337 dC.). Un estudo da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), dirixido polo catedrático de Dasometría da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes, Forestais e de Medio Natural, Antonio Prieto, determinou que a famosa oliveira ten unha idade estimada de 1.701 anos.
A oliveira monumental de Ulldecona é a árbore datada máis antigo da Península e está así mesmo entre os máis vellos de todo o mundo, segundo revela esta investigación.
A Farga do Pou do Mais, que se atopa na Jana (Castelló), conta cunha idade estimada de 1.182 anos e sería plantado no 833, durante o emirato de Abderramán II (822 a 852 dC.).
Os traballos de datación centráronse no estudo do perímetro do tronco das árbores a 50 centímetros do chan e, con telemetría láser, levantouse a sección que permitiu efectuar os cálculos específicos para coñecer a idade da árbore. Un procedemento que se utilizou como alternativa a outros métodos, como o carbono 14 ou a medición dos aneis de crecemento, que non se puideron aplicar neste proxecto.
O Territorio do Sénia, formado por 27 pobos valencianos, cataláns e aragoneses, conserva a maior concentración de oliveiras monumentais do mundo: 4.798 de máis de 3,50 metros de perímetro de tronco a 1,30 metros do chan, repartidos por 22 pobos.

Sacado e traducido de ABC 

Ningún comentario:

Publicar un comentario