luns, 20 de abril de 2015

Paxariños - Herba dos pitos - Aquilegia vulgaris


N:C:: Aquileña, pelícanos,clérigos boca abaixo.

Antíguamente as sementes empregáronse para facer perfumes afrodisíacos e dise que as cortesás as masticaban para exercer mellor o seu oficio, as vestales romanas (virxes consagradas) tiñan prohibido o contacto con esta pranta. Foi cultivada nos xardíns medievais.
As sementes, moídas e maceradas en aceite de oliva, poñense na cabeza para repeler os piollos
É antipirético, astringente, depurativo, diurético, diaforético e urocolítico. Externamente pode aplicarse en compresas, como antiflogístico, nos casos comúns de dermatosis.
Recomendase non experimentar con esta flor, pois contén acedo cianhídrico. O envelenamento produce a morte por parálise cardíaca ou respiratoria.
A casa de Guisa, na Francia renacentista, fixo desta flor o seu escudo de armas. Os contrabandistas navarros usábana como amuleto cando ían cruzar a fronteira.

Fonte

Ningún comentario:

Publicar un comentario