O aro xigante é unha planta endémica de Sumatra occidental, sendo o seu hábitat principal as selvas deste país, onde habita xunto á outra coñecida como flor cadáver, a rafflesia. Tamén se pode encontrar está planta en xardíns botánicos repartidos polo mundo ou mesmo en xardíns coleccionistas privados.Se nos referimos ás características físicas desta planta, como se observa a simple vista, é espectacular; a súa forma, a súa estrutura é moi similar á que podemos ver un lirio ou cala, é dicir, unha espádice xigante protexida por unha espata a cal ten unha cor verde por fóra e un intenso burdeos no interior ademais de posuír uns profundos sucos.
Na mesma inflorescencia, na mesma espádice se encontran as flores femininas (parte inferior) e as flores masculinas (parte inferior) pero ábrense en diferentes momentos para evitar a auto-polinización.
É tamén característico desta planta o seu olor, ao igual que a rafflesia, a carne podre, co mesmo motivo de atraer as moscas ; para desprender ese olor, a espádice alcanza unha temperatura relativamente elevada.
Quizais o crecemento de está planta, xunto coa súa floración poden ser un dos acontecementos máis impresionantes que nos deixa a natureza. Esta planta preséntase nun bulbo, tamén de dimensións nada desdeñables, en bulbo máis grande coñecido chegou a pesar os 50 kg; de este bulbo crece un único talo e unha única folla. A súa floración é un acontecemento que se repite 3 ou 4 veces nos aproximadamente 40 anos de vida da planta, osea, 1 vez cada 10 anos; o crecemento é duns 10 cm nun día ata alcanzar os 2,5 metros de altura e peso de ata 70 kg; cando rematar de florecer, a flor só dura uns 3 días. Actualmente, é máis común poder asistir á floración de varios exemplares de aro xigante por todo o mundo, debido ao seu cultivo cada vez máis frecuente en xardíns botánicos.
Familia: araceae // Especie: amorphophallus titanum
Fonte de información: Blog
Ningún comentario:
Publicar un comentario