venres, 19 de febreiro de 2016

As árbores salvan vidas


"Constituíndo un estudo sen precedentes, científicos do Servizo Forestal de Estados Unidos mediron a magnitude dos efectos dos bosques sobre a calidade do aire e a saúde humana. Segundo os seus cálculos, as árbores ao redor do país salvan a vida de máis de 850 persoas cada ano e preveñen ao redor de 670,000 casos de síntomas respiratorios agudos. 
Desde hai tempo sábese que as árbores filtran a contaminación do aire, xa que a súa superficie intercepta as partículas nocivas. Ademais de absorber dióxido de carbono e emitir osíxeno, tamén eliminan outros gases tóxicos ó  absorbelos mediante os estomas das follas, é dicir, os pequenos poros que atravesan a epidermis das plantas. Con todo, ata agora descoñecíase o valor dos efectos da vexetación no aire. 

Os investigadores Dave Nowak e Eric Greenfield, xunto cos seus colegas, utilizaron simulacións computarizadas e datos ambientais locais para descubrir que as árbores e bosques en Estados Unidos foron responsables de eliminar 17.4 millóns de toneladas de contaminantes do aire en 2010. O estudo baseouse en catro contaminantes: dióxido de nitróxeno, ozono, dióxido de xofre e partículas aerodinámicas menores a 2.5 micras de diámetro. 

A contaminación do aire ten graves efectos sobre a saúde, incluíndo problemas no sistemas vascular, cardíaco, respiratorio e neurolóxico. Tamén se ligou cun maior risco de padecer autismo e cancro. Debido ó perigo que representa, a OMS declarou a contaminación do aire o "risco ambiental para a saúde máis grande do mundo".

Dados os resultados, os investigadores conclúen que é de suma importancia incrementar o número de árbores nas zonas urbanas.canto máis densos sexan os bosques, maior será a cantidade de contaminantes eliminados do aire e máis notorios os beneficios á saúde".   (Muy Interesante)

Ningún comentario:

Publicar un comentario