luns, 6 de abril de 2015

Aro Xigante ou Flor Cadáver Familia: araceae Especie: amorphophallus titanum

O aro xigante, aro de titam ou flor cadáver como tamén é coñecida, é unha planta herbácea, turberosa e que posúe a inflorescencia máis grande do mundo; un exemplo moi claro de porque tamén se coñece como a flor máis grande do mundo é un exemplar da Universidade de Bonn en Alemaña que medía máis de 2,5 metros de altura, aínda que xa en 2010 se coñeceu un exemplar que pasou os 3 m de altura en EUA

O aro xigante é unha planta endémica de Sumatra occidental, sendo o seu hábitat principal as selvas deste país, onde  habita xunto á outra coñecida como flor cadáver, a rafflesia. Tamén se pode encontrar está planta en xardíns botánicos repartidos polo mundo ou mesmo en xardíns coleccionistas privados.Se nos referimos ás  características físicas desta planta, como se observa a simple vista, é espectacular; a súa forma, a súa estrutura é moi similar á que podemos ver un lirio ou cala, é dicir, unha espádice xigante protexida por unha espata a cal ten unha cor verde por fóra e un intenso burdeos no interior ademais de posuír uns profundos sucos.

Na mesma inflorescencia, na mesma espádice se encontran as flores femininas (parte inferior) e as flores masculinas (parte inferior) pero ábrense en diferentes momentos para evitar a auto-polinización.

É tamén característico desta planta o seu olor, ao igual que a rafflesia, a carne podre, co mesmo motivo de atraer as moscas ; para desprender ese olor, a espádice alcanza unha temperatura relativamente elevada.

Quizais o crecemento de está planta, xunto coa súa floración poden ser un dos acontecementos máis impresionantes que nos deixa a natureza. Esta planta preséntase nun bulbo, tamén de dimensións nada desdeñables, en bulbo máis grande coñecido chegou a pesar os 50 kg; de este bulbo crece un único talo e unha única folla. A súa floración é un acontecemento que se repite 3 ou 4 veces nos aproximadamente 40 anos de vida da planta, osea, 1 vez cada 10 anos; o crecemento é duns 10 cm nun día ata alcanzar os 2,5 metros de altura e peso de ata 70 kg; cando rematar de florecer, a flor só dura uns 3 días. Actualmente, é máis común poder asistir á floración de varios exemplares de aro xigante por todo o mundo, debido ao seu cultivo cada vez máis frecuente en xardíns botánicos.

Familia: araceae  // Especie: amorphophallus titanum

Fonte de información: Blog


Ningún comentario:

Publicar un comentario