xoves, 17 de setembro de 2015

Saída - Catalogación de avelaíñas

SAÍDA O RÍO GAFOS PARA  FOTOGRAFIAR E CATALOGAR AVELAIÑAS E OUTROS   INSECTOS  QUE SE SINTEN ATRAÍDOS POLA LUZ

·       DÍA :  VENRES 18 DE SETEMBRO

·       HORA : 9 DA NOITE

·       PUNTO DE ENCONTRO : PONTE REBÓN – TOMEZA

RECOMÉNDASE :

1.    LEVAR CAMARA DE FOTOS ( con macro,preferentemente)

2.    LANTERNA

3.    ROUPA DE ABRIGO

A avelaiña da foto é unha:  Opodiphthera eucalypti

Avelaíña - Lasiocampa quercus (macho)


xoves, 3 de setembro de 2015

Chorima ou Alecrín


Chorima nosa chorima,
 tan amarela no monte,
 ti é-la flor dos galegos,
 dos de onte e dos de hoxe
Flor de toxo, flor de toxo,
 flor da galeguidade
 as raíces son a ialma
 a chorima a saudade. 
Arrecendes os toxales,
 non te quixeches na casa, 
ergueita brava e ceibe 
como os galegos de raza.
 Somente a nosa terra abona
 a túa semente, chorima 
ti sí es nosa, 
fúche-lo e sera-lo sempre"


Flor de Toxo
 As floriñas dos toxos
Nin rosiñas
 brancas, nin claveles roxos!
 Eu venero as floriñas dos toxos
. Dos toxales as tenues floriñas,
 que sorrín, a medo, entre espiñas.
 Entre espiñas que o ceo agasalla
con diamantes as noites que orballa. 
Oh, do ermo prezado tesouro:
as floriñas dos toxos son d’ouro!
 De ouro vello son, mai, as floriñas
 dos bravos toxales, das devocións miñas!

Antonio Noriega Varela.

  
Canción de Alecrín versión brasileira

martes, 11 de agosto de 2015

Bosque de secuoias en Arís (Poio)

No monte Castrove de Poio  poderás ver o bosque  máis  grande desta árbore en Europa. Plantáronse 500 secuoias vermellas.

A curiosidade é que estas árbores foron plantadas en 1992 conmemorando os 500 anos do descubrimento de América, e foron os propios americanos os que as trouxeron e as plantaron en colaboración das  escolas de Poio e a Facultade de Forestais de Pontevedra, 
Non se sabe ben porque elixiron Poio, pero o certo é que levaron a terra de Poio para estudala e dar o visto bo a esta zona. 

José Rodríguez Couselo, como presidente da comunidade de montes de San Xoán, aínda conserva o  documento que acredita esta doazón.  O alcalde de Poio daquela era Armando Couselo. O presidente americano daquela era George Bush (pai).

Escoitar a nova na CRTVG

Ler máis na Voz de  Galicia

luns, 3 de agosto de 2015

Capuchina - Tropaeolum majus

A planta Tropaeolum (cuxo nome vulgar é capuchina) é un xénero dunhas 80 especies de plantas herbáceas, anual e perenne con flores, é unha dos tres xéneros da familia Tropaeolaceae. Este xénero natural de Suramérica e América Central.
Etimoloxía. Tropaeolum: nome xenérico coñecido como a capuchina de xardineiros, aínda que non dos botánicos, e nomeado por Linneo, que deriva do grego tropaion e do latín tropaeum de "trofeo", polo xeito en que crece a planta, sobre un soporte. recordando un trofeo clásico con escudos e cascos de ouro como as que colgaban como un signo da vitoria nun campo de batalla.

Varas de San Xosé - Crocosmia


Crocosmia é un pequeno xénero de especies perennes e bulbosas da familia das iridáceas, nativas dos pasteiros da Provincia do Cabo en Sudáfrica.

Coñecidas tamén como "Montbretia" ou "Vara de San Xosé", as especies deste xénero crúzanse entre si con facilidade, producindo híbridos interespecíficos complexos. Por esta razón, a pertenza dunha planta ou cultivar respecto a unha dada especie é moi difícil de determinar. As especies e variedades de Crocosmias propáganse doadamente por cormos e por sementes. Algúns híbridos son moi invasores e logran naturalizarse, como nalgunhas rexións de Australia e Costa Rica.
Etimoloxía: Crocosmia nomee xenérico que deriva das palabras gregas: "krokos": "azafrán" e " vos me ": "olor") alude ao aroma a azafrán que desprenden as súas flores cando se lles preme.

Nesta foto temos unha árbore botella preto das plantas.

Xenxibre hawaiano



O xenxibre hawaianao ou kahili (Hedychium gardnerianum), é unha especie da Himalaia. Alcanza 2,4 m de alto, con longas follas dun verde vivo que envolven os altos talos. Moi cultivado

Prefire un clima cálido, aínda que pode medrar no exterior en rexións mornas que teñan xeadas lixeiras e ocasionais. As fragrantes flores, vermellas e amarelo claro, que xermolan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. É coñecida como 'wild kahili ginger' e listada como planta invasora en Nova Zelandia e Hawái.1 Está incluída na lista100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Ver fotos

sábado, 30 de maio de 2015

CEP Campolongo - 2º Premio na II Edición do Pontenciencia - 2015






Despois de desfrutar dun día xogando coa ciencia, levamos a agradable sorpresa de recibir o 2º Premio nesta II Edición do Pontenciencia. O nivel foi moi alto porque había investigacións moi interesantes e curiosas, ademais de ser  oito os centros de Pontevedra que se presentarón: Froebel, San Martiño, Xunqueira I, Marcos da Portela, Pontesanpaio, Campañó, San Benito de Lérez e nós, Campolongo. Non foi nada doado pero coido que souberon valorar o número de alumnos que participaron na nosa investigación (75),  o tempo que nos levou e a cantidade de información traballada,  xunto, por suposto, coa presentación tanto dos traballos como a exposición dos mesmos por parte dos rapaces.
Os nosos parabéns ós participantes e as nosas grazas a quenes fixeron posible que esta experiencia fora adiante.

Artigo relacionado: Pontenciencia 2015 (Fotos, traballos, prensa ... )

venres, 29 de maio de 2015

Desenrolo dunha abella obreira nun minuto


Pontenciencia 2015

Ver   fotos do 1º Día (Pontenciencia Escolas)
Ver fotos do 2º día (Pontenciencia familias e entrega de premios)

Rematou  a investigación e as xornadas de Pontenciencia 2015. Este ano no programa houbo curtas , maxia, planetario e robotix entre outras cousas. A nosa escola presentouse con tres investigacións, a de coñecer cales eran as plantas autóctonas e alóctonas, cales eran comestibles e cales eran mediciñais. Maña sábado, a partir da unha darán os diplomas e premios tanto as escolas como as familias.  Non sabemos se ganaremos algo, o que si é certo é que fumos a escola con máis investigadores, 75 en total, todos os de 6º deste curso 2014-15.  (CEP Campolongo 2º Premio )

Noraboa a todos polo traballo !

Se queredes ver as fichas presentadas podedes velas neste blogue na etiqueta Fichas Plantas  .

Resultado da investigación das plantas

Resultado das árbores

Prensa:

256 alumnos de colexios de Pontevedra experimentarán con investigacións científicas

Pontenciencia esperta o espírito investigador e científico de 300 escolares pontevedreses

Por que estoupan as bebidas de cola ao mesturalas con caramelos de menta?

A luz cega os escolares en Galiciencia

A segunda feira da ciencia de Pontevedra volve sorprender

Diario da Universidade: A Ciencia non enende de idades

TVG:

Demostración do Ph coas tiras do tornasol

Varios experimentos: o motor máis sinxelo, como funciona un volcán

martes, 19 de maio de 2015

Ferreiro bacachís - Parus caeruleus

Os ferreiros son un habituais acompañantes dos nosos paseos. Acostuman estar en grupos, aínda que é habitual ver os comúns xuntos cos bacachís, cristados ou os subeliños. Teñen un fermoso e moi variado canto e resultan moi vistosos, sobre todo os bacachís pola sor amarela do peito. A caluga posúe un ton negro azulado e o lombo é verdoso. Destaca esa especie de coroa no curuto da caluga rodeada de plumaxe branca. O seu nome científico é Parus caeruleus e en castelán chámanlle herrerillo.  (Fotos sacadas do Facebook de Vaipolorrío)

Ver vídeo

Silva - Rubus ulmifolius


Ficha e presentación