Orella de rato |
As herbas atopadas ao carón do río Tomeza, coinciden coa “Orella de rato” que se levan buscando dende hai algúns anos. Esta herba descrita e debuxada polo Padre Sarmiento un 31 de Marzo de 1755, día que coincidía co luns de pascua, na rota de Cabanas a San Cibrán nas proximidades do río Tomeza. Naquel entón a planta aínda non tiña nome botánico e a nomea como “anónima”. En 1797 o Botánico Person a nomea como Myosotis discolor Pers. A cita recollida mais próxima é na Pedra do Lagarto.
En 2015 publicouse, dirixido por Javier Silva-Pando, a “Flora do río dos Gafos” e só se atopara a Myosotis segunda Murray que tamén ten de nome popular “Orella de rato”.
Dende o ano 2018 polo luns de Pascua un grupo de persoas namoradas do noso “Ilustrado” pontevedrés do século XVIII, o Padre Sarmiento emprendemos a busca visitando os lugares onde Sarmiento a atopou. Na búsqueda participan voluntarios de Vaipolorío, asesorados por Calros Solla, Ramón Laxe, Xosé Feijoó e botánicamente por Amancio Castro. Todo esto englobado na Programación de Noites abertas do Concello de Pontevedra. Artigo relacionado
Ningún comentario:
Publicar un comentario