A "
primeira saída" non puido facerce completa, tivemos que dar volta por mor da chuva. Aproveitamos bastante o pouco tempo que tivemos.
Rematarémola o seguinte martes.
Primeiro comentar, por ser algo moi especial, que nos atopámonos con
Beatriz Gómez Cortés, unha das
mellores nadadoras galegas da historia. Entre outras medallas, ten a de
campiona do mundo junior, e a
participación nos Xogos Olímpicos de Pequín e de Londres. E xa falando da da marcha destacamos:
Por riba do río canalizado, deunos tempo a ver algunhas das árbores que temos no percorrido: Comezamos no colexio falando do
loureiro, unha das árbores de ribeira que temos nos ríos galegos, despois,
no parque de Campolongo, entre autóctonas e alóctonas, vimos principalmente o
xintgo bilova, o
pradairo dos pantanos, o e
castiñeiro de indias, onde os rapaces colleron unha castaña das bruxas que seica da moita sorte e espanta todo tipo malos augurios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario