martes, 6 de outubro de 2015

Freixo "O avó da Dehesa"

Freixo . "O Avó da Dehesa Vella". Moralzarzal.
Especie: Fraxinus angustifolia L.

Denominación popular: Freixo común

Descrición: Freixo monumental, con forma de copa produto do trasmochado tradicional. Cunha idade estimada de entre 120 e 130 anos, con oquedades en tronco e copa. Esta condición de árbore madura con ocos internos permite a existencia de hábitats para especies con requirimentos específicos, (fungos, insectos xilófagos, micromamíferos, aves, quirópteros, etc.), algunhas de interese para a conservación. 
Dimensións 
Perímetro do tronco a 1,5 metros: 3,95 metros
Altura total: trasmochado 2,4 metros; non trasmochado 9 metros
Localización: Moralzarzal, Comunidad de Madrid
Latitude: 40º 40' 54.29'' N
Lonxitude: 3º 57' 40.15'' W
Contorna: O avó da Dehesa Vella é probablemente o fresno máis vello da antiga dehesa boyal de Moralzarzal, tamén chamada Dehesa de Abaixo. Este monte está catalogado como monte de utilidade pública, e incluído no Catálogo de Montes de Utilidade Pública da Comunidad de Madrid co número 20-22. 
Singularidades da árbore: Ademais dos seus valores ornamentais e ambientais, este freixo forma parte doutros 400 freixos que conforman a Dehesa Vella de Moralzarzal, espazo que actualmente recolle de maneira pacífica a maioría de intereses e valores da sociedade na que se insere, permitindo o uso gandeiro dos pastos, a leña (tras o trasmochado) e o recreo dos habitantes da contorna. A gandería foi o principal elemento modulador desta árbore e da paisaxe que o conforma, polo que os seus valores históricos e culturais está relacionados intimamente coa pervivencia da gandería extensiva en Moralzarza.

Candidato ó Árbore Europeo 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario