martes, 6 de outubro de 2015

Metasequoia

Metasequoia.
Arboreto do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Pontevedra

FICHA TÉCNICA

ESPECIE: Metasequoia glyptostroboides H.H.Hu & Cheng

DIMENSIÓNS

Altura : 35 m

Diámetro normal a 1.30 m  ..... 83 cm

Circunferencia: 260 cm

Trazos anatómicos: O exemplar de Lourizán presenta a morfoloxía tipo da especie. A copa é cónica e estreita e destaca o porte esvelto caracterizado polas variacións cromáticas propias da estación


Curiosidades: Esta árbore, a máis grande de Europa da súa especie, ten desde a súa orixe unha bonita historia tras el xa que foi obtido dunha das primeiras sementes colleitadas en Mo-tao-chi (provincia Chinesa de Hubei), no ano 1948. Alí, en 1943, localizouse un exemplar vivo desta

especie cando se consideraba unha especie fósil xa extinguida.


Candidato  ó Árbore Europeo do 2016



Ver todos os candidatos

Ver nova no Faro de Vigo

Candidatos ó Árbore Europea 2016





1-Ficha da Metasequoia
2-Ficha da Gran Carrasca
3-Ficha do Piñeiro-Carballo
4-Ulmeiros Parque dos Príncipes
5-Freixo "O avó da Devesa"
6-Ulmeiro do Guadarrama
7-Teixo de Bermiego

Para poder votar ten que ser no FACEBOOK, dándolle a gústame  na foto que cliques

Ver nova no Faro de Vigo

luns, 5 de outubro de 2015

Análise fitopatolóxico dos ameneiros do "Ghafos"

Nota de Vaipolorío:  "Recentemente enviáronse mostras de terra, casca, raíces e ramas caídas de ameneiros secos das ribeiras do río Gafos a Estación fitopatolóxica do Areeiro, a quen damos as grazas pola atención e o servizo prestado a Vaipolorio. 
Non se trata de ameneiros vellos nin demasiado novos.
Observamos que os fungos analizados non coinciden en especie cos de P.alni e Armillaria mellea, que de xeito tan abrasivo están devastando as poboacións de ameneiro noutros puntos de Galicia.
A zona donde se observan ameneiros secos é preto do Nudo do Pino.
Non haberá que baixar a garda e controlar si se produce o avance deste mal."

Dous chopos e un liquidambar menos en Campolongo




Este domingo pasado, 4 de outubro de 2015, levantámonos vendo dous chopos que chegaron ó seu fin. O chopo é unha árbore que lle podrece facilmente a raiz e cando hai fortes temporais algún que outro deixa imaxes como estas. O liquidambar foi tronzado pola metade, este poderá  recuperar se non o cortan de todo.

xoves, 17 de setembro de 2015

Saída - Catalogación de avelaíñas

SAÍDA O RÍO GAFOS PARA  FOTOGRAFIAR E CATALOGAR AVELAIÑAS E OUTROS   INSECTOS  QUE SE SINTEN ATRAÍDOS POLA LUZ

·       DÍA :  VENRES 18 DE SETEMBRO

·       HORA : 9 DA NOITE

·       PUNTO DE ENCONTRO : PONTE REBÓN – TOMEZA

RECOMÉNDASE :

1.    LEVAR CAMARA DE FOTOS ( con macro,preferentemente)

2.    LANTERNA

3.    ROUPA DE ABRIGO

A avelaiña da foto é unha:  Opodiphthera eucalypti

Avelaíña - Lasiocampa quercus (macho)


xoves, 3 de setembro de 2015

Chorima ou Alecrín


Chorima nosa chorima,
 tan amarela no monte,
 ti é-la flor dos galegos,
 dos de onte e dos de hoxe
Flor de toxo, flor de toxo,
 flor da galeguidade
 as raíces son a ialma
 a chorima a saudade. 
Arrecendes os toxales,
 non te quixeches na casa, 
ergueita brava e ceibe 
como os galegos de raza.
 Somente a nosa terra abona
 a túa semente, chorima 
ti sí es nosa, 
fúche-lo e sera-lo sempre"


Flor de Toxo
 As floriñas dos toxos
Nin rosiñas
 brancas, nin claveles roxos!
 Eu venero as floriñas dos toxos
. Dos toxales as tenues floriñas,
 que sorrín, a medo, entre espiñas.
 Entre espiñas que o ceo agasalla
con diamantes as noites que orballa. 
Oh, do ermo prezado tesouro:
as floriñas dos toxos son d’ouro!
 De ouro vello son, mai, as floriñas
 dos bravos toxales, das devocións miñas!

Antonio Noriega Varela.

  
Canción de Alecrín versión brasileira

martes, 11 de agosto de 2015

Bosque de secuoias en Arís (Poio)

No monte Castrove de Poio  poderás ver o bosque  máis  grande desta árbore en Europa. Plantáronse 500 secuoias vermellas.

A curiosidade é que estas árbores foron plantadas en 1992 conmemorando os 500 anos do descubrimento de América, e foron os propios americanos os que as trouxeron e as plantaron en colaboración das  escolas de Poio e a Facultade de Forestais de Pontevedra, 
Non se sabe ben porque elixiron Poio, pero o certo é que levaron a terra de Poio para estudala e dar o visto bo a esta zona. 

José Rodríguez Couselo, como presidente da comunidade de montes de San Xoán, aínda conserva o  documento que acredita esta doazón.  O alcalde de Poio daquela era Armando Couselo. O presidente americano daquela era George Bush (pai).

Escoitar a nova na CRTVG

Ler máis na Voz de  Galicia

luns, 3 de agosto de 2015

Capuchina - Tropaeolum majus

A planta Tropaeolum (cuxo nome vulgar é capuchina) é un xénero dunhas 80 especies de plantas herbáceas, anual e perenne con flores, é unha dos tres xéneros da familia Tropaeolaceae. Este xénero natural de Suramérica e América Central.
Etimoloxía. Tropaeolum: nome xenérico coñecido como a capuchina de xardineiros, aínda que non dos botánicos, e nomeado por Linneo, que deriva do grego tropaion e do latín tropaeum de "trofeo", polo xeito en que crece a planta, sobre un soporte. recordando un trofeo clásico con escudos e cascos de ouro como as que colgaban como un signo da vitoria nun campo de batalla.

Varas de San Xosé - Crocosmia


Crocosmia é un pequeno xénero de especies perennes e bulbosas da familia das iridáceas, nativas dos pasteiros da Provincia do Cabo en Sudáfrica.

Coñecidas tamén como "Montbretia" ou "Vara de San Xosé", as especies deste xénero crúzanse entre si con facilidade, producindo híbridos interespecíficos complexos. Por esta razón, a pertenza dunha planta ou cultivar respecto a unha dada especie é moi difícil de determinar. As especies e variedades de Crocosmias propáganse doadamente por cormos e por sementes. Algúns híbridos son moi invasores e logran naturalizarse, como nalgunhas rexións de Australia e Costa Rica.
Etimoloxía: Crocosmia nomee xenérico que deriva das palabras gregas: "krokos": "azafrán" e " vos me ": "olor") alude ao aroma a azafrán que desprenden as súas flores cando se lles preme.

Nesta foto temos unha árbore botella preto das plantas.

Xenxibre hawaiano



O xenxibre hawaianao ou kahili (Hedychium gardnerianum), é unha especie da Himalaia. Alcanza 2,4 m de alto, con longas follas dun verde vivo que envolven os altos talos. Moi cultivado

Prefire un clima cálido, aínda que pode medrar no exterior en rexións mornas que teñan xeadas lixeiras e ocasionais. As fragrantes flores, vermellas e amarelo claro, que xermolan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. É coñecida como 'wild kahili ginger' e listada como planta invasora en Nova Zelandia e Hawái.1 Está incluída na lista100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Ver fotos